¡¡Un caso digno de Mik Holmes!! Neste vídeo un grupo de rapaces teñen que poñer as súas neuronas a funcionar para librarse dun castigo que non merecían:
(Da páxina Leer.es)
Ola, nen@s!!
Estou moi contento porque xa hai moitos equipos dispostos a investigar e a recoller moita información para deixarme na biblioteca. Estes arroutados investigador@s xa teñen o seu "caderno de pescudas" para empezar canto antes. ¿E ti? ¿Aínda non fuches pola biblio? Se queres podes descargar o caderno AQUÍ.
Déixovos a carta que vos mandei para que poidades ler de novo as instrucións (preme no sobre):
Estas son as páxinas nas que podedes atopar a solución ás cuestións do caderno:
Estou abraiado coa cantidade de cousas que estades facendo no cole para o día 30 de xaneiro! ¡Que bonitas! Eu ando un pouco despistado, por iso preciso da vosa axuda. Eu quero saber moitas cousas e necesito investigadores e investigadoras aventureiras que me solucionen as miñas dúbidas. ¿Queres axudarme? ¡Corre á Biblioteca e alí infórmate de todo. Non tardes, estou impaciente por resolver as miñas preguntas. ¡Ven axiña!
O día 19 de maio, o alumnado de 2º de EP visitou a Biblioteca Central de Vigo, actividade para a Formación de Usuarios programada pola biblioteca do centro e que pertence ao programa "Vigo por dentro", conxunto de visitas didácticas que oferta o Concello.
Resultou unha experiencia moi satisfactoria para tod@s. Puideron ler, falar, tocar, escoitar... Alí descubriron libros fantásticos, que anotaron para pedirllos a Mik, e mesmo quedaron abraiados cando a bibliotecaria lles ensinou un libro para os que non lles gusta ler!! En definitiva, unha ocasión na que aprender convírtese nun auténtico placer.
Acabo de recibir unha carta do pirata Patapalo na que nos pide axuda urxente. A cousa é que debe averiguar o lugar onde está enterrado un tesouro fantástico para o que precisa da vosa colaboración, pois sabe moi ben que sodes uns excelentes investigadores. Envíanos unhas preciosas fotografías dunhas árbores marabillosas orixinarias dese misterioso país:
Poñamos a proba a vosa pericia buscando información en internet e a ver esas familias pensadoras que tal navegan pola rede. Aquí van algunhas pistas: - Estas especies son únicas no mundo
- Son orixinarias dunhas illas consideradas un dos poucos paraísos do planeta, onde unha porcentaxe moi alta da súa flora e fauna non existe en ningunha outra parte do mundo - Este lugar pertence a un país dos máis inseguros e perigosos do Oriente Medio. É un país islámico
Agardo que estas pistas sexan suficientes, ou precisades máis?? (claro que así xa seriades investigadores de menos estralos...)
Despois da visita de MIK HOLMES á aula de 1º de EP para recoller os resultados das últimas investigacións, agora déixanos unha proposta para investigar empregando outra fonte de información. MIK quere saber máis sobre un animal que lle gusta moito: o elefante africano. Preme na imaxe do elefante e sigue as instruccións de MIK. Cando remates serás un expert@!. Deixa os resultados das túas pescudas na biblioteca, MIK estará moi contento!!
PREME NO ELEFANTE PARA COMEZAR A TRABALLAR!!
E aquí tendes os resultados das investigacións anteriores, que xa forman parte dos fondos da biblioteca, na sección "PRODUCCIÓN PROPIA":
Xa estamos no entroido!! Xa andamos a pensar en festas e disfraces e en pasalo moi ben pero, que sabes sobre as tradicións propias destas datas? Despois de ter superada a "caza do tesouro" pon a proba os teus coñecementos co seguinte cuestionario e averigua se es un auténtic@ "investigador/a"
Xa está aquí!!
Outra vez chega MIK preparado para investigar contigo! Quere saber máis sobre os animais que aparecen na "Roseira do teu mencer" de X. M. Álvarez Blázquez. Recolle o teu caderno de investigación na Biblioteca e consigue MIKOPUNTOS!!
Tamén podes descargar AQUÍ os teus caderniños de investigación.
Nas seguintes ligazóns atoparás os recursos que necesitas para resolver todas as cuestións:
Investiga para saber máis sobre o DíaInternacional do Libro coa seguinte Caza do Tesouro. Proba despois as túas dotes de escritor/a escribindo unha historia sobre o tema proposto na actividade. Seguro que o pasarás moi ben e aprenderás moitas cousas interesantes.
Esta actividade foi elaborada polo Ceip Os Campanales (Las Lagunas).
Para 2º e 3º Ciclo de E. Primaria.