|
|
|
LO + 2008 |
|
Vía Escola de Ismaíl tiven coñecemento da publicación dun catálogo de lecturas propostas pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Son 40 dos títulos máis destacados que se publicaron durante o ano 2008. Transcribo a súa presentación:
Esta guía presenta corenta obras seleccionadas entre os títulos publicados para nen@s e moz@s ao longo de 2008, organizadas en cinco apartados, que reúnen unha variedade de xéneros, formatos e historias, adecuada para os gustos máis diversos. Álbums, novelas, poemarios, contos breves e cómics, xunto con outros materiais ideais para regalar. Unha selección pequena, como as cousas sinxelas e entrañables que gañan o noso aprecio, pero á vez grande, como o universo literario, cheo de planetas por descubrir a través da viaxe da lectura. Unha proposta especial, elaborada sen présas, con parte do + selecto que nos deixou o ano.

(Preme na imaxe para acceder á guía)
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DAS RECOMENDACIÓNS DE NADAL |
|
Como xa sabedes, dende hai unha semana na entrada do cole podedes visitar a exposición coas recomendacións de lectura para este Nadal. Cada unha das propostas está dentro dunha caixa "artística" que fai alusión ao seu contido. Déixate levar pola imaxinación e tenta descubrir que haberá dentro. Tamén podedes examinar os libros, ver as ilustracións e decidir cal se axusta aos vosos gustos e aos dos vosos fillos e fillas. O alumnado xa leva curioseando todos estes días e mesmo deixan mensaxes para Mik cos seus comentarios e opinións. Non esquezas pasar polo cole para ver de cerca as recomendacións de Mik.
|
|
|
|
COMO UNHA NOVELA |
|
Título: Como unha novela
Pennac proponse unha tarefa tan simple como necesaria nos nosos días: que o adolescente perda o medo á lectura, que lea por pracer, que se embarque nun libro como nunha aventura persoal e libremente elexida.
"Como unha novela" é unha reflexión sobre a literatura e a súa relación co ser humano que non só interesa en calidade de educadores senón tamén como lectores.
Ao final do libro Pennac establece os dez dereitos do lector. Dereitos obvios cando pensamos en nós como lectores pero que quebrantamos cando se trata dos nen@s lectores:
1. O dereito a non ler. A liberdade de escribir non debe ir acompañada do deber de ler. Evitarase considerar a priori a calquera individuo que non le como un bruto potencial ou un cretino contumaz.
2. O dereito a saltar as páxinas. Un pode saltar perfectamente os parágrafos, páxinas ou partes do libro que non lle interesan.
3. O dereito a non terminar un libro. Hai 36.000 motivos para abandoar unha novela antes do final: a historia non interesa, sensación de tela lido antes, non gusta o tema... Un libro cáenos da man? Que caia.
4. O dereito a reler. Pódese reler simplemente polo pracer da repetición, a ledicia do reencontro.
5. O dereito a ler calquera cousa. Pódense ler malas novelas. A certa idade poden estimular o saudable vicio da lectura.
6. O dereito ao bovarismo. A satisfacción inmediata e exclusiva das sensacións. Non porque unha moza coleccione novelas rosas acabará tragando unha culler de arsénico.
7. O dereito a ler en calquera lugar. Un exemplo vale máis que mil palabras: o soldado Fulano preséntase voluntario para limpar as letrinas. É un traballo despreciable pero rápido. Un cuarto de hora de limpeza permítelle ler as obras completas de Gógol.
8. O dereito a pasar follas sen máis. Coller calquera volume da biblioteca e pasar as follas. Pódese abrir Proust, Shakespeare ou Chandler por calquera parte; seguro que proporciona cinco minutos interesantes.
9. O dereito a ler en voz alta. Ler en voz alta para un mesmo ou para os outros é un exercicio estimulante.
10. O dereito a calar. Absoluto dereito a non opinar sobre o que se leu.
Daniel Pennac. Como unha Novela
Algunhas reseñas e opinións: Solodelibros - Los cuadernos de azul y marrón
|
|
|
|
EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS |
|
TÍTULO: EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS
AUTOR: Oliver Jeffers
EDITORIAL: Fondo de cultura económico 
El increíble niño comelibros é un libro-álbum escrito e ilustrado por Oliver Jeffers, artista plástico, ilustrador e escritor irlandés. Unha tarde, por erro, Enrique descobre que lle gusta comer libros e pouco a pouco convírtense no seu único alimento. Con cada libro que come faise cada vez máis e máis intelixente. E así devora novelas, dicionarios, almanaques, libros de chistes, de historia, de matemáticas? pero os seus favoritos son os vermellos. Enrique pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse: un día síntese enfermo, descomposto...
A aventura glotona deste neno convírtese nunha historia que xoga coa esaxeración e o humor. O autor combina letra manuscrita e tipografía de máquina de escribir sobre fondos en collage con papeis de diferentes texturas, páxinas de libros, follas de cadernos de contabilidade? o que lle dá ao libro un carácter informal e divertido e contribúe a crear un mundo plástico no que o protagonista indiscutible é o libro.
(Para lectores de 7- 8 anos ata 99 anos)
XA O PODES PEDIR NA BIBLIOTECA!!
|
|
|
|
CONTOS QUE VEÑEN A CONTO... |
|
CONTOS PARA A IGUALDADE
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. (Nota da editorial)
Xela volveuse vampira!!
Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López
Ed: Baía

Un día de treboada
María de Mata
Ilustración: Mariana Riestra
Ed: Baía Edicións
Argumento:
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.
BÚSCAOS NA BIBLIOTECA!!
(25 DE NOVEMBRO: día contra a violencia de xénero)
|
|
|
|
EL MONSTRUO Y LA BIBLIOTECARIA |
|

El monstruo y la bibliotecaria
Alfredo Gómez Cerdá
Editorial: Edelvives
Ilustradora: Carmen Queralt
Este monstro monstroso, que non se parece a outros monstros e que se asusta nas grandes cidades, vai vivir a Albacete. Pero non contou coa calor do verán, que tampouco soporta, e por iso decide meterse nun aparello de aire acondicionado que acaba instalado nunha biblioteca. Aquilo cambiou a vida do monstro e os lectores e lectoras sabemos que nunha biblioteca poden pasar miles de cousas, ata atopar a un monstro que conta contos diante dunha bibliotecaria que o mira abraiada...
Disfruta desta bonita historia de amor, humor e bibliotecas!!
XA O TÉS NA BIBLIOTECA DO COLE!!
|
|
|
|
A MONSTROESCOLA |
|
Recén saidiño do forno, A MONSTROESCOLA é o último traballo de Anxo Fariña. Ilustrador, diseñador e ás veces escritor, como el mesmo se define, asegura moitos debuxos e moitas risas aos lectores/as de 8 a 100 anos.
Argumento:
Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán? (quizais fixándote na capa do libro e no subtítulo acades algunha pista... )
Unha historia que promete moita diversión!
Autor do texto e ilustracións: Anxo Fariña.
Editorial: Edicións A Nosa Terra
|
|
|
|
GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS |
|
Xa temos na nosa Biblioteca, entre outras novidades, o Gran libro dos retratos de animais. No blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Rede Lectura, fan o seguinte comentario:
Con el comezou a colección OQart da editorial OQO.
Nel, o croata Sujetlan Junakovic modifica algúns dos retratos que forman parte da historia da pintura para substituír os homes e mulleres retratados por animais que pasan a ser os protagonistas da imaxe. Esta galería de retratos de animais compleméntase cos comentarios nos que se achegan datos sobre o retratado, a época ou o artista nun ton nada alleo ao humor.
Un bo punto de partida para un xogo de espellos no que a pesar do aviso de que ?calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia?, buscaremos aquel outro cadro que se nos imita a este, localizarémolo, compararémolos e riremos mentres nos movemos entre obras de arte.
Esta obra acaba de ser galardoada cunha Mención de Honra na Feira do Libro de Bologna.
(Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares)
HAI SEMELLANZAS??

Dama con Armiño de Leonardo da Vinci (1483)
Técnica: Óleo sobre madeira
Onde se encontra: The Czartoryscy's Collection, National Museum, Cracovia

Auto-retrato de Alberto Durero (1536) Técnica: Óleo sobre madeira Onde se encontra: Alte Pinakothek, Munich
|
|
|
|
CHOCOLATA |
|

Hai xa algúns días faleivos do libro-disco Contos en cantos de Almudena Janeiro, un conxunto de cancións a partir dos textos de varios contos. Hoxe quero recomendarvos un deles: CHOCOLATA, un álbum da escritora Marisa Núñez coas ilustracións de Helga Bansch. Este libro obtivo o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil FEE (Fondation Espace Enfants) no ano 2007, e foi traducido a oito idiomas
Sinopse:
Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala...
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión nos hábitos urbanos máis tópicos, actuales e recoñocibles desde a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
A ilustración, é alegre e colorista; expresa con maestría diferentes perfís humanos a través dos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración. Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor do que temos moi perto.
[Presentación editorial]
Aquí vos deixo a canción "Chocolata" (Contos en Cantos) para que vaiades facendo boca. DISFRUTÁDEA!
|
|
|
|
ARTE |
|
Hoxe imos recomendar unha obra de divulgación que poderemos engadir aos materiais empregados para a educación documental entre os máis pequenos (a partir dos 8 anos). Editada no 2006 por Factoría K de libros, trátase da primeira obra en galego deste tipo, de edición moi coidada e excelente presentación.
Mirar a pintura a través dos séculos, de Caroline Desnoëttes, propón unha galería de arte dende o estilo gótico dos séculos XIV e XV, ata a arte figurativa e abstracta de Chagall no século XX. A estructura repítese: unha obra de arte tómase como representativa de cada un dos movementos artísticos estudiados, 18 en total, e a través das lapelas que se levantan nas páxinas vemos os pormenores dos lenzos ampliados, observamos as cores...
Un estudo de cada movemento, autor e obra, cara o final do álbum , destaca as innovacións e significados ocultos de cada un dos lenzos seleccionados...
Un álbum para disfrutar aprendendo.
Caroline Desnoëttes pretende facer partícipes aos lectores máis novos do marabilloso mundo da arte. A autora francesa escribiu numerosos libros para o público infantil, entre os cales figuran coleccións como O museo de..., Pasea con cores e A Pintura a través do tempo. Tamén é pintora e deseñadora: nesta faceta o seu maior obxectivo é desacralizar o mundo da arte, baixalo da torre de cristal na que se atopaba e achegar a arte á vida diaria da nosa sociedade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|