|
|
ADIVIÑA 30 |
|

Se me les do dereito
verás que son animal;
pero se do revés me les
serei entón vexetal.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 29 |
|
Un mozo entrou pola porta
con trescentas follas postas; trescentas follas e un ramo. Non adiviñarás neste ano, nin tampouco o ano que vén, agás que cho diga alguén.
PISTA:
Fouce no rabo e serra na testa: que cousa é esta?
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 28 |
|

Alto pin pin,
ruín cabaleiro:
pégalle a risa,
e solta o diñeiro.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 27 |
|
¿Que cousa cousiña é
que pasou o río
sen mollar o pé?
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 26 |
|

Debaixo da ponte
hai moitas damas
de verde vestidas
que brincan e saltan.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 25 |
|

Polos penedos arriba,
verde esmeralda,
rabo rabelo,
pata estirada,
corre que corre,
mociña calada.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 24 |
|

Vence ao tigre e ao león,
vence a homes e mulleres,
vence ao touro embravecido
e a todos deixa vencidos
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 23 |
|
Dende a terra vou ao ceo
e dende o ceo hei volver;
son a alma destes campos
porque os fago florecer
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 22 |
|
Dou ao ceo resplandores
cando para de chover:
son un abano de cores
que non poderás coller
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
ADIVIÑA 21 |
|

Máis alto que un piñeiro,
polo aire vai lixeiro,
nin é paxaro,
nin é nubeiro.