|
|
PENSA QUE TE PENSA... |
|
Ola, colegas!! Hoxe veño propoñervos un xogo: poñede a traballar o cerebro e tentade averiguar a solución das ADIVIÑAS que aparecerán no Recanto. Se es un bo "adiviñador/a" e consegues ser o primeir@ en dar coa resposta gañarás UN Mikopunto. Estade moi atent@s porque o xogo comeza a semana que ven.
Xa sabes, ánimo e... a cavilar!! Ah!!, non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta.
Preme na imaxe de abaixo para ver a convocatoria do concurso e as distintas modalidades nas que podes participar:
|
|
|
|
CONCURSO DE ADIVIÑAS |
|
Ola, colegas!! Hoxe veño coa miña amiga Pinguiña para propoñervos un xogo: pon a traballar o teu cerebro e tenta averiguar a solución das adiviñas que che deixaremos no Recanto. Se es un bo "adiviñ@" e consegues ser o primeiro en dar coa resposta gañarás 1 Mikopunto. Ánimo e... A PARTICIPAR!!
A primeira aí vai:
Longo como unha rúa,
rebuldeiro coma un meniño,
cantareiro como un paxaro
e torto como un fuciño.
Quen son?
É MOI FÁCIL!!!
|
|
|
|
PENSANDO, PENSANDO... |
|

Para facer traballar un pouco as neuronas Papá Noel proponche que xogues a adiviñar un número en menos de dez intentos. Anímate, é doado!! (preme na imaxe de abaixo para empezar)
Visto en Crea y aprende con Laura
|
|
|
|
O CASO DA PONTE VELLA |
|

Bueno, pois na fin de semana toca descansar, ler, pasear, xogar e... CAVILAR!!
Isto ocorreulle ao meu bo amigo RILLABOLOS que aínda hoxe relata con asombro o acontecido, sorprendido de sobrevivir a aquel suceso:
Ía eu conducindo o meu camión por terras doutro país cando ao tentar cruzar unha ponte vexo un cartel advertindo que só soporta ata mil Kilos e que se derrubará irremediablemente no caso de superar ese peso. Que sorte!, penso, o meu camión pesa exactamente mil Kg!, e emprendo a travesía. Por culpa da miña mala fortuna, estando xa na metade da ponte, vexo como cae enriba do meu vehículo a pluma dun paxaro. Meu Deus, que horrible desgraza! Cando pensaba que me precipitaría ao vacío entre os cascallos da ponte decátome de que esta non se derruba.
CAL FOI A CAUSA DE QUE A PONTE NON CAERA??
Seguro que axiña resolveredes o quebracabezas do meu amigo que dende aquela non para de matinar no asunto, di que agora sempre viaxa a pé e ata perdeu o apetito por non ter dado coa solución.
A PENSAR!!
|
|
|
|
PATALATA EN APUROS |
|
O Pirata Patalata mandoume unha carta urxente porque ten que resolver estas adiviñas para averiguar a clave coa que descifrar o mapa do tesouro. Este pirata é de pouco pensar porque vexo que son ben faciliñas e que non tardaredes en atopar as respostas.
A primeira é unha adiviña tradicional que xa me contaba a min o avó Ratovello:

Se unha botella de viño custa coa cortiza 11? e a botella custa 10? máis que a cortiza, canto custará a botella soa?
A outra tamén é sinxela:
Trazando unha soa liña debes conseguir que a seguinte igualdade sexa certa. 
Conseguiralo?
5 + 5 + 5 = 550
Non vos queixaredes, eh?
Comeza a conta atrás: PREPARAD@S, LIST@S, XA!!!
|
|
|
|
A MÁQUINA DOS CARAMELOS |
|
A profe Cristina contábame o outro día o problema que ten a súa veciña na tenda de lambetadas para ver se vós sodes capaces de axudala. O caso é o seguinte:
Cando chegaron os distribuidores de chucherías para repoñer os produtos que necesitaba, a tenda estaba a piques de cerrar polo que encheron a máquina expendedora de caramelos a toda présa e, claro, como as présas nunca son boas, colocaron mal as tres etiquetas que indicaban os sabores dos caramelos. Cando a dona se deu conta da desfeita non podía abrir a máquina pois ela non tiña a chave.
Así deixaron a máquina:
Se sabemos que nun dos recipientes hai caramelos de fresa, noutro de menta e no outro hai dos dous tipos (misturados), cal é o menor número de caramelos que terá que quitar para poder colocar ben as etiquetas? VEÑA, A PENSAR!!!
Claro que a señora non tería ningún problema se tivera máquinas con recipiente de cristal (recomendarémosllo cando saia deste apuro!)
 
|
|
|
|
O CONTRASINAL |
|
O plantexamento deste enigma require que te poñas en situación. Imaxina unha rúa en Chicago, anos 20, cando os gánsters campaban ás súas anchas... Ti es un sufrido policía que te atopas investigando, xunto con outros compañeiros, a unha banda de delicuentes que se reúnen nun local ben custodiado onde fan negocios fóra da lei. Dende un coche camuflado vixiades a entrada ao local. Queredes infiltrar algún axente, pero non coñecedes o contrasinal. Nese momento chega un cliente, chama á porta e dende o interior dinlle: 16. O cliente responde: 8. A porta ábrese e accede ao interior. Os policías sorrín, cren ter a resposta pero deciden esperar. Vén outro cliente. Dende dentro dinlle: 8. El responde: 4. A porta ábrese. - Xa o temos, di o teu xefe, trátase de responder a metade do número que che din dende dentro. Chega outro cliente. Alguén di: 14. O cliente contesta: 7. A porta ábrese. - Vedes??, non hai dúbida! -volve dicir o policía. Entón deciden enviar a un axente. Este, moi confiado, chama á porta. Dende dentro óese: 6. O policía contesta convencido: 3. Pero a porta non se abre. Óese un refacho de disparos e o policía morre. Por que?

Antes de responder pensa que ti es o seguinte policía que irá chamar á porta dos delincuentes e se fallas...
QUE A SORTE TE ACOMPAÑE, AXENTE!!
|
|
|
|
LEÓNS OU CROCODILOS? |
|
Bueno, bueno... A ver se acertades este enigma tan rápido como os anteriores. Esta é unha historia que me contaban a min cando era coma vós:
Había unha vez un rei moi estricto coas leis do seu país e naquel momento había unha que prohibía aos seus súbditos ler libros (vaia lei!!!). Todos os habitantes do reino cumplían aquel mandato pois sabían que doutro xeito as súas vidas corrían perigo. Sin embargo, un home moi sabio, non podendo resistir a tentación, foi sorprendido cun libro entre as súas mans polo que foi levado ante o rei. O rei díxolle:
- Por teres incumplido a lei serás condeado a morte. Non obstante, poderás dicir unha frase. Se esta frase resulta verdadeira serás comido polos leóns; se a frase resultara falsa, serás comido polos crocodilos.
O vello sabio meditou un momento e a continuación pronunciou a frase e, para sorpresa de todos os presentes, conseguiu salvar a vida.
Cal foi esa frase que logrou burlar a cruel condea do rei?
|
|
|
|
O CASO DOS NENÚFARES |
|
Como vexo que sodes moi intelixentes e que non se vos resisten os enigmas, aquí vos deixo outro:
Un home deixa un nenúfar nun estanque o 1 de Xuño. Esta planta reprodúcese de tal xeito que cada día hai o dobre que o día anterior. Se o estanque queda totalmente cuberto de nenúfares o 30 de Xuño, que día estaría cuberta xustamente a metade do estanque?
E... A PENSAR!!!
|
|
|
|
CONCURSO DE ADIVIÑAS |
|
REMATA O CONCURSO DE ADIVIÑAS POR ESTE ANO!!
Durante varios meses MIK propuxo adiviñas cada semana e moit@s nenos e nenas demostraron ser uns grandes "adiviñadores". Así quedou a clasificación:
1º.- ABEL GARCÍA (2º): 10 mikopuntos
2º.- UXÍA DAVILA (5º): 5 mikopuntos
3º.- ROSA: 4 mikopuntos
4º.- UXÍA COMESAÑA (5º): 3 mikopuntos
4º.- VANESA (5º): 3 mikopuntos
5º.- EVA CRISPÍN (5º): 2 mikopuntos
5º.- RUBÉN: 2 mikopuntos
6º.- CLAUDIA (1º): 1 mikopunto
6º.- SANDRA COMESAÑA (2º): 1 mikopunto
6º.- CLAUDIA LÓPEZ (2º): 1 mikopunto
6º.- JIMENA (1º): 1 mikopunto
PODEDES RECOLLER OS VOSOS MIKOPUNTOS NA BIBLIOTECA
|
|
|
|
|
|
|