Co gallo da celebración do SAMAÍN, durante esta semana MIK organizou na biblio as XORNADAS DE CINE DE MEDO. Cada curso baixou á biblioteca e gozou e tremeu coas estupendas películas seleccionadas: HOTEL TRANSILVANIA2, FRANKENWEENIE e PESADILLA ANTES DE NAVIDAD.
O luns atopamos nas portas das aulas unha tétrica mensaxe de Mik emplazándonos na biblioteca para ver a exposición temática sobre o Samaín e para retarnos a introducir as mans nunhas espeluznantescaixas con sorpresas terroríficas. Como sempre, os nosos nenos e nenas aceptaron sen dubidar e atrevéronse coas caixas misteriosas:
Despois asistimos á sesión de cine dispostos a pasar moooooito medo:
Foi XENIAL!!! GRAZAS, MIK!!!! Máis fotos AQUÍ E se aínda queres seguir festexando o SAMAÍN podes pasalo de medo cantando e bailando cos seguintes vídeos:
O venres, 27 de outubro, celebramos por todo o alto a reapertura da nosa biblioteca. Baixo o lema "UNHA BIBLIO DE CINE" festexamos ao estilo máis hollywoodiense a estrea de "PELICULETRAS". As nosas pequenas grandes estrelas posaron na alfombra vermella co ÓSCAR que eles mesmos outorgaban á súa lectura favorita, mostrando eses libros a fotógrafos e xornalistas. A xornada resultou emocionante e divertida e, con ilusión e entusiasmo, demostraron que a biblioteca e os libros teñen moito protagonismo nas vidas dos nosos nenos e nenas.
A historia comezou hai varios días cando todas as aulas recibiron unha carta do noso amiguiño MIK onde nos convidaba a participar na festa e nos daba as consignas para que a actividade fora mooooi cinematográfica.
Chegado o día, cada grupo de alumnado tiña asignada a hora da visita á biblioteca, onde puideron ver a exposición de novidades, a exposición temática sobre o cine, recolleron as mochilas viaxeiras que comezarían ese mesmo día a súa andaina polos fogares do alumnado e, ademais, atoparon un doce e agarimoso agasallo de benvida do noso querido MIK. E, por suposto, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil e todos aqueles que se incorporaron ao centro este curso recibiron a súa flamante carpeta da biblioteca co seu carné de usuari@
Despois acudiron ao salón de actos para presentarse ante as cámaras caracterizados de personaxes de películas e exhibindo o seu libro favorito. Tod@s estaban guapísimos!!!!
Aínda estamos recompilando as fotos de todo o alumnado que recollen cada momento deste día. Irán aparecendo NESTA LIGAZÓN