Para que les? é o título dunha iniciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Esta proposta foi recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron coas súas achegas á montaxe dunha exposición para o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres/as e alumnos/as explican as razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado por Loly Lago do Ies de Fene e Charo Sánchez Gabriel do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra. Olga Rodríguez, do Ceip Milladoiro de Malpica, coordinou o traballo de recompilación de textos e fotos de persoas famosas con profesións moi diferentes que nos contan que Eles tamén len. Aquí vos deixo as súas razóns:
Os nosos parabéns a todas as persoas que fixeron realidade unha fermosa idea.
E TI, POR QUE LES?? Gustaríame saber cales son os teus motivos para ler e que libro ou libros recomendarías. Participa ti tamén nesta iniciativa deixando as túas razóns nun comentario.
Seguindo coa crónica das actividades do Día do libro, déixovos uns vídeos da actividade de "madriñas e padriños lectores". Tamén podedes ver a crónica no blog de Ubaldo
No día do libro a lectura espallouse por todo o centro, as madriñas e padriños lectores convertiron o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía, de maxia...
A historia comeza no día anterior, cando os padriños e madriñas se presentan nas aulas aos seus "afillados" concertando a cita lectora para o día seguinte. O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria agardaba hoxe impaciente a chegada dos seus padriños para disfrutar dunha sesión de contacontos moi particular. A música soaba mentres buscaban un lugar onde acomodarse; cando a música cesou xurdiu a maxia: moreas de historias encheron o aire, atentas miradas, algúns sorrisos, murmurios...
Pero as imaxes falan por si soas:
Como xa sabedes, co motivo da celebración do Día mundial do libro a biblioteca convocou un certame de CARTEL E LEMA no que era imprescindible a colaboración das familias. A resposta foi a que se esperaba: unha masiva participación onde a creatividade e a orixinalidade foi a característica principal dos traballos presentados, algúns deles cuns lemas dignos de calquera prestixiosa empresa de publicidade, que poñían de manifesto a importancia da lectura na formación das persoas e que demostraban ser froito da reflexión.
Os nosos PARABÉNS e o noso agradecemento pola vosa constante disposición a colaborar.
MOITAS GRACIAS!!!
CARTEL E LEMA PARA O DÍA DO LIBRO
(Podes velo a pantalla completa se premes nas catro frechas. Para quitar a música preme no altavoz)
Atopouse un novo medicamento que conseguirá que aumente considerablemente a nosa calidade de vida e que, polas súas características, seguro revolucionará a comunidade médica. Dada a súa ductilidade e a cantidade de males que cura, deberá tomarse coa debida precaución, polo que, tal e como nos advirten as autoridades sanitarias, é fundamental
Ler o prospecto antes de usar este tratamento :
Composición e presentación Letras, palabras, follas, números, debuxos, símbolos, fotos en celulosa impresa. Presentacións máis frecuentes: novela, posesía, ensaio, cómic, contos, enciclopedias, revistas, periódicos,.., e outras para tratamentos máis específicos.
Indicacións Síntomas de aburrimento, dúbidas de importancia variable, necesidade de descubrimentos, aclaracións, viaxes reais ou imaxinarias, insomnio, largas esperas, agasallos, convalecencias prolongadas e cadros de estreñimento (crónicos ou esporádicos).
Uso e doses - Empezar con doses suaves; sobre todo en menores de 5 anos, e nunca con máis de 5 minutos de aplicación continuada.
- Aumentar progresivamente ata chegar á dose correcta (aquela que nos deixa a gusto).
Embarazo e lactancia Os estudos clínicos realizados con este tratamento non presentan contraindicacións neste grupo, salvo algún descuido puntual que ten retrasado a hora de lactancia.
Conducción e uso de máquinas É moi probable que este tratamento afecte á súa capacidade para conducir ou utilizar maquinaria, polo que se recomenda non usalo nestas circunstancias e mantelo a unha distancia prudencial.
Posibles efectos adversos Nun considerable número de pacientes presentouse un alto nivel de dependencia, provocando continuas visitas a bibliotecas e librerías e unha necesidade constante de ter un libro entre as mans. Nestes casos a recuperación a estados anteriores resulta case imposible, e non se constata ningún caso con desexo de abandonar este novo estado.
Salvo casos moi excepcionais este tratamento
non conta coa subvención da Seguridade Social
CONCLUSIÓNS DERIVADAS DOS EXHAUSTIVOS ESTUDOS CIENTÍFICOS:A lectura tamén cura!
(Este inxenioso texto está incluido nun dos carteis presentados ao certame "Cartel e lema" convocado pola Biblioteca do centro para a celebración do Día do libro. O autor é Eloi Covelo (4º de EP), que realizou o traballo coa colaboración da súa familia, tal e como establecían as bases do certame.)
Sabemos que moitas familias xa están traballando para o certame de carteis e lema que convocou a Biblioteca para a exposición do Día mundial do libro pero, por se a alguén se lle resisten as musas, tráiovos unha colección de carteis para o fomento da lectura, procedentes de distintas institucións, para que vos sirvan de inspiración. Premendo enriba deles poderedes velos un pouco máis grandes:
De cara ao 23 de abril, Día mundial do libro e do dereito de autor,MIK tráenos unha nova proposta: elaborar un cartel cun lemaque promocione o libro e a lectura. O traballo realizarase en colaboración coas familias e poderase empregar calquera técnica (collage, témpera, rotuladores...)
Cos carteis entregados faremos unha gran exposición na semana do 23 de abril. Como sabemos que hai grandes artistas entre o noso alumnado agardamos unha masiva participación e contamos ademais coa impagable e incondicional colaboración das familias. MOITAS GRACIAS!
O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos persoeiros máis importantes da literatura universal. Por iso nese día celébrase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.
Unha das actividades que se está a facer na nosa Biblioteca para conmemorar esta data é unha exposición dos libros que tiveron un significado especial nun momento das nosas vidas. Pedimos colaboración ás familias para que aportasen o seu "libro especial" coa fin de que o noso alumnado percibise a importancia dos libros nas persoas do seu entorno. Por outra banda, os nen@s tamén "vestiron" unha árbore cos seus libros favoritos enchéndoa de follas que eles mesmos prepararon con títulos dos libros que máis lles gustan. E así vai quedando o vestíbulo do cole:
Cal é o teu libro especial?
Cóntanos nun comentario cal é ese libro que che gustou tanto, que te fixo pensar, no que descubriches algo... Explícanos tamén por que é especial para ti, seguro que animarás a outras persoas a que o lean.