O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS

Xa remata o mes dos libros e con el unha morea de actividades que a nosa biblioteca ven organizando para poñer de relevancia a importancia dos libros e da lectura. Como fin de festa mañá levaremos a cabo unha das nosas actividades estrela: "Madriñas e padriños lectores", na que vai intervir todo o alumnado do centro. Hoxe, as madriñas e padriños, despois dunha semana de preparativos e de nervios, acudiron ás aulas dos afillad@s para proceder ás presentacións e aos sorteos. Establecéronse os grupos e, moi serios e entregados, desenvolveron á perfección o papel que lle correspondía a cadaquén, acordando a cita para o día seguinte (se queredes ver as fotos premede AQUÍ). Agora só queda agardar ata mañá para gozar xuntos duns emotivos momentos de lectura compartida.

(Preme enriba para agrandar)




Comentarios (5) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-04-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
¿GÚSTACHE LER?

¿Que tipo de lectura prefires? ¿Gústanche os contos, a poesía, os cómics...? Podes dicirmo nun comentario. Xa sabedes que a min encántame que me contedes as cousas que ledes e o que pasa nos libros que vos gustan.

Comentarios (6) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 19-04-2010 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
PURO TEATRO...

O próximo venres, día 9, recibiremos a visita da escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. O alumnado de 4º de EP compartirá con ela a experiencia do seu achegamento como lectores a este xénero, co que contactaran ata o de agora unicamente como espectadores.
Cunha trama divertida, uns diálogos rimados e uns pintorescos personaxes vivimos un día moi especial no restaurante do camareiro Farruco.
Xa levamos disfrutado moito coa lectura desta peza teatral e agora agardamos con impaciencia descubrir os segredos da siñá Manuela, Farruco e os extraños manxares deste restaurante peculiar.
Xan López Domínguez foi o encargado de dar vida aos personaxes coas súas estupendas ilustracións.
Chus Pereiro escribiu ademáis ¡Mamasiña, que medo!, outra obra teatral.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 19-04-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O CARTEIRO
Por fin, o venres pola mañá, tivemos as esperadas noticias de MIK. Chegou o carteiro cunha morea de cartas para todos os nenos e nenas do cole. E, novamente, o noso ratiño fainos unha petición. ¿Queres ler a súa carta? Pois preme no sobre:



¿Que che parece? ¿A que é unha idea estupenda? Pois veña, a escribir fermosas poesías, que ben sei eu que sodes todos uns auténticos poetas e poetisas.



Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-03-2010 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
DE LECTURA E ENCONTROS DIXITAIS. UNHA EXPERIENCIA NA AULA
O alumnado de 2º de EP do noso centro está lendo con entusiasmo "Soños de andel", da escritora galega Susana Lamela. Como factor motivador e para complementar esa experiencia lectora, pensei que sería moi positivo que puidesen expresar as impresións e sentimentos que lles producía a lectura a medida que ían adentrándose na historia. Pensei tamén que ninguén mellor que a propia escritora podería mediar entre estes lectores e o libro que estaban lendo, polo que consultei coa autora a posibilidade de manter correspondencia dixital con ela mentres durase a actividade. A miña proposta foi aceptada, o que agradezo enormemente, e inmediatamente estableceuse o contacto a través do seu blog Andel de soños. A experiencia está resultando moi enriquecedora, os nenos e nenas esfórzanse por explicar todo o que lles provoca a historia de Ani, consensúan o que lle van escribir a Susana, falan sobre o que ela lles di... e ademais empregan internet e as novas tecnoloxías dun xeito ao que están pouco acostumados.
A través de Susana Lamela, tiveron a ocasión de contactar con María Lires, a ilustradora, da que son rendidos admiradores, xa que as súas fermosas ilustracións tenos encandilados.
Vaia dende aquí o meu agradecemento ás dúas por proporcionarnos a oportunidade de vivir unha experiencia tan fantástica. Susana e María, ¡moitas grazas!

Se queredes acceder á nosa correspondencia dixital premede AQUÍ







Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 12-03-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRANDO A LECTURA

Nunha escola de Florida fan cousas tan emocionantes como esta:

Vía ANB

¿Non vos lembra aos nosos padriños e madriñas lectores/as?



Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-02-2010 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
COMO CONTA!!
Grazas a Darabuc descubrín este fantástico vídeo no que José Antonio López Parreño (Rodorín), conta a historia de A ratiña fachendosa con campaíñas e outros obxectos de madeira con música. Pablo Mestre ilustrou o álbum editado por Kalandraka en 2002 con fotografías dos mesmos obxectos usados na narración.




Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-11-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
LER, CONTAR, CANTAR E BAILAR
Para empezar a formación de usuarios en Educación Infantil nada mellor que cantar e bailar. Para as primeiras visitas á biblioteca dos máis peques do cole:



¿GUSTOUVOS? POIS MAÑÁ IMOS LER, CONTAR, CANTAR E BAILAR NA BIBLIOTECA!


(Preme na imaxe se queres XOGAR e AQUÍ para facer divertidas actividades)
Comentarios (5) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-11-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO NAS AULAS

Como ven ocorrendo nos últimos cursos, estase levando a cabo a actividade que denominamos "Hora de ler" e que consiste en manter 25 minutos de lectura silenciosa simultaneamente en todo o centro. Algúns materiais foron aportados polos propios nenos e nenas e outros proceden da biblioteca. Ao voltar ás aulas, despois do recreo, comeza a sesión de lectura silenciosa na que cadaquén le aquilo que máis lle apetece, xa que se trata de convertir a lectura nunha actividade pracenteira, que nos proporciona goce e satisfacción. Esta é unha proposta incluida no proxecto lector de centro e conta cunha valoración moi positiva de todo o profesorado e do alumnado.

(Preme no altavoz que está na parte superior das fotos. Se pasas o cursor enriba das fotos poderás detelas e ver de que grupo se trata)




Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-10-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
BOA VIAXE!!
As mochilas viaxeiras emprenden viaxe!!


O venres, día 16, partiu a segunda quenda de mochilas para percorrer os fogares dos nenos e nenas de 1º, 2º e 6º de Primaria. A semana pasada xa saíran as de 3º, 4º e 5º cursos. Este xa é o terceiro ano que levamos a cabo esta actividade coa que se pretende achegar a lectura ao ámbito familiar dunha maneira lúdica e atractiva. As mochilas portan materiais en diferentes soportes coa idea de experimentar e disfrutar doutros "xeitos de ler". Tamén inclúen un "caderno viaxeiro" onde as familias anotan as súas impresións sobre a actividade e os materiais. Polo de agora, a resposta é moi boa e esta proposta ten unha espléndida acollida.

¡¡BOA VIAXE!!




MÁIS FOTOS


Comentarios (5) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 17-10-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0