O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SIGAMOS PEDINDO
Sigamos pedindo e desexando que a PAZ se faga realidade en todos os corazóns:






Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 27-01-2011 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
UNIDADE DIDÁCTICA PARA O DÍA DA PAZ
 Outro excelente recurso didáctico para traballar o Día escolar pola Paz e a Non Violencia, proposta do Ceip Torre del Castillo:

PROPOSTA DIDÁCTICA PARA O DÍA DA PAZ


Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 25-01-2011 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
LIM PARA O DÍA DA PAZ
Para aprender dun xeito divertido moitas cousas sobre a PAZ  aquí tendes unhas actividades interactivas elaboradas por Belén Junquera. Podes facelas en castelán, galego ou inglés (preme na imaxe):




Atoparás outros recursos en http://casadetolos.nireblog.com/post/2011/01/16/dia-da-paz

Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2011 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ

Para traballar o Día da PAZ, o Servicio de Orientación a la Lectura, SOL, facilítanos unha listaxe de títulos para todas as idades, que tratan o tema do pacifismo e das guerras. Se premes na cuberta do libro poderás acceder á súa ficha bibliográfica, a un resume, a algunha das súas páxinas... Aínda que se recollen só en castelán, moitos deles tamén están editados en galego.



A editorial KALANDRAKA tamén nos proporciona algunhas suxestións de lecturas para o Día da PAZ (preme na imaxe):


Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 15-01-2011 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ - RECURSOS
Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, polo que os centros escolares organizan multitude de actividades que poñen de manifesto a necesidade de construir un mundo máis xusto, onde non teñan cabida os conflitos bélicos ou calquera tipo de discriminación entre persoas. Con tal motivo temos elaborada unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas. Para facilitar o acceso, atoparedes unha ligazón permanente no panel de navegación.

E para aprender moitas cousas sobre esta data e sobre algúns personaxes moi relacionados con ela, podes axudar a Mik nas súas pescudas completando este caderno de investigación. ¡Ah! e xa sabes que o traballo ben feito sempre ten a súa recompensa. (Preme en Open publication para velo máis grande).




Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 12-01-2011 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECAS ESCOLARES E DÍA DA PAZ
Durante todos estes días, as bibliotecas escolares traballaron arreo para que os nosos centros, e calquera persoa interesada, tiveran á súa disposición unha boa selección de recursos e materiais sobre o Día escolar da Paz e da Non Violencia. No blog Mesturas atoparedes unha ligazón á recompilación destes recursos que Gracia Santorum reuniu exhaustivamente en Trafegando Ronseis.

¡¡MOITAS GRAZAS, COMPAÑEIRAS, POLO VOSO ESFORZO E A VOSA XENEROSIDADE!!

(Imaxe recollida en Mesturas)
Comentarios (3) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 31-01-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ 2010
Onte celebramos no cole o Día escolar pola Paz e a Non Violencia. Cun sinxelo acto quixemos transmitir a nosa esperanza nun futuro onde a PAZ estea presente en todos os recunchos do planeta. Nas paredes das aulas e corredores lucían os traballos que estes días realizou colectivamente o alumnado. Solidariedade, respecto, tolerancia e diálogo foron as palabras máis empregadas, segur@s de que nelas está a chave que abre a PAZ ao mundo.
Como remate asistimos todos xuntos, alumnado, profesorado e familias, á lectura dramatizada do conto "A pedra de sopa" que nos fixo ver que "todos somos necesarios". E con esta bonita mensaxe no corazón, acudimos ao patio onde soltamos dúas pombas para que espallaran no ceo os nosos desexos de PAZ.



Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 29-01-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA PARA A PAZ
Unha espléndida recompilación de cancións para a Paz, elaborada coas achegas das Bibliotecas escolares. ¡Grazas a tod@s!


Comentarios (1) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 25-01-2010 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
O MUNDO É GRANDE
Paz e interculturalidade neste vídeo que nos chega dende Casa de tol@s


Grazas, Tolinha

Comentarios (3) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 23-01-2010 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E PAZ
En Edualter.org atopamos uns completísimos materiais para traballar a Paz a través do cine. Os documentos de traballo inclúen a ficha técnica, sinopse da película, presentación dos obxectivos xerais, dos procedementos e das actitudes que se queren potenciar. Tamén se achega unha proposta de actividades xerais dirixida ao profesorado, e un cuestionario como ficha de traballo para o alumnado.
Esta proposta responde á necesidade de analizar adecuadamente a película para valorar o tipo de información que da e poder determinar o punto de vista que adopta ante os problemas que trata. Para a ESO e Bacharelato.











Comentarios (5) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0