|
|
|
UNHA CITA MOI IMPORTANTE |
|
Mañá é o gran día da nosa biblioteca xa que se reanudan os servizos para toda a comunidade educativa. Xa estamos impacientes por ver as sorpresas que Mik nos ten preparadas!! Seguriño que o pasaremos requetebén vendo as actuacións e visitando a biblioteca por primeira vez este curso. A partir de agora xa poderemos levar en préstamo libros, películas, revistas..., e tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS!!
Por certo, MIK deixounos ver por un buraquiño un KIOSKO moi xeitosiño cheo de LECTURAS CON SABOR. Que non o credes??! Pois aquí vos deixo un petisco:
EXPOSICIÓN TEMÁTICA "LECTURAS CON SABOR":
A que vos gustou? Pois mañá haberá máis sorpresas! Aquí está o PROGRAMA.
Queremos agradecer a colaboración dos Supermercados FAMILIA que nos cedeu os carriños da compra para complementar a decoración dos espazos. MOITAS GRAZAS!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|