O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

VOLVEN AS MOCHILAS
Por cuarto ano, as mochilas viaxeiras emprenderon viaxe para percorrer os fogares do alumnado do noso centro, desde Infantil ata sexto de Primaria. Unha morea de contos, poesías, música, películas... saíron da biblioteca en outubro e non regresarán ata maio, seguramente con moito que contar nos seus cadernos viaxeiros despois de moitas horas de estadía coas familias dos nenos e nenas.
¡BOA VIAXE E BOAS LECTURAS!

(Preme na imaxe para agrandala)

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 10-11-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
AS AFECCIÓNS DE INIESTA
Ademáis de ser un xogador de fútbol excepcional, ¿sabes que outra actividade lle encanta a Iniesta?

Pois o mesmo que a ti: ¡LER!
Este é o cartel da Consejería de Educación, Ciencia y Cultura de Castilla-La Mancha, creado para unha campaña de fomento da lectura.

Visto en Bibloranca


Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 04-11-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
¿POR QUE LER?
Animación realizada pola Profesora Marina Frecha, no curso "La producción audiovisual como estrategia didáctica" en el Portal Educ.ar, 2008



Visto aquí
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 04-10-2010 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
PARA LECTORES/AS CON DEREITOS
Dez propostas de lectura enfiadas cos dereitos do lector, formulados por Daniel Pennac no seu libro Como unha novela.
(Visto
aquí
)


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-09-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
LER NOS RECREOS
OLA, AMIG@S!!
A biblioteca pronto abrirá de novo as súas portas para que todos e todas podades disfrutar outra vez da maxia e das aventuras que nos ofrece a lectura. Prepárate porque sei de moi boa tinta que haberá novidades (¡non llo contedes a ninguén, é un segredo!):
O equipo da biblioteca anda preparando un recuncho, na zona de audiovisuais, para a lectura durante os recreos, onde atoparedes materiais especialmente pensados para pasar uns momentos moi agradables e divertidos. Alí teredes revistas infantís cheas de fantásticas imaxes, curiosidades e actividades sobre temas que che interesan e que incluso che poden axudar nos teus traballos escolares.
Este tipo de edicións está moi ben para eses momentos de lectura máis curtos, para os lectores que non son tan adictos ás narracións e, sobre todo, para espertar curiosidades.
Estas son as que temos na nosa biblioteca:
REPORTERO DOC:
Chea de reportaxes interesantes, diversos e actuais, con moitísimas fotografías, sobre animais, xeografía, saúde, historia, ciencia, deportes..., para satisfacer a túa curiosidade, coñecer o mundo e respetalo. Para lectores a partir de 8 ou 9 anos. Se fas clic na imaxe poderás ver algunhas páxinas.

MUY JUNIOR:
Todo o que queres saber sobre o reino animal, os deportes, ciencias, cultura, corpo humano, tecnoloxía, historia , consumo, psicoloxía, natureza... Hai cómic, xogos, pasatempos e manualidades, pero tamén entrevistas e reportaxes divulgativos de altura. E todo adobiado con excelentes imaxes e fotografías.
Ten unha divertida web con concursos e dous blogs para esculcar: El blog de Neurona e El blog de Cosmos . ¡Gustarache! Para lectores de 7 a 11 anos.

PELO, PICO, PATA:
Para os amantes dos animais, con estupendos artigos e reportaxes sobre o coidado de mascotas e información sobre natureza.

E ADEMAIS...
Como novidade, este curso tamén poderedes practicar o voso inglés coa divertida revista que atoparás na biblio.

¿A que mola?
Pois estade atentos porque vos seguirei contando cousas mentres agardamos o día de voltar á biblio.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 24-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDA METODOLÓXICA PARA LER COS TEUS FILLOS/AS
NACIDOS Y NACIDAS PARA LEER - Realización de sete vídeos dun minuto de duración para MIDEPLAN, con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas, desde a etapa de xestación, até os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do obxecto libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura. (2008)







Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-09-2010 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADIÑO
Como remate das actividades da biblioteca organizouse o "mercadiño", que tivo lugar os días 17 e 18 de xuño, onde os nenos e nenas do cole puideron cambiar os MIKOPUNTOS que foran reunindo durante o curso. Algúns eran auténticos "millonari@s" e fixéronse cunha morea de agasallos, pero tod@s tiveron ocasión de "mercar" algún obxecto do seu gusto e, por suposto, había á súa disposición moitos libros para os lectores de todas as idades.



PODEDES VER MÁIS FOTOS PREMENDO NA IMAXE DE ABAIXO:

MERCADIÑO xuño10

O día 18 tamén se fixo entrega dos carnés de "Investigador/a TOTAL" a aqueles nenos e nenas que participaron nas convocatorias de Mik Holmes e acadaron as lupas correspondentes. Xunto co carné recibiron un agasallo. ¡¡PARABÉNS a estes avezad@s investigadores e investigadoras!!



Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 19-06-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
CONTARTE ( I )
Dentro das actividades previstas para o mes de abril, o alumnado do noso centro participou na segunda edición da campaña Contarte, promovida pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo, en colaboración coa editorial OQO, coa que se pretende achegarlles aos escolares o mundo da arte a través do álbum ilustrado.
Dun xeito orixinal e lúdico foméntase o desenvolvemento do espírito creativo dos cativos, ofrécenselles medios para aprender novas formas de mirar ao tempo que se incide no fomento do hábito lector.
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria gozaron dun obradoiro de animación á lectura, baseado no libro de OQO Pulga e Xigante. Nesta actividade recrearon os seus propios escenarios fantásticos nunha proposta plástica deseñada para fomentar a participación de todos os pequenos.
Así, os nenos e nenas participaron con entusiasmo nesta proposta creativa e aprenderon, a través da lectura do conto, como a mesma realidade pode interpretarse de xeitos moi distintos.



VER MÁIS FOTOS DA ACTIVIDADE


Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 07-05-2010 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
BANDA DESEÑADA CON FRAN BUENO
Outra das actividades levadas a cabo durante o Mes do Libro, programada conxuntamente co ENDL do centro, foi un obradoiro de Banda Deseñada a cargo do ilustrador e debuxante de cómics Fran Bueno, dirixido ao alumnado do 3º ciclo. E para compartir con vós esta experiencia elaboraron a crónica seguinte:
O día 14 de abril asistimos a un obradoiro de B. D. co artista santiagués Fran Bueno. Falounos do seu espléndido currículo cheo de traballos importantes de ilustración para libros de lecer e libros de texto, colaboracións en revistas ("Golfiños") e en animacións (Xabarín Club, da TVG), polo que acadou numerosos premios.
Explicounos a historia da BD, dende que naceu en EEUU ata o momento actual e comentounos o procedemento e as distintas fases na elaboración dun cómic:
- Ler o guion
- Debuxo a lápiz
- Tinteo
- Cor
- Rotulación
- Impresión
Gustounos moito todo o que nos contaba e tamén puidemos disfrutar dos seus debuxos e ilustracións.
Ao finalizar a charla asinou no Libro de Visitas da nosa biblioteca deixándonos un fantástico debuxo de "Galimatías".

GRACIAS, FRAN!!



Podes ler unha interesante entrevista a este artista na revista dixital Entrecomics
Algunhas creacións de Fran Bueno:





Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 06-05-2010 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA EN FAMILIA

Outra das actividades organizadas dende a biblioteca do centro para conmemorar o Día Mundial do Libro foi esta proposta de "POESÍA EN FAMILIA" coa que se convidaba ao noso alumnado a realizar a recreación plástica dun poema en colaboración coas súas familias.
- Esta foi a convocatoria.
- Estes foron os poemas propostos (como vedes o tema dos mesmos é o libro e a lectura):

- E estes foron os resultados (aproveitamos para probar unha nova ferramenta que descubrimos grazas a Mesturas):


Queremos dar as grazas ás familias pola súa participación, polo seu traballo e entusiasmo, pola súa creatividade e orixinalidade e, en definitiva, por apoiar novamente as nosas propostas.

¡¡GRAZAS A TOD@S!!


(Podedes ver todas as imaxes AQUÍ )
Comentarios (6) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 01-05-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0