|
|
|
AS FAMILIAS TAMÉN SE ENCHOUPAN NA LECTURA |
|

Como xa sabedes, desde o mes de outubro está funcionando a actividade de promoción da lectura "Préstamo entre familias", que comezou a súa andaina hai xa catro cursos. Queremos agradecer o apoio, a participación e a colaboración que sempre nos proporcionades en todas as propostas que parten do centro. Hoxe, en especial, queremos enviar a nosa gratitude a todas as familias que xenerosamente poñen a disposición da comunidade educativa os exemplares dos que poderemos disfrutar durante todo o curso e que constitúen un interesante abano de temas, autores e épocas, entre os que facilmente atoparemos o libro que se axusta aos nosos gustos e intereses. No panel lateral deste blog, na sección "PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS", atoparedes toda a información sobre a actividade, podedes consultar o catálogo de fondos dispoñibles e mesmo realizar a solicitude de préstamo online. Tamén podedes facer partícipes aos vosos fillos e fillas cursando a solicitude a través deles. Esperamos que, novamente, esta iniciativa sexa do voso agrado e sirva para facer da lectura un acto cotián, que estea presente no noso tempo de lecer e na nosa vida. MOITAS GRAZAS!!(Cartel da zona de intercambio de libros entre familias)
|
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
holaaa que tal?
nosotras muy bien en los instis, echamos mucho de menos las fiestas del mestres goldar. las notas geniales somos de 9 y 10 ,y el tema de la lectura lo lleva#blgtk08#mos genial ya que lemos mucho.
un dia iremos a veros y saludaros. muchos besosssssssss
claudia lopez
y laura armesto |
|
|
É o que dixo claudia y laura (15-11-2012 20:23) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|