O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RONDA DO SOLDADINHO
Vía Biblioteca.Milladoiro.Malpica tivemos coñecemento deste precioso vídeo: RONDA DO SOLDADINHO. O poema está recollido no libro SOLAINA de Kalandraka que inclúe un CD coas cancións. Escoita, mira e pensa sobre o que escoitas e ves:




Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
POBOS, XENTE...
Linguas, razas, culturas...

Pobos, xente, vida...

Un mundo cheo de cores, de caras, de almas...

UN MUNDO EN LIBERDADE, UN MUNDO EN PAZ...




Comentarios (10) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 14-01-2009 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
RODEAD@S DE PAZ
Así de fermoso lucía hoxe o noso cole. Os nenos e nenas traballaron arreo durante días, tod@s xunt@s porque, tal e como dicía un dos carteis, "A paz facémola entre tod@s".




Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2008 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como a primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.


ENTRE TOD@S CONSTRUIREMOS A PAZ



Comentarios (1) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2008 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
POLA PAZ ( VI )
Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día Non á guerra

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ




Comentarios (1) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 27-01-2008 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
A PAZ
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 26-01-2008 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
POLA PAZ ( IV )
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 26-01-2008 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
PARA PENSAR
A través do blog do Ceip de Andrade nos chegan estes preciosos vídeos que nos fan reflexionar sobre as moitas inxusticias e desigualdades que, por desgracia, aínda existen.
Merece a pena pensar que a PAZ, a XUSTIZA e a SOLIDARIEDADE son posibles. Está nas nosas mans...



Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 22-01-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS POLA PAZ
Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.


Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

?A poesía é unha arma cargada de futuro?
Gabriel Celaya



Segundo traballo colaborativo dos
Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ




Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 22-01-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ : Poema pola Paz
(Damos as grazas aos responsables do Blog da Biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey pola súa xenerosidade)

Achégase a celebración do día da Paz o 30 de xaneiro , data na que lembramos a figura de Gandhi como exemplo da práctica da non violencia .Violencia é que aínda no século 21 , os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer ? normal? esta situación tan inxusta .


Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui 1915-1985)


Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 21-01-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0