|
|
|
CHEGOU O MAIO AO NOSO COLE |
|
Este venres sollío celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho, facendo colares e coroas de flores... Despois do recreo xuntámonos no patio para dar a nosa benvida á primavera. Arredor do noso "maio" todos os nenos e nenas foron cantando as coplas que tiñan preparadas e bailando moi acompasadamente un baile moi divertido. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Así empezou todo: as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado do cole foi recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, foron "vestindo" pouco a pouco o "maio" que loceu no centro do patio, este ano cun "detalle" especial no seu cume, e arredor do que se cantaron coplas e cantigas. Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio".
Aquí tendes algunhas imaxes:
  E así rematou a festa: Os nosos parabéns ao alumnado e de novo o noso agradecemento ás familias que quixeron acompañarnos na nosa particular celebración da chegada da primavera.GRAZAS A TOD@S!Se queredes, podedes ver máis fotos AQUÍ e tamén AQUÍ |
|
|
|
3 Comentarios |
|
1 |
Me lo he pasado muy bien aunque no #blgtk08#pudiera participar por lo de mi pie |
|
|
É o que dixo estela (11-05-2014 16:04) |
|
|
2 |
Me lo he pasado muy bien aunque no #blgtk08#pudiera participar por lo de mi pie |
|
|
É o que dixo estela (11-05-2014 16:04) |
|
|
3 |
Foi pena o do teu pé pero pas#blgtk08#ámolo xenial!! Bicos ratunos. |
|
|
É o que dixo MIK (11-05-2014 18:16) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|