|
|
|
MIROSCOPIAS |
|
MIK RECOMÉNDAVOS... A colección Miroscopio, da editorial Everest, consta de cinco contos e está dirixida aos nen@s de 5/6 anos. Non se trata de libros de lectura tradicionais xa que foron elaborados por un grupo de traballo (Asociación Galega de Filosofía para nenos) que, a través de cada un dos contos, potencian a creatividade, o razoamento e o desenvolvemento integral do lector, facilitando ao profesorado as ferramentas necesarias. Dispón tamén da súa propia páxina web na que ademais da recensión de cada título podemos atopar un prólogo de Carmen Loureiro (coautora da guía didáctica), a fundamentación pedagóxica do proxecto, así como a bibliografía e a discografía empregadas. Tamén podes visitar o blog ¿Miroscopias?,xestionado polo Centro de Filosofía para nenas e nenos de Galicia, onde atoparás todo o que se "coce" arredor deste proxecto.
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|