O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FAMILIAS EN MARCHA

No noso cole estivo funcionando o curso pasado unha actividade dirixida aos adultos que acompañan ao noso alumnado ao centro e que demos en chamar "Lendo espero", onde os pais/nais/avós teñen acceso á prensa diaria, revistas de diferentes temáticas..., mentres agardan a saída dos nenos e nenas.
Este curso queremos seguir propoñendo actividades que favorezan a lectura no ámbito familiar, polo que estamos poñendo en marcha un punto de intercambio de libros entre familias. Esta iniciativa pretende que toda a comunidade escolar teña acceso a lecturas propias de cada segmento de idade. A nosa biblioteca, polo de agora, non dispón de fondos para adultos polo que tentamos suplir esta carencia co deseño desta proposta como un servizo máis. Trátase dun sistema de autopréstamo e autoxestión onde os fondos literarios son achegados polas propias familias. Agardamos que esta idea sexa ben acollida e que teña unha resposta masiva, como ven ocurrindo ata o de agora.

Aquí está toda a información:

A ACTIVIDADE

NORMAS E FUNCIONAMENTO

Tamén podes acceder AQUÍ aos libros que están dispoñibles para o préstamo (polo de agora non está completo o listado) e que se irá actualizando segundo vaian aumentando os fondos. No panel lateral disporedes dunha ligazón para facilitar a consulta.

E agora só queda agardar a que chegue o 9 de outubro, no que a biblioteca comezará a súa andaina neste curso no que de seguro haberá sorpresas e novidades.
ATA PRONTO!!!


Comentarios (5) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 29-09-2009 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
EXPLORANDO CONTOS
XOGANDO CON "O LIBRO DA SELVA"

Acabamos de recibir a reportaxe dos nosos intrépidos exploradores, que xa levan un tempo percorrendo as selvas na compaña dalgúns "amigos especiais". Dende aquí os nosos parabéns a estes arroutad@s aventureir@s. Esta é a súa crónica:

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos levamos todo o ano adentrándonos selva da man de Mowgli, Baloo e Bagheera. A última aventura foi atopar un tesouro. E non foi nada doado?, nada, nada, nada.
Tivemos que pasar 5 probas: facer pompas de xabrón, encadear palabras, imitar expresións faciais, atopar cousas coa letra ?m? e levar papeis pegados a unha palliña. Con cada proba superada podiamos buscar unha das cinco pezas do puzzle e unha vez completadas e organizadas correctamente todas as partes aínda tiñamos que atopar unha caixa chea de sorpresas: os vermes das Moradas Frías. E puidemos comelos, pero ¡¡sen usar as mans!!.
Toda unha aventura!



GRAZAS, PROFE MARÍA!
Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-06-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
A SORPRESA DE MIK
Que sorte!! Mik tíñanos preparada unha sorpresa!!
O pasado luns recibimos unha carta de Mik na que nos convocaba a todos para o día seguinte no salón de actos. O alumnado debía acudir co traballo que realizara para o Día mundial do libro en colaboración coa familia. E alí nos presentamos puntuais, impacientes por saber que argallara o noso ratiño.
Cando chegamos, o profe Carlos leunos un precioso conto por encargo de Mik, UNHA MANCHEA DE BICOS, que nos encantou e que nos fixo pensar.
Despois o alumnado foi subindo ao escenario para mostrar e explicar os traballos cos que participaran no certame "Cartel e lema", para recibir, a continuación, o agasallo de Mik. Foi un acto sinxelo pero moi bonito no que puidemos apreciar como os nosos nenos e nenas son cada vez máis e mellores lectores e lectoras.

Gracias, Mik !!




Se queres xa podes ver algunhas fotos da excursión ao parque de A CANUDA (preme na imaxe de abaixo):

A CANUDA - maio 09


Comentarios (15) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 28-05-2009 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
UN DRAGÓN CONTACONTOS...
EL CUENTO DE LOS CUENTOS
Este vídeo foi creado para motivar aos alumnos e alumnas máis pequenos cara ao pracer da lectura e os seus beneficios para o desenvolvemento da imaxinación, do pensamento lóxico e da linguaxe.

Visto en Escola de Ismaíl


E agora outros protagonistas que, por suposto, len moito. E ti?


Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-04-2009 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
ISTO NON É UNHA TETEIRA...
O noso centro é un dos participantes na campaña CONTARTE, do concello de Vigo en colaboración con OQO EDITORA. Trátase dunha iniciativa didáctica de animación á lectura mediante obradoiros deseñados para achegar os cativos á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
Estas actividades, están completadas con lotes bibliográficos que teñen como destino as bibliotecas dos centros participantes.

Hoxe estivo con nós Raquel, unha estupenda animadora que nos contou o conto O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira. Despois os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º convertíronse en pintores surrealistas, ao estilo de Magritte, e transformaron unha teteira nos obxectos máis variopintos: bananas, xeados, pipas, machadas... E por último, emulando o famoso cadro de Magritte amosaron as súas creacións comezando pola frase: "Isto non é unha teteira". Foron uns momentos fantásticos mergullad@s no mundo dos soños.
GRAZAS, RAQUEL!!!


Aquí tés algunhas fotos:

Podes ver AQUÍ o obradoiro Retrarte cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º
Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-03-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
MOCHILAS VIAXEIRAS: O REGRESO
Metid@s na voráxine que supoñen os últimos días de curso, facemos unha pausa para agradecer ás familias a boa acollida que dispensaron en xeral ás MOCHILAS VIAXEIRAS. Xa de volta todas elas e á espera de emprender o vindeiro curso unha nova aventura a través dos tesouros que transportan, rescatamos, con non pouca curiosidade, os "cadernos viaxeiros" onde as familias lectoras depositaron as súas impresións. E non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción polos resultados desta experiencia, á vista dos comentarios positivos que nos fan os participantes nesta actividade. E para mostra aquí vos deixo algunhas das anotacións:

















GRAZAS A TOD@S !!



Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 24-06-2008 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0