|
|
|
PAN DE MILLO: NADAL 2013 |
|
Bueno, bueno... xa estaba tardando o vídeo do festival de Nadal que celebramos o venres, día 20. Como ides comprobar, resultou un espectáculo fantástico no que participou todo o alumnado do centro, algunhas mamás e tamén... avós e avoas!!! Os nenos e nenas volveron demostrar que son uns estupendos actores e actrices que nos fixeron aplaudir a rabear. Este ano, ao fío do noso Proxecto Documental de centro, a obra de teatro tratou sobre a alimentación cunha adaptación do libro-disco de Migallas "PAN DE MILLO". E, por suposto, non faltaron Papá Noel, o Apalpador e os seus "colegas" o Olentzero vasco e o Tio catalán. Velaí vai o vídeo. A DISFRUTAR!!!
Axiña teremos a segunda parte. Polo de agora ide facendo boca coas fotos (preme na imaxe):
Aquí está o que faltaba!!
Tamén podes LER A OBRA DE TEATRO
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE QUIXERON ACOMPAÑARNOS NUNHA XORNADA TAN ESPECIAL. BO ANO A TOD@S!!! |
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
#blgtk08# |
|
|
É o que dixo Lucia (19-01-2014 16:54) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|