|
|
|
O NOSO DÍA DA PAZ |
|
Como colofón a unha morea de actividades arredor do Día da Paz que se viñeron realizando no noso cole durante estes últimos días, hoxe, 30 de xaneiro, todo o alumnado do centro baixou ao patio para poñer a nota festiva cun sinxelo acto simbólico para reivindicar o dereito de TOD@S a vivir en PAZ, unha reivindicación que concorda cos ideais que comportan os Xogos Olímpicos: solidariedade, compañeirismo, colaboración, sacrificio, esforzo, traballo en equipo... É por iso que quixemos aproveitar esta data para ?inaugurar? os nosos propios xogos olímpicos que, como sabedes, é o tema do proxecto documental de centro.
A continuación, unha pequena mostra en imaxes do que aconteceu:
O alumnado prepárase nas aulas cos seus medallóns "Aos xogos en Paz":No patio agardaba o facho olímpico de 1992:
Procédese á lectura do Manifesto do Día da Paz:Emulando aos atletas que percorren o traxecto desde Grecia ata a sede olímpica, os representantes de cada ciclo, portando o facho olímpico, fixeron unha carreira con relevos que rematou no podio onde se leron os compromisos de traballo de investigación en equipo que se levarán a cabo en cada ciclo.Todo o alumnado do centro acepta o compromiso e o facho pasa de man en man. Ao finalizar o percorrido, o facho olímpico deposítase no podio para logo permanecer na biblioteca ata que se dea por finalizado o proxecto:Para rematar, música e baile con moitas apertas e agarimos:Que vos parece? Non está mal como aperitivo, pero podedes ver máis fotos premendo AQUÍ. Estade atent@s porque saídes moi guap@s!!
|
|
|
|
9 Comentarios |
|
1 |
!Me encanto el día de la paz¡ Me ha gustado mucho c#blgtk08#ojer la antorcha olimpica. !Me lo pase muy bien¡ |
|
|
É o que dixo Nerea Abalde Leal (31-01-2012 19:20) |
|
|
2 |
A min tamén me gustou moito celebrar con vós est#blgtk08#e Día da Paz tan olímpico.
Bicos ratunos |
|
|
É o que dixo MIK (02-02-2012 13:21) |
|
|
3 |
Me gustó mucho el día de la paz, porque hacemos cosas diferen#blgtk08#tes.
Y dentro de poco...... "nos disfrazamos"
|
|
|
É o que dixo Claudia 6º (02-02-2012 18:39) |
|
|
4 |
Estupendo.... pero faltaba alguien a la que echamos de menos.
Nuestra profe Chus "mejórate y queremos ve#blgtk08#rte de nuevo en forma subida a ese podio tan estupendo que hicieron para el día de la Paz" Besitossssss
|
|
|
É o que dixo Geli y Claudia 6ª (02-02-2012 18:41) |
|
|
5 |
El año que viene propongo está actividad en nuestro cole.Enhorabuen#blgtk08#a,como siempre vuestras ideas son dignas de copiarlas.
Besos |
|
|
É o que dixo isabel (05-02-2012 18:28) |
|
|
6 |
Muchas gracias, Isabel. Me alegra que te guste la actividad y #blgtk08#nos encanta que la lleves a tu cole el año que viene. Un beso |
|
|
É o que dixo MIK (05-02-2012 18:48) |
|
|
7 |
Eschamos de menos a dos profes estupendas BELEN y #blgtk08#CHUS esperamos que vengais pronto.Bessiitttoooos. |
|
|
É o que dixo Laura Armesto (09-02-2012 20:07) |
|
|
8 |
Tes razón, Laura, botámolas moito de menos e estamos desexando que se re#blgtk08#cuperen e que pronto estean con nós. Bicos ratunos para ti e para elas. |
|
|
É o que dixo MIK (09-02-2012 20:29) |
|
|
9 |
Bicos tamen #blgtk08#para ti Mik. |
|
|
É o que dixo Laura Armesto (11-02-2012 12:55) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|