O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DA PAZ: HOMENAXE A NELSON MANDELA
Xa temos a primeira obra de arte sobre Nelson Mandela. A autora é Sara Teijeira Olivier, de terceiro de EP:


PARABÉNS, SARA!!
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 21-01-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
REFLEXIÓNS SOBRE O DÍA DA PAZ
No blogue A paz é o camiño... atopamos un interesantísimo artigo e atinadas reflexións sobre o Peace Day, Día Internacional da Paz, que celebramos nas escolas cada 30 de xaneiro. Sen embargo, é o 21 de Setembro, desde 1981, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama á cidadanía global, ás institucións públicas, e dun modo especial, a escolas e docentes, a celebrar o Día Internacional da Paz, máis coñecido como Peace Day (Ver a Resolución 36/37). Foi en 2001 cando a ONU estableceu que ese mesmo día fose declarado de alto o fogo en tódolos conflitos a nivel mundial (Resolución 55/282). Son dous magníficos documentos sobre os que reflexionar co noso alumnado. 

En Galicia e no conxunto do Estado, convimos hai xa case que 30 anos, que o 21 de Setembro non era a mellor data para celebrar o Día da Paz nas escolas xa que, neste barrio do planeta, estamos a comezar o curso, os cativos e cativas aínda andan a tomar contacto coas aulas, e o profesorado tamén. Parecía razoable buscar unha data máis acaída. Foi así que o movemento de educadores e de educadoras para a paz, por iniciativa de Llorenc Vidal, decidimos escoller o 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, como Día Escolar pola Paz...

Recomendamos vivamente aos educadores e lectores en xeral o artigo de Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, sobre a significación desta data lembrando ós máis de 100.000 mortos en Siria, ós millóns de desprazados, aos nenos e nenas, ás mulleres, aos anciáns, á poboación civil, principal afectada polas guerras modernas, instándonos a tod@s a dar unha oportunidade á paz.

"Un mestre, un libro, un lapis, poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 19-09-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ (IV): O SOÑO DE LOLO
Actividade elaborada por Belén Junquera, quen nos achega ademáis unha completísima recompilación de recursos.








VER EN PANTALLA COMPLETA
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 31-01-2013 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ, PAZ, PAZ...


ADEMÁIS ReCOMÉNDOVOS QUE PASEDES POLO CURRUNCHO DO 1º CICLO PARA VER OS SEUS TRABALLOS E A FANTÁSTICA SORPRESA QUE RECIBIRON (preme na imaxe para visitalos):


Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2013 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ ( III)
A pomba Dona Paz,é un conto editado por Xerais, escrita por R. Caride Ogando e ilustrada por Pepe Carreiro. Trátase dunha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade. Xa sabes, non deixes de lelo!! PÍDEO NA BIBLIOTRECA!!
Bicos ratunos
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 22-01-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ (II)


VER EN PANTALLA COMPLETA
Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2013 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ (I)
O 30 de xaneiro celébrase en todas as escolas o Día escolar pola Paz e a Non Violencia. Para ir facendo boca escoitade esta preciosa canción do grupo Cómplices:
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 16-01-2013 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web, ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede. Destacamos a campaña "Paraugas pola Paz", coa que o alumnado pinta e decora paraugas con lemas pacifistas, varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz e os diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar".
Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz", "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada".(Información recollida en Mergúllate na lectura)



Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 20-01-2012 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
ALEGORÍA POLA PAZ
CRÓNICA DUN DÍA:

O día 28 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cun sinxelo acto cheo de simbolismo no que participou todo o alumnado do centro xunto co profesorado. Ás 12 da mañá reunímonos no ximnasio dispostos a reivindicar a necesidade de construir un mundo no que a PAZ envolva agarimosamente a todos os seres humanos.
Durante moitos días houbo lecturas, reflexións e postas en común nas aulas sobre os valores e as actitudes que nos conducirían á PAZ, e elaborouse unha recreación alegórica cos nosos pensamentos e coas nosas conclusións:
A PAZ é como unha árbore sustentada por unhas fortes raíces de XENEROSIDADE, XUSTIZA, AMOR, RESPECTO, TOLERANCIA, EMPATÍA, ALTRUISMO?


... que alimentan un robusto tronco e unhas vigorosas pólas que levan a savia da paz ata os milleiros de follas que xurden espléndidas formando unha frondosa copa de AMOR, AMIZADE, COMPAÑÍA, CARIÑO, IGUALDADE, ESPERANZA?, chea de froitos como a ALEGRÍA, os SORRISOS, o PROGRESO, a CULTURA?


E á sombra desta árbore marabillosa queremos ter o noso MUNDO:

Un MUNDO agradecido que nos agasalla coa ledicia de COMPARTIR:


E así rematou o noso acto pola PAZ, con moitas apertas e coa sensación de ter berrado con forza e cunha mesma voz: ¡QUEREMOS PAZ!
¿Gustouvos? Pois se queredes podedes ver a continuación máis imaxes:

ALEGORÍA POLA PAZ on PhotoPeach


VER TODAS AS FOTOS DO DÍA DA PAZ

Comentarios (13) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 29-01-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS PARA A PAZ: SADAKO
Sadako y las mil grullas de papel de Eleanor Coerr. Ilustración: Ronald Himler
Ver FICHA DE LECTURA

Existe unha lenda xaponesa moi arraigada de que ao realizar 1.000 grullas de papel concédese un desexo á persoa que as realizou.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Nove anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, diagnosticáronlle unha leucemia.
Internada no hospital, dedicouse con gran entusiasmo a realizar, unha tras outra, grullas de papel. Segundo a tradición xaponesa, se alcanzaba a crear mil, cumpriríase o seu desexo e melloraría da súa enfermidade.
Morreu en outubro de 1955, despois de ter dobrado 644 grullas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro, e construíron no Parque da Paz de Hiroshima un monumento a Sadako e as súas grullas.
Cada ano, no Día da Paz, chegan miles de grullas de papel a Hiroshima desde os puntos máis afastados do planeta. Os nenos e nenas da cidade colgan as grullas no monumento de Sadako, coa esperanza de transmitir esta mensaxe a todo o mundo.





Con este vídeo podes probar a facer ti mesmo unha grulla de papel.
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 27-01-2011 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0