|
|
|
ENCONTRO CUN ARTISTA DA PALABRA |
|
"UN ARTISTA DA PALABRA"
Hoxe, 7 de maio, recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, escritor vigués do que temos moitos títulos na biblio do noso cole e do que este curso o alumnado de terceiro ciclo traballamos o seu libro "Na fogueira dos versos", unha marabilla poética das nosas letras.
Partindo dunha reflexión inicial do que é a poesía para nós, durante boa parte da mañá, Antonio falounos de cando comezou a escribir, de onde se inspira para as súas composicións, de como xorde un poema xogando coas palabras... Mesmo compuxemos con el unha fermosa poesía!
Grazas polo teu tempo e por ofrecernos tantas obras para poder encher as nosas vidas,
O ALUMNADO DE TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA(Para ver álbum completo preme na imaxe) |
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
A visita de este grande poeta agradoume moito pareceume un escritor moi sensato e gustoume o uso que fai da palabra.Aprendin moito escoitandoó e
escoit#blgtk08#alo pra min foi un verdadeiro pracer.
Moitas grazas a biblioteca por darme a posibilidade de coñecer a este xenial poeta.
BICOS |
|
|
É o que dixo Aixa de 6º (19-05-2014 22:01) |
|
|
2 |
Moitas grazas a ti, Aixa, por deixar este comentario tan cariñ#blgtk08#oso. Seguro que ao autor vaille encantar.
Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (19-05-2014 22:16) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|