O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REUNIÓNS DOS EQUIPOS DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Durante os recreos desta semana houbo moita actividade na biblioteca porque fixemos as reunións dos equipos de axudantes. Os grupos de colaboradores asistiron no día que tiñan asignado para poñerse a punto e comezar co traballo a semana que ven sen ningún atranco. Por outra banda, o alumnado de cuarto de EP incorpórase este curso ás tarefas da biblioteca, polo que era preciso unha boa formación previa. Tod@s se mostraron moi dispostos e ilusionados. Seguro que, como sempre, farán un labor extraordinario. MOITAS GRAZAS, RAPACES, VÉMONOS NA BIBLIO!!!!


VER MÁIS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-11-2014 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN VISITA O NOSO CENTRO
Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo xefe territorial de educación de Pontevedra, César Pérez Ares, visitou o noso centro no marco da rolda de contactos que mantén habitualmente coas diferentes comunidades educativas, co fin de coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións. Na súa visita, o titular do departamento educativo da Xunta deu os parabéns ao equipo directivo e docentes polo galardón obtido no concurso de traballos por proxectos nas bibliotecas escolares convocado por primeira vez o pasado mes de marzo pola Consellería. Tamén realizou un percorrido polas dependencias do centro, comezando pola biblioteca para despois intercambiar impresións co profesorado nas aulas e manter simpáticas conversas co alumnado máis novo. Na páxina da consellería pódese ler a crónica deste encontro.

VER IMAXES
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 19-11-2014 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA CIENTÍFICA
Este novembro imos encher a nosa biblio de ciencia e de científic@s, grandes e pequenos. No programa previsto hai unha charla-obradoiro sobre mareas vermellas, na que xa participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Pero primeiro tivemos que investigar un pouco e buscar información para ir ben preparados á conferencia. E, claro!, tamén levamos os nosos "cadernos científicos" para non esquecer nada do que nos ían contar. A exposición, a cargo de Pilar Riobó, traballadora do CSIC, encantounos a tod@s, pois resultou moi interesante e moi amena. Despois de rematar a quenda de preguntas, pasamos pola mesa do microscopio electrónico co que puidemos ver esas microalgas que hai que "manter a raia" para que non nos amolen os riquísimos mariscos que temos nas nosas rías. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimo. GRAZAS, PILAR!!
Nos próximos días teremos obradoiros para elaborar perfumes e sales de baño. Que ganas temos!!!
VER FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 12-11-2014 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA???
Xa temos a convocatoria para AXUDANTES DA BIBLIOTECA 2014 / 2015. Moitos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º xa presentaron a súa solicitude e firmaron o seu compromiso, pero aínda tes de prazo ata o próximo venres. ANÍMATE!!

E lembra: para ser un bo AXUDANTE sempre terás a man a túa GUÍA DE AXUDANTES PERFECT@S!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 08-11-2014 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
 

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
  • MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO

  • MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
  • (recollido en BESGA)
    Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 06-11-2014 22:58
    # Ligazón permanente a este artigo
    PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS
    Xa estamos preparando o punto de intercambio de libros para familias para que, o máis axiña posible, podades contar cunha abundante e variada colección de lecturas. Como todos os anos, pedimos a vosa colaboración achegando os exemplares que se usarán neste servizo de autoempréstito. Por outra banda, animámosvos a que botedes unha ollada aos títulos dispoñibles na páxina creada para este fin, na que atoparedes toda a información e na que tamén podedes facer online a vosa solicitude de préstamo: https://sites.google.com/site/prestamoentrefamilias/
    MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

    Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 06-11-2014 17:20
    # Ligazón permanente a este artigo
    PREMIADO O NOSO CENTRO NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS
    Hoxe recibimos a agradable noticia de que o noso cole foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos, polo PDI sobre A ALIMENTACIÓN que se levou a cabo o curso pasado. Así se comunica na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia: En marzo de 2014, a Dirección Xeral de Centros e RRHH publicaba a convocatoria dun Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar.
    Con data 30 de outubro de 2014, publícase agora a resolución deste concurso, que recolle un total de 16 proxectos, de moi variadas temáticas. Os centros galardoados recibirán unha asignación destinada a desenvolver programas da biblioteca escolar para a educación en información e fomento da lectura.

    TEXTO DA RESOLUCIÓN E RELACIÓN DE CENTROS GALARDOADOS. 
    Estamos contentíiiiiiisim@s!!! PARABÉNS AO ALUMNADO, ÁS FAMILIAS E AO PROFESORADO!!!
    Podedes ver a páxina do noso proxecto AQUÍ, e o seu seguimento neste blog AQUÍ

    Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 03-11-2014 17:22
    # Ligazón permanente a este artigo
    COMEZAN AS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA
    Por fin!! Esta semana comezaron as actividades da biblioteca, despois da reapertura e a estupenda celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Todo o alumnado puido baixar na hora semanal de biblioteca que cada grupo ten asignada. Tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS emprenderon a súa andaina polos fogares dos nenos e nenas, cargadiñas de fantásticos materiais para gozar en familia. Os recreos son, tamén, unha oportunidade para achegarse á biblioteca e aproveitar os momentos de lecer para mergullarse nos libros. A tod@s, FELICES LECTURAS!!!



    Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 31-10-2014 14:31
    # Ligazón permanente a este artigo
    UN DÍA MOI LUMINOSO: O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA
    XENIAL, FANTÁSTICO!!! Hoxe tivemos un día moi especial pois celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Levamos toda a semana agardando este día porque a partir de agora xa poderemos gozar da nosa biblio durante todo o curso. O cole estaba precioso, decorado cos fermosos traballos que fixemos coas nosas familias e que adornaban os corredores e a entrada.
    A xornada transcorreo tal e como estaba no PROGRAMA:
    Primeiro, cada grupo/clase visitou a biblioteca onde nos agardaba MIK vestido cunha bata de científico moi chula. Alí lembramos as normas de uso, para que todo funcione estupendamente, examinamos as dúas exposicións (temática e de novidades) cheas de libros noviños que nos encantaron a tod@s e que estamos desexando ler e, por suposto, non esquecemos recoller as mochilas viaxeiras repletas de estupendas lecturas.


    Tamén estaban alí as carpetas da biblioteca e os carnés de usuari@s para os nenos e nenas de primeiro e os compañeiros e compañeiras doutros cursos que chegaron nov@s este ano. E, para finalizar a visita á nosa biblio, MIK agasallounos cunha saborosa lambetada para tod@s.

    Xa fóra da biblioteca, paseamos polos corredores para disfrutar dos magníficos traballos elaborados en familia para este día.

    Despois das primeiras emocións aínda quedaba asistir a unha divertida representación teatral titulada "QUE TRABALLO TAN CURIOSO", promovida polo CSIC, na que participaron Luisa Martínez (científica do CSIC), acompañada dos actores Sonsoles Cordón e Carlos Godoy. O salón de actos estaba a escuras pero na entrada había unhas luciñas de cores que escintilaban e quedaban moi ben. A representación foi moi "científica" e tivemos a ocasión de ver "en persoa" uns virus e unhas bacterias moi churrusqueiras pero un pouco trastes (menos mal que contamos cos científic@s para que nos libren delas!!!).

    Cando rematou a función apareceu... LUCIÑA!! Ela contounos que hoxe é o Día das Bibliotecas, en especial da nosa, e que por iso fixemos esta festa tan guai.

    Un ano máis, sentimos a satisfacción de ter vivido uns momentos moi emocionantes e marchamos para as nosas casas moi satisfeitos polo día tan "luminoso" que gozamos compartindo.
    O noso agradecemento a Luisa, Carlos e Sonsoles por ofrecernos "en primicia" o seu fantástico espectáculo. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!QUE DÍA TAN ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!! GRAZAS, TAMÉN, AO NOSO BENQUERIDO MIK!! Se queres ver todas as nosas fotos PREME AQUÍ XA VERÁS QUE CHULAS!!
    Por certo, axiña teremos en vídeo os "momentos estelares" da obra de teatro. Estade atent@s!!
    Ai, que case me esquezo de algo moi importante!! MIK tamén recibiu dous magníficos agasallos cos que decorar a biblioteca e cos que ,seguro, brillará moito: un deles tróuxollo Estela, de cuarto de EP; o outro fixérono os nenos e nenas de terceiro de EP. Mirade que luciñas tan feitucas!! MIK está contentísimo!!

    Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2014 22:34
    # Ligazón permanente a este artigo
    BIBLIOUTUBRO
    Un precioso texto que, seguro, nos levará á reflexión: escola, lectura, biblioteca...

    BIBLIOUTUBRO

    David Otero

    Velaí un bibliomés deste biblioano.
    Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
    Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
    Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
    Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
    A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
    Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
    Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.


    Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 15-10-2014 19:22
    # Ligazón permanente a este artigo
    © by Abertal




    Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


    Free counter and web stats



    Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0