|
|
|
TEATRO: INTERCAMBIO CO CEIP O POMBAL |
|
Dentro do programa de Teatro Interescolar tivemos a oportunidade de gozar compartindo representacións e compaña co Ceip O Pombal. Como de costume, primeiro recibimos no noso cole aos nenos e nenas do Pombal que, co seu bo facer, encheron o escenario de arte e guiáronnos nun fermoso percorrido polo museo do Prado. O venres pasado acudimos nós áo seu centro. Foron uns momentos moi agradables e divertidos. MOITAS GRAZAS A TOD@S, nenos, nenas e profes, pola agarimosa acollida que nos ofreceron.
Todas as fotos AQUÍ |
|
|
|
TEATRO ESCOLAR: INTERCAMBIO CO CEIP SEIS DO NADAL |
|
Como xa sabedes, o noso cole é un dos participantes nas Xornadas de Teatro Interescolar polo que esta semana está resultando moi teatral, chea de experiencias enriquecedoras que poñen de manifesto o bo facer do noso alumnado, non só como actores e actrices senón tamén como excelentes anfitrións dos nenos e nenas que nos visitan doutros centros.
A semana pasada, un estupendo grupo de teatro do Seis do Nadal representou no Mestres Goldar a obra "Os antollos de Margarida" polo que o martes, día 19, tocábanos a nós acudir ao seu centro para ofrecerlles a nosa obra "Deslumbrados" e... deslumbrados quedamos coa magnífica acollida que nos brindaron!! Desde aquí queremos enviarlles o noso agradecemento polo seu agarimo, polos seus aplausos e polos preciosos agasallos. Foi una estupenda xornada que non esqueceremos. MOITAS GRAZAS!!! Para ver todas as fotos preme AQUÍ |
|
|
|
DÍAS DE TEATRO |
|
O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar nas que participa o noso centro coa obra Deslumbrados, dirixida por Antón López e interpretada polo alumnado de terceiro, cuarto e sexto de E. Primaria, coa colaboración de varias mamás pertencentes á ANPA.
Pero non só acudimos como actores e actrices senón como público atento e respectuoso, como demostraron os nenos e nenas de primeiro e segundo de EP, que asistiron á primeira das sesión deste evento, o martes desta semana. Despois de ver o espectáculo, aproveitaron para pasear e merendar no monte do Castro: O xoves, día 7, o noso centro foi un dos catro colexios que representaron magníficamente a súa obra teatral. Despois presenciaron a actuación do resto dos coles: PARABÉNS A TOD@S!! Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ Tamén podedes ver a crónica do primeiro ciclo no seu blog de aula O curruncho do primeiro ciclo |
|
|
|
QUERIDO MADIBA |
|
No día de onte, 6 de decembro, o mundo choraba o pasamento de Nelson Mandela, un home que foi un heroe pola súa HUMANIDADE, paradigma irrepetible de políticos, de reis, de negros, de brancos..., abandeirado da xustiza, da igualdade e do perdón. A súa bondade e o seu carisma foi capaz de acariñar as almas dos que sofren e abrandar os máis duros corazóns. Desde este recanto queremos rendirlle o noso homenaxe, desexando que o seu recordo permaneza por sempre no pensamento de todos os seres humanos. ATA SEMPRE, QUERIDO MADIBA!
A continuación transcribo o artigo de O lar de Frianciño, xa que reflicte perfectamente o noso sentir:
Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.
Nas datas en que os españois celebramos o Día da Constitución, o discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea resulta providencial:
Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer. Neste documental podemos coñecer a vida deste grande home:
Hai xa algún tempo, neste mesmo blog, conmovíanos Invictus, a película baseada en El factor humano, de John Carlin. Convidámosvos a ler o libro ou a visualizar a cinta, para coñecer mellor a este home bo por quen todo o planeta chora hoxe.
Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres por nos ter achegado a imaxe que encabeza este post, un grafitti tomado nas rúas de París. Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido a imaxe coa que concluímos.
|
|
|
|
BENVID@S!! |
|
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e hoxe comezamos un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2013/2014. Seguriño que estades encantad@s de atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
MOITOS BICOS RATUNOS!!
|
|
|
|
VACACIÓNS!! |
|
 | O noso agradecemento a Charo Bautista |
|
|
|
|
ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO |
|
 | Imaxe de Rosana Rodiles. Biblioteca Xoán Farias | A continuación, texto e imaxes de Ramón Ferreño, do IES O Mosteiron, coas que queremos facer una humilde homenaxe a un persoaxe irrepetible:
Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento. Un economista que sempre tivo presente que o mercado debería estar ao servizo da colectividade. Uns libros para ler e... ler e... ler. Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer. Un pensador que sempre nos fará falla.
Autor de grandes novelas: Autor de libros de economía Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos
|
|
|
|
CONCURSO DE CONTOS |
|
Desde a secretaria da Asociación Cultural Froles Mareliñas chéganos o convite para participar no seu primeiro concurso de contos, no que poderán participar tanto os nenos e nenas como os adultos.
EStablécense tres categorías, infantil ata os 12 anos, xuvenil de 13 a 17 e adultos a partir de 18 anos.
O premio é de 100 euros para o gañador de cada categoría, así como a edición dun libro de recompilación con todos os contos presentados.
A entrega de premios, será no Multiusos de Chapela o día 17 de maio, acto no que contarán coa presencia de escritores/as de recoñecido prestixio para a entrega dos premios.
Preme AQUÍ para ver as bases do concurso e? PARTICIPA!!
|
|
|
|
COMEZAMOS CON ILUSIÓN E UN POUCO DE HUMOR... |
|
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2012/2013. Seguriño que algúns de vós estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos, axiña teredes noticias miñas.
MOITOS BICOS RATUNOS E ATA MAÑÁ!!
E xa que nos andan a "recortar" por todas partes é mellor botarlle un chisquiño de humor, a ver se alguén se dá por entrad@... (se premes na imaxe poderás vela máis grande)
 |
Faro de Vigo, 11 de setembro 2012 |
|
|
|
|
HOMENAXE A AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ |
|
O día 30 de xuño celebrouse en Vigo a moi merecida homenaxe a un dos escritores máis relevantes do noso país, Agustín Fernández Paz, un emotivo acto conducido con mestría por Rosa Aneiros, onde os lectores máis novos, nenos e nenas de diferentes colexios da cidade, tamén manifestaron a súa gratitude e admiración ao escritor. Paga a pena ler a crónica do evento na revista dixital Praza Pública, onde se recollen as intervencións dos participantes, artistas, escritores e amigos, que fixeron canda el un percorrido vital a prol da cultura e da lingua de noso. Preme na imaxe:
Moi recomendable o artigo de Manuel Bragado para Faro de Vigo, Grande Agustín
Durante uns minutos de agradable conversa con Agustín, que tivo a amabilidade de dedicar unhas palabras aos nenos e nenas do noso cole:
|
|
|
|
|
|
|
|
|