|
|
|
SALVANDO AS NOSAS LETRAS |
|
 Este curso, entre os centros intregrados no PLAMBE, xurdiu esta fermosa iniciativa co motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Fahrenheit 451.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Aínda que, por cuestións organizativas, o noso Centro non puido participar nesta fantástica idea, queremos darvos a coñecer este precioso traballo, cheo de simbolismo, que pon en valor a nosa literatura e que xungue esforzos a prol das nosas letras e da nosa cultura. Os nosos parabéns a todos os centros participantes e ás persoas que, desinteresadamente, colaboraron, organizaron e coordinaron, conseguindo este espléndido resultado.
Estes son os libros "salvados" polos centros de Educación Infantil:
E estes, os "salvados" polos centros de Primaria:
Grazas especiais a Sabela, Mª Dolores, Charo e Jaime.
E AGORA TÓCACHE A TI: QUE LIBRO EN LINGUA GALEGA SALVARÍAS DA DESTRUCIÓN?
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|