Así traballamos na sesión semanal da biblioteca:
FORMACIÓN DE USUARI@S NA BIBLIOTECA on PhotoPeach
E aquí están os nenos e nenas de 2º de EP traballando na biblioteca co seu libro de lectura do itinerario lector programado para este curso, El tren saltamontes, de Alfredo Gómez Cerdá. Podedes ver a crónica da actividade no seu blog de aula:
Hoxe, o noso amiguiño MIK fixo entrega dos carnés de INVESTIGADOR/A TOTAL! aos nenos e nenas do centro que conseguiron todas as lupas cos traballos de investigación (e foron moitos!!). A nosa mascota e os seus estupendos axudantes percorreron as aulas e fixeron a entrega dos carnés e dos agasallos mentres aplaudíamos sen parar. PARABÉNS a todos/as polo esforzo e polos fantásticos traballos que fixestes durante todo o curso.
O venres, 18 de marzo, finalizou o plazo de entrega dos traballos de investigación sobre os xornais. Durante todos estes días o alumnado traballou arreo para completar os seus caderniños de pescudas, cos que aprenderon moitísimas cousas sobre as noticias, o estilo periodístico, os xornais do mundo, algunhas curiosidades?
Desde o comezo da actividade puideron visitar unha pequena exposición con xornais de todo o mundo, incluso puideron ver un de Xordania!
Preme na imaxe para ver máis
Os grupos de alumnado visitaron a exposición e xogaron a adiviñar o país ao que pertencían todos aqueles xornais. Que difícil foi para os máis peques!
Preme na imaxe
Despois tocou traballar:
Os nenos e nenas de Infantil buscaron titulares de noticias para contar aos compañeiros/as e ilustráronnas moi ben:
Preme na imaxe
Os nenos e nenas de Primaria investigaron, investigaron, investigaron..., na biblioteca, en internet, nos xornais...
Preme na imaxe
Agora só queda que cheguen os Mikopuntos mentres disfrutamos da satisfacción de ter aprendido moito realizando un traballo FANTÁSTICO!!! PARABÉNSATODOSOSNENOSENENAS!!
Tal e como nos prometeu a última vez, Mik Holmes regresa para poñer a proba de novo as nosas dotes detectivescas. Cando chegamos ás clases atopamos a mensaxe de Mik solicitando a nosa axuda urxente. E todo porque o seu amigo Xerónimo Stilton lle contou moitísimas cousas interesantes do seu oficio. E, claro, xa sabemos o curioso que é o noso ratiño. Así que, aproveitando que pronto será a semana da prensa, todos os nenos e nenas do cole están dispostos a investigar para completar os cadernos de pescudas que nos deixou Mik:
AQUÍ tes toda a información sobre a actividade. Tamén podes acceder a ela en calquera momento a través da ligazón do panel lateral "Investiga con Mik", onde atoparás todas as propostas de MIK:
Todas as semanas o alumnado de EI acude con entusiasmo á biblioteca para facer multitude de divertidas actividades. Encántalles visitar a "casa de Mik" e coñecen moi ben as normas da biblioteca. Están moi atentos nas sesións de contacontos que lles prepara a profe e realizan con moito interés os traballos de formación de usuarios/as. E para mostra aquí vos deixo aos nenos e nenas de 5 anos preparando os seus marcadores da biblioteca (se pasas o cursor pola imaxe poderás ver os detalles ampliados):
Desde Xiralibronofleming chegan máis actividades LIM para traballar a Formación de Usuarios/as. Nesta ocasión poderás aprender dun xeito divertido as diferentes partes dun libro, tanto no exterior como no interior.
Para reforzar o que estades aprendendo sobre a biblioteca, déixovos unhas actividades moi divertidas sobre a CDU, elaboradas por Lupe González e Luz Díaz. Preme na imaxe para empezar:
¡Que contento estou! Xa pronto vou saber moitas cousas sobre o Apalpador porque todos os nenos e nenas do cole andan a investigar para responder ás miñas preguntas e completar os cadernos de pescudas. Por iso eu xa teño preparados os Mikopuntos para agradecerlles tanto esforzo. ¿Queredes velos en acción? Pois mirade, mirade...
Hoxe tivemos unha mensaxe urxente do noso amigo Mik. A cousa é que estando tan próximo o Nadal, este ratiño curioso pídenos axuda para unha investigación. Se queres, podes ler a súa mensaxe premendo no sobre:
Tamén nos deixou uns cadernos de pescudas moi chulos para que vaiamos recollendo os resultados das nosas averiguacións:
(Fai clic en open publication para velos máis grandes)
E o mellor de todo é que, ademáis de convertirnos en estupendos investigadores e investigadoras, poderemos conseguir unha morea de Mikopuntos!!!
No panel lateral da esquerda hai unha ligazón permanente para acceder a toda a información, normas e recursos das actividades de investigación propostas pola biblioteca:
Pois agora só nos queda poñernos en marcha e... A INVESTIGAR!!!
Gracias aos amig@s de Lecturo Literaturo coñecemos esta estupenda páxina que vos axudará a navegar seguros pola rede. Tamén hai consellos para papás, para mamás e para profes. E agora, ¡a navegar con rumbo polo ciberespazo! (Preme na imaxe) E para rematar podes pasar un ratiño moi divertido con estes xogos: