Na mañá do xoves, as madriñas e padriños lectores de quinto e sexto de EP visitaron as aulas de E. Infantil para realizar os sorteos do apadriñamento lector. Todos estaban encantados co encontro, tal e como vedes nas imaxes:
Podedes ver máis fotos AQUÍ Se preferides ver o álbum completo dese día tal especial premede AQUÍ Se tamén queres ler a crónica do que ocorreu nas outras aulas preme AQUÍ
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, no noso centro levamos a cabo unha actividade de apadriñamento lector xa consolidada desde hai varios cursos. Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Tod@s agardaban ese momento con moita ilusión. Mañá acudirán ao patio de recreo para vivir, un ano máis, a emoción da lectura compartida. TARXETAS LECTORAS:
O alumnado de quinto e sexto de Primaria estivo cos peques de E. Infantil. Nos blogs de aula O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO, KANGURINES e MI AULA podedes ler as crónicas deste día. Para ver TODAS AS FOTOS preme AQUÍ
Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".
Para celebrar o Día mundial do libro e dos Dereitos de Autor, MIK tráenos unha divertida proposta para realizar en colaboración coa familia.
Coas vosas achegas faremos unha gran exposición para que tod@s poidamos gozar da vosa imaxinación e creatividade. Agardamos a vosa participación!! MIK LEVOU A SÚA CARTA ÁS AULAS NA COMPAÑA D@S AXUDANTES DA BIBLIOTECA:
O próximo 24 de abril, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sétima edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos realizaranse os preparativos: os padriños e madriñas escollerán os libros que prepararán para ler aos afilla@s e elaborarán e decorarán as tarxetas lectoras para realizar os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo algunas imaxes das artísticas tarxetas lectoras doutros anos (preme na imaxe):
Un ano máis, no Día do Libro e os Dereitos de Autor/a, a lectura espallouse por todo o centro: as madriñas e padriños lectores fixeron de excelentes contacontos e os afillad@s corresponderon prestando moita atención, convertindo o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía e de maxia.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Cando a música cesou, o aire encheuse de historias fantásticas que facían sorrir aos máis pequenos e que levaban moi lonxe os pensamentos dacabalo das fermosas palabras que xurdían dos libros. A imaxinación viaxaba ao tempo que os padriños e madriñas lían con agarimo páxina tras páxina... Ao rematar a actividade, alumnado e profesorado regresamos ás nosas aulas cunha agradable sensación e co desexo de que esta iniciativa sexa a semente que faga agromar en todos nós un permanente interés polos libros e a lectura.
Pero as imaxes falan por si soas:
Como todos os anos, para poñer de relevancia o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, a biblioteca do centro convoca un certame no que se solicita a participación das familias do noso alumnado. Nesta ocasión pedimos a elaboración dun artístico "MENÚ" para o noso restaurante "PAPALIBROS", aberto desde a semana pasada na entrada da biblioteca para a degustación dos singulares pratos que se serven para alimentar a imaxinación.
OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA foron os encargados de repartir e explicar polas aulas o contido da convocatoria e de animar ao alumnado a que participasen coas súas familias (ver fotos nas aulas de Primaria):
Se queres ver o texto da convocatoria preme na imaxe de abaixo:
O próximo 23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sexta edición!!!), entre outras actuacións programadas para celebrar esta data. Como é habitual, durante esta semana realizáronse con entusiasmo algúns dos preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros que prepararán concienzudamente para a súa lectura e elaboraron e decoraron as tarxetas lectoras coas que se realizarán os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo as artísticas tarxetas lectoras de 3º de EP (preme na imaxe):
O día 23 de abril, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, vivimos no noso centro una nova xornada de lecturas compartidas e, a pesar de tratarse da quinta convocatoria, a ilusión e a emoción invadiu, una vez máis, os lugares e as persoas. No ambiente, a alegría da festa e a "seriedade" que conleva unha actividade que transmite unha morea de sensacións máis alá da propia experiencia lectora. Como é habitual, nos días previos realizáronse con entusiasmo todos os preparativos: Os padriños e madriñas escolleron os libros e prepararon concienzudamente a súa lectura, elaboraron e decoraron as súas tarxetas lectoras coas que se realizarían os sorteos de afillad@s,
visitaron as aulas para contactar cos compañeir@s que escoitarían os seus relatos...
e, por fin, reuníronse no patio enchendo de historias todos os currunchos do centro...
Cando tod@s estaban preparad@s nalgún lugar do patio, a profe Rocío, acompañada de MIK que portaba a pancarta co lema "LEMOS XUNTOS", presentou a actividade:
Despois, os murmurios e os sorrisos dos que contaban e dos que escoitaban...
Para rematar, houbo sorpresa: o mundo máxico dos libros abriuse para agasallar a todo o alumnado do centro que recibiron cadanseu marcapáxinas, un pin de MIK e moreas de caramelos...
Os afillados e afilladas entregaron as súas tarxetas de agradecemento aos seus padriños e madriñas:
PARABÉNS, NENAS E NENOS, POR FACER QUE ESTE DÍA SEXA INESQUECIBLE!!