|
|
|
¡BULE, BULE, QUE VEN O SAMAÍN! |
|
¡Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acerquen a ti.
(A letra da canción está AQUÍ)
|
|
|
|
PARA SER BRUXA... |
|

No blog da biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey atopei esta simpática poesía que nos dá a receita para ser unha bruxa moi bruxa. Eu xa a aprendín. Déixocha aquí para que ti fagas o mesmo (pode ser que precisemos facernos bruxas nalgunha ocasión, quen o sabe? )
PARA SER BRUXA TERRIBLE
(ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible ( poñer voz misteriosa)
Ser unha bruxa malvada
e nunca lavarse a cara.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
É ser perversa e malvada
odiar moito a calquera fada
por ridícula e empalagosa,
sempre vestida de rosa!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
Ter o naris encarnado
longo e cunha gran verruga.
e ser máis fea que Picio,
pois o precisa o oficio!!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
Ter fétido o alento,
moi negra a dentadura
e levar cuberto o corpo
cunha gran túnica escura.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
Ter un sorriso horroroso,
a pel áspera e verdosa,
cara de astuta e bribona
e os pelos coma os da fregona.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
Non moverse nunca a pé
sacarse pronto o carné
viaxar a todas horas
en vasoiras voadoras.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible
Importante o capirucho
con forma de cucurucho
e por cara de enfadada
para parecer moi mala.
E xa para rematar
requisito imprescindible será?
pasalo estupendamente
chinchando moito á xente!!!

|
|
|
|
|
|
|
|
|