|
|
|
PAZ OLÍMPICA |
|
Tal e como nos contan os nenos e nenas do Curruncho do 2º ciclo, durante a celebración dos Xogos Olímpicos da antigüidade as guerras suspendíanse temporalmente para que os deportistas se desprazasen a Olimpia e participasen nas diferentes competicións en paz. Isto recibía o nome de Paz Olímpica ou Tregua Olímpica. A cidade de Olimpia tiña estatus de territorio neutral. Os representantes dos diversos pobos podían participar e incluso había reunións para negociar a Paz.
PAZ e XOGOS OLÍMPICOS van xunguidos, polo tanto, desde a antigüidade, e este espírito aínda se conserva na actualidade. No noso cole faremos a "inauguración" dos nosos xogos olímpicos ao abeiro da celebración do Día da Paz, para o que contamos cun obxecto moi especial, o facho olímpico que portaron os atletas nos xogos de 1992 (grazas a Patricia do Ceip A. D. R. Castelao de Vigo) e tamén luciremos o noso particular medallón "Aos XXOO pola PAZ", que podedes ver na imaxe. Por suposto, poderedes ler a crónica dun día tan especial nos vindeiros días.
ATA PRONTO!!
Premendo nas imaxes de abaixo podes imprimilas e decoralas. Se as traes ao cole pegarémolas nun mural colectivo.
|
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
Es mi ultimo año que veo el maravilloso dia de#blgtk08# la paz y me lo pase genial nunca lo olvidare. |
|
|
É o que dixo Laura Armesto (09-02-2012 20:10) |
|
|
2 |
Nós tampouco te olvidare#blgtk08#mos a ti. Bicos ratunos. |
|
|
É o que dixo MIK (09-02-2012 20:30) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|