Este é o primeiro curso que decidimos elaborar un calendario para agasallar ás familias polo Nadal. Por suposto coa temática do mar. Cada nivel encargouse dun mes co seu tutor/a e ademáis colaboraron os profesores especialistas co seu grupo de alumnado. Como "investigación" decidimos recoller refráns, ditos, frases feitas... que relacionasen o mar e a vida dos mariñeiros cos meses do ano. Algún grupo mesmo inventou un pareado ao xeito de refrán:
Xaneiro: "a sardiña de xaneiro non quere ao mariñeiro" Febreiro: "febreiro, febreiriño, do mar disfrutamos pouquiño" Marzo: "en marzo da praia podes gozar se a axudas a coidar" Abril: "solla de abril, déixaa ir" Maio: "Dende que ven o cuco, fóra o pulpo" Xuño: "Polo San Xoán, a sardiña pringa o pan" Xullo: "Golfiño que salta, trae o vento e a calma espanta" Agosto: "A brisa do mar quítalle ferro ó sol" Setembro: "Por San Miguel, a sardiña non presta ben a ninguén" Outubro: "A faneca e a solla, na caída da folla" Novembro: " There are finer fish in the sea than have ever been caught" Decembro: co pareado "coa lectura navegando, o ano vai rematando" acaba o noso calendario. Inclúese tamén un texto de Jules Verne que nos provoca curiosidade e cecais máis ganas de seguir lendo.
E así, co traballo de tod@s @s artistas que temos no cole, conseguimos un agasallo estupendo para todas as familias.
Parabéns a todos os rapaces e rapazas do Mestres Goldar.
O Equipo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca, está a promover unha campaña en favor do uso do galego baixo o lema "En galego pode ser... TODO!".
Elaboráronse carteis alusivos ao tema, que agora están expostos polos pasillos do Centro. Podedes velos AQUÍ