|
|
O MUNDO EN VERSO (WEBQUEST) |
|
 Unha moi interesante webquest para o terceiro ciclo de Primaria. Traballa a creación poética conducindo aos participantes pola poesía de autores como F.G. Lorca, A. Machado, R. Alberti,
G. Fuertes e Miguel Hernández.
Para acceder á WEBQUEST pica na imaxe
Outra WEBQUEST: "LEVÁMOSTE ONDE TI QUEIRAS", para o Primeiro ciclo de Primaria. Traballa os medios de transporte e resulta moi motivador e orixinal o seu plantexamento. (En castelán)
|
|
|
|
WEBQUEST |
|

Esta é unha webquest de iniciación que está deseñada para o segundo ou terceiro ciclo de E. Primaria. Trátase de buscar información na rede arredor dunha data: a do nacemento de cada un dos participantes. Pode resultar especialmente motivadora xa que os datos requeridos provocan curiosidade por teren unha relación directa co alumno.
O autor é Mario Aller (web de Ismaíl)
|
|
|
|
WEBQUEST: Viajando por los océanos |
|

Para os nosos traballos de investigación sobre o mar, unha nova webquest:
VIAJANDO POR LOS OCÉANOS (en castelán): para 2º e 3º Ciclo de E.P.
|
|
|
|
WEBQUEST |
|
Relación de webquest para traballar o proxecto interdisciplinar: "Descubre un mundo MARabilloso"
O FONDO DO MAR : Esta webquest está indicada para o alumnado de EI.
MARES Y OCÉANOS: 3º Ciclo Primaria
EL CICLO DEL AGUA: 2º Ciclo Primaria
ANIMALES ACUÁTICOS: 1º e 2º Ciclo Primaria
EL MUNDO DE LOS PECES: 1º e 2º Ciclo Primaria
DESCUBRE EL FONDO DEL MAR: 1º e 2º Ciclo Primaria
LIBERAD A FLIPER: 3º Ciclo Primaria |
|
|
|
Guía da Biblioteca |
|
A biblioteca é un lugar moi especial, un lugar onde podes atopar todo o que che interesa e que che permitirá viaxar no tempo e no espazo. É un lugar para o lecer, para a curiosidade, para a imaxinación? é un mundo por descubrir.
Poden facer uso da nosa Biblioteca os alumnos/as do noso Centro, así como as súas familias. Para ter acceso a tódolos fondos e servizos é necesario ter o Carné da Biblioteca que se entrega gratuitamente.
Na Biblioteca do noso Centro podes atopar libros, vídeos, DVDs, CD-ROMs, revistas e equipos informáticos con acceso a Internet para facer as túas consultas.
Os libros están organizados mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertencen. Os CD, DVD e CD_ROM están situados en estanterías específicas.
Os libros de ficción están clasificados por cores en canto ao nivel lector: lectores conta allea, primeiros lectores, lectores en marcha, lectores avanzados.
Os libros están ordenados, ademáis, por orde alfabética do apelido do autor.
Pódese acceder aos fondos vía internet xa que o noso catálogo está na rede de Bibliotecas Meiga
Cando collas un libro dunha estantería deberás ser coidadoso e deixar o resto ben colocados para non alterar a orde alfabética. Para devolver un libro deberás entregalo sempre ao bibliotecario e en ningún caso poñelo ti mesmo na estantería.
PARA NAVEGAR POR INTERNET:
A navegación por internet ten algúns perigos polo que debes seguir as seguintes recomendacións:
? Utiliza Internet en presencia do Bibliotecario.
? Nunca facilites os teus datos persoais: dirección, teléfono, nome e apelidos?
? Non se realizarán actividades que non teñan que ver coa busca de información. Non se entrará en Chats.
? Non entrar en páxinas web descoñecidas ou pouco fiables. Consulta co Bibliotecario.
|
|
|
|
Os nosos fondos |
|
Se buscas algún libro utiliza a seguinte ligazón e poderás ver os que hai na Biblioteca:
MEIGA |
|
|
|
|
|
|