O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

COIDA A TÚA LINGUA!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TOD@S!!


Velaquí a nosa humilde achega na procura de mil primaveras máis para a nosa lingua:



O autor da obriña de teatro é o noso compañeiro Antón López. Grazas!!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 18-05-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS SOBRE PAZ ANDRADE
Un novo Lim con actividades interactivas sobre Valentín Paz Andrade, dirixido ao alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Se queres facelo en pantalla completa, preme no cadradiño da esquina de arriba.







Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 05-05-2012 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ ANDRADE: LETRAS GALEGAS 2012. ACTIVIDADES E RECURSOS
Con este Lim elaborado polo Seminario Galán para o 3º ciclo de Primaria podes aprender moitas cousas sobre o personaxe homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Preme AQUÍ para facelo en pantalla completa.







Aquí outro libro de actividades interactivas para que te convirtas nun expert@ na vida e na obra de Paz Andrade. Se queres facelo en pantalla completa preme AQUÍ







Premendo na imaxe de abaixo accederedes a todas as actividades interactivas preparadas polo Seminario Galán para todos os ciclos de Primaria e para E. Infantil. Seguro que o pasaredes ben e aprenderedes moito:




Desde o Ceip Nosa Señora de Xuvencos propoñen unha webquest moi interesante para traballar en grupo a figura de PAZ ANDRADE:



Podes acceder a moitos máis recursos e materiais sobre as LETRAS GALEGAS na ligazón do panel lateral:


Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 15-04-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
LOIS PEREIRO
Un traballo magnífico dos compañeiros/as do Ceip Laredo. Fai clic AQUÍ para acceder a todo o material sobre Lois Pereiro.



PARABÉNS POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!


Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 18-05-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Xente nova comprometida coa nosa lingua. Un exemplo a seguir:



Vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, elaborado polo alumnado do I.E.S. Fontem Albei.
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
SALVANDO AS NOSAS LETRAS

Este curso, entre os centros intregrados no PLAMBE, xurdiu esta fermosa iniciativa co motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Fahrenheit 451.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Aínda que, por cuestións organizativas, o noso Centro non puido participar nesta fantástica idea, queremos darvos a coñecer este precioso traballo, cheo de simbolismo, que pon en valor a nosa literatura e que xungue esforzos a prol das nosas letras e da nosa cultura. Os nosos parabéns a todos os centros participantes e ás persoas que, desinteresadamente, colaboraron, organizaron e coordinaron, conseguindo este espléndido resultado.

Estes son os libros "salvados" polos centros de Educación Infantil:



E estes, os "salvados" polos centros de Primaria:



Grazas especiais a Sabela, Mª Dolores, Charo e Jaime.

E AGORA TÓCACHE A TI: QUE LIBRO EN LINGUA GALEGA SALVARÍAS DA DESTRUCIÓN?

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO
No próximo mes de xuño verá a luz a novela gráfica  Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, obra de Jacobo Fernández Serrano, editada por Xerais e a Consellaría de Cultura. A través do blog de Xerais podemos acceder a un adianto de 24 páxinas que fan que xa nos tarde poder ter nas nosas mans a obra completa.



Fonte

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010
No blog da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística atoparemos moitos recursos e materiais acerca de Uxío Novoneyra para traballar nos diferentes niveis do ensino, tanto en Primaria como en secundaria. Moitos destes recursos foron elaborados en centros escolares galegos.
Este díptico informativo, do Seminario Galán, pode ser empregado polos centros incluindo o seu nome e logotipo na parte inferior da portada (preme para agrandar):



Preme AQUÍ para descargalo en Pdf
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO DE 2010: UXÍO NOVONEYRA
Como ben sabedes, hoxe, no día grande das nosas letras, agasallamos a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. Despois de semanas de traballo na escola sobre esta figura irrepetible da nosa literatura, despois de ler sobre a súa vida e a súa obra, despois de ter aprendido e recitado moitos dos seus versos, deixamos aquí, como un homenaxe máis, o vídeo realizado polo alumnado do IES Lagoa de Antela. Así explican no seu blog o proceso de creación: "Por fin o noso vídeo sobre Uxío Novoneyra! Tivemos que fragmentalo para non rebaixar en exceso a calidade.
Grazas ás alumnas do club de lectura de 1º de BAC que quedaron o mediodía do luns (Beatriz, Úrsula, Isabel, Mirian e Noelia), ao polifacético Pablo e aos músicos Cristian e Miguel.
Esquecemos especificar que unha peza musical "roubámoslla" a Carlos Núñez e que as imaxes da Guerra Civil están baixadas da rede."

O noso agradecemento e os nosos parabéns por tan excelente traballo.







¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 16-05-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
ACHEGÁNDONOS A UXÍO NOVONEYRA
Nesta semana de traballo arredor da figura de Uxío Novoneyra e do Día das Letras Galegas achégovos uns interesantes materiais elaborados en diferentes centros escolares.
Dende o ENDL do IES Elviña:

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...


uxío novoneyra 2mil10
Visto en GalegoXXI

Dende o CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo, unha presentación elaborada por tres alumnos de 5º de EP:
Visto en Escola de Ismaíl

Dende o ENDL do Ceip Otero Pedrayo, unhas unidades didácticas para E. Infantil e os tres ciclos de EP (preme enriba da imaxe):



Máis recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras: LETRAS GALEGAS 2010

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0