|
|
|
NESTA PONTE, PONTE A LER!! |
|
 Se non te vas de viaxe nesta ponte, aproveita para viaxar cos libros. E se vas de vacacións non esquezas meter algún libro na maleta...
Aquí che deixo algunhas ideas, seguro que disfrutarás moito:
A longa viaxe de Carambeliña Polar (5 a 8 anos)
Ana Mª Fernández
Obradoiro-Alfaguara.
Carambeliña Polar é unha pequena folerpa que vive cos seus amigos, a foca, o oso polar, o cuco Nilo e o avó Friolo nas terras do Norte. Un día recibe unha carta na que se lle dá noticia da existencia e do paradoiro das súas irmás Pingoletiña e Gasosa. A raíz deste descubrimento a protagonista emprende unha longa viaxe ás terras do Sur co fin de coñecelas.
Cuco, cuquelo, ¿que tes no fardelo?
Xoán Babarro González
Merlín. Edicións Xerais Vigo, 1998
Nárrase a marcha dun cuco do seu país natal na procura doutro lugar onde pasar o inverno para enxendrar os seus ovos e a elección que fai de doce niños onde pousalos.
Las cartas de Horacio y su bruja estrafalaria
(de 8 a 10 años)
BEASCOA EDICIONES Le a carta que escribe Horacio:
Queridos niños y niñas: soy Horacio Conjurator Maúllez. Trabajo de mascota de bruja de Ágata Maga. Debo cuidar de ella y ayudarle a ser una auténtica bruja. Pero no es tarea fácil, porque Ágata se niega a subirse a una escoba, no quiere hacer pócimas de ancas de rana, alas de murciélago y rabos de lagartija, ¡¡¡ y lo único que quiere es convertirse en una princesa como la de los cuentos y casarse con un príncipe apuesto!!! ¿Qué puedo hacer? Vuestro amigo,
Horacio Conjurator Maúllez
Cuentos de intriga de la hormiga Miga.
Teixidor, Emili.
SM
La hormiga Miga odia la inactividad. ¡Menudo aburrimiento el letargo del invierno! Pero siempre hay algo que se puede hacer para contrarrestar el frío: calentarse el espíritu contando cuentos ingeniosos
Si un león te pregunta la hora ( 10 a 12 anos)
SCHULZ, Hermann.
Edelvives
A través de esta historia podemos conocer una parte de África y como es la vida de Tomeo, un niño que tiene a su padre enfermo y necesita la ayuda de todos los habitantes de la aldea.
Para papá e mamá:
La elegancia del erizo
Muriel Barbery
Seix Barral
Historia de dúas mulleres: Paloma de doce anos, de extraordinaria intelixencia e Renée, unha porteira que finxe ser unha muller vulgar
FELICES DÍAS DE DESCANSO E FELICES LECTURAS!!!
|
|
|
|
QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO |
|
MIK recomenda:
"Querido hijo: estás despedido"
de Jordi Sierra i Fabra ED. Alfaguara
Pode unha nai despedir a un fillo? Neste libro verás que iso é o que lle ocurre ao seu protagonista: Miguel está afeito facer o que lle dá a gana: desobedecer, facerse o xordo, ser irrespetuoso, en fin, pasar de todo, e tamén por encima de todo, incluíndo á súa nai. Un día ela entra na súa habitación, está moi seria, entrégalle un sobre, dille que o asine para que conste que o recibiu e logo vaise. A carta contén un papel onde lle indica que o despediu como fillo e que ten que abandoar a casa en trinta días. Durante este mes, Miguel intentará portarse ben, pero non lle sae. Cando chega a temida data... nun pis-pas está na rúa. Miguel descubrirá entón o ben que se está na casa, estrañará a orde, as comidas... e ata o colexio. Logrará Miguel unha segunda oportunidade?.
(Para 2º e 3º Ciclo de Primaria)
|
|
|
|
FOI O PEQUENO MONSTRO! |
|
Para ler en familia durante estes días de descanso:
Ana vai ter un irmanciño e antes de irse ao hospital a súa mamá regálalle un monstro de peluche para que non se senta soa. Ana e o pequeno monstro vólvense moi amigos, pero cando chega o irmánciño á casa empezan os problemas. Ao monstro de Ana non lle gusta o bebé : sempre está berrando, cheira mal, e non o deixa durmir. Entón fai mil trasnadas ata que papá e mamá perden a paciencia e queren botalo. Pero ao fin o pequeno monstro e Ana acaban por reconciliarse co novo irmán e volve a tranquilidade á casa.
Este conto relata os celos dunha irmá maior, encarnados en "o pequeno monstro". O monstro, puro reflexo dos celos de Ana, reacciona moi negativamente á chegada do bebé, pero ao final resólvese o conflito. O xeito en que se resolve o problema e as preciosas ilustracións realizadas con tanto esmero por Helen Cooper, fan que este libro sexa tan especial. |
|
|
|
UNHA BITÁCORA |
|
 Hoxe, en lugar do título dun libro recomendamos a visita á Bitácora Homes de pedra en barcos de pau. É o blog dun mariñeiro galego que conta moitas experiencias a bordo do seu barco pesqueiro, relata anécdotas e lendas relativas ao mar, fala dos lugares que visita...
E xa que estamos a buscar información sobre os traballos do mar, aquí podes atopala da man dun dos seus protagonistas.
|
|
|
|
OLLOBRUSCO |
|
Queremos agradecer a Gonzalo "Darabuc" o seu fermoso agasallo: "Ollobrusco", un álbum delicioso, tanto polo texto como pola ilustración (A. C. Quarello). Está cuidadosamente publicado por OQO, como é habitual nesta editora, e resulta un auténtico pracer a súa lectura. Hoxe xa o disfrutaron algúns grupos de alumnado e a tod@s lles encantou. Polo de agora preside a estantería de novidades e pronto pasará ao atril de "libros especiais".
Argumento: Un ratiño, aburrido da vida que levaba e desexoso de ser feliz, sae percorrer mundo na compaña de Can e Elefante. Cando atopan a Ollobrusco, o rato terá que utilizar o seu inxenio para salvarse...
|
|
|
|
MIK RECOMENDA |
|

MIK RECOMENDA: Gerónimo Stilton
Quen é Gerónimo Stilton? Son eu!! Son un tipo un pouco distraído, coa cabeza nas nubes... Vivo en Ratonia (illa dos Ratos) e dirixo "O eco do roedor", o xornal de maior difusión do meu país. Pero a miña verdadeira paixón é escribir. Aquí en Ratonia todos os meus libros son moi famosos. Pero, ¿non os coñecedes? Son esas historias cómicas tan tenras como un queixo de bóla e tan entretidas como contar os buracos dunha loncha de "gruyer"... Son historias morrocotudas.
AQUÍ TÉS ALGÚNS TÍTULOS:
¿QUERES XOGAR CON XERÓNIMO STILTON? Preme AQUÍ
|
|
|
|
Novos fondos |
|
 Co gallo da exposición de libros en torno ao mar, adquiriuse novo material para a biblioteca. Poderás velo moi pronto.
Para os lectores máis pequenos xa están na biblioteca novos exemplares de
"Unha eiruga moi larpeira",
"Queres xogar comigo?",
"A xoaniña rosmona",
"Nadarín"
|
|
|
|
OS LECTORES RECOMENDAN |
|
Se queres recomendar algún libro que liches ou queres facer comentarios sobre algunha lectura. |
|
|
|
|
|
|
|
|