|
|
|
DÍAS DE POESÍA: TERCEIRO CICLO |
|
 Hoxe comezamos a semanana adicada á poesía cun fermoso recitado a cargo dos nenos e nenas do 3º ciclo de EP. Así nos explican a súa actuación:
Como benvida á primavera, un ano máis no colexio celebramos a SEMANA DA POESÍA e reunímonos para compartir os traballos que se realizaron nas distintas aulas.
Hoxe luns comezamos terceiro ciclo e recitamos en lingua castelá catro poemas de Antonio Machado: "Primavera", "Para tu ventana", "Parábolas" e "Pegasos, lindos pegasos". Eliximos este autor por estarse a celebrar este ano o 75 aniversario do seu pasamento.
En lingua galega escollemos poemas de Antonio García Teijeiro, autor do que estamos a traballar o seu precioso libro de poesía "Na fogueira dos versos" e unha das sete cantigas de Martín Códax, de cuxo achado no Pergamiño Vindel se conmemora o centenario este ano 2014. Ademais tivemos a ousadía de continuar dous destes poemas con catro estrofas máis.
Por último, unha nena e un neno leron un poema composto por eles mesmos. (Podemos ler a PRESENTACIÓN e a descrición do traballo de creación AQUÍ)
PARABÉNS, RAPACES, foi unha magnífica inauguración!!!
VER ÁLBUM DE FOTOS (axiña teremos os vídeos)
|
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
Hoola!
Pasaba por aquí y ví esas fotos tan bonitos del Día Da Poesía,que me hicieron recordar que hace dos años lo hice yo y #blgtk08#toda mi clase;era nuestro último año en el cole.Bueno un besiito para todos los profes y para ti MIK,os echo de menos.
Chaao |
|
|
É o que dixo Laura Armesto (25-03-2014 19:25) |
|
|
2 |
Grazas, Laura, pola túa visita e o teu comentario#blgtk08#. Biquiños ratunos para ti e os teus compañeir@s. |
|
|
É o que dixo MIK (27-03-2014 22:37) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|