Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial".
Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Se queres participar podes ler as bases AQUI
Dentro das actividades programadas dentro do noso proxecto documental, o alumnado de 3º e 4º de EP estivo hoxe no Centro de Visitantes Cambón, onde gozaron dunha magnífica experiencia que os achegou aos tesouros naturais que acolle o Parque Nacional das Illas Atlánticas. As tres monitoras que atenderon aos nenos e nenas fixeron un estupendo traballo propoñendo xogos e actividades moi interesantes arredor dos diferentes núcleos de información sobre os arquipélagos. PARABÉNS e MOITAS GRAZAS por descubrirnos un mundo marabilloso
Aquí están os fantásticos traballos que fixestes en colaboración coas vosas familias. Moitísimas grazas a tod@s polo voso entusiasmo e a vosa implicación nas propostas da biblio. A vosa colaboración e o voso apoio dános pulo para seguir traballando co obxectivo de conseguir que a lectura sexa un valor fundamental na vida dos nosos nenos e nenas.
A semana pasada recibimos nas aulas unha carta de MIK!!! A verdade é que estamos un pouco preocupados porque non sabemos onde está nin que anda argallando. Non o atopamos pola biblioteca nin o temos visto polo cole facendo das súas falcatrúas. Xa estamos desexando que chegue o Día das Bibliotecas Escolares pois na súa carta falábanos de moitas sorpresas superdivertidas. Agardamos que para ese momento el xa estea de regreso de quen sabe onde e que a festa de reapertura da biblio sexa tan chula como nos anos anteriores. Claro que vós e as vosas familias tamén teredes que colaborar e facer esa tarefa "vigorizante" que vos encomendou o noso ratiño. Seguro que serán uns traballos fantásticos!!!
Aquí tendes algunhas fotos
Se queredes ler de novo a carta de MIK e as normas para participar na convocatoria, facede clic nas imaxes de abaixo
Desde o xoves hai na entrada do cole uns carteis cunhas preguntas de MIK sobre un personaxe: AID. Xa sabes quen é? Se o averiguas podes participar no concurso escribindo a resposta e meténdoa na caixa de correo de MIK. Se aínda non o fixeches mira na entrada de abaixo para informarte. Dáte présa pois axiña rematará o concurso!!!
ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE AID:
En xuño de 2012 publicou Rapoemas, un libro-disco que versiona a ritmo de rap e música urbana clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Curros Enríquez ou Álvaro Cunqueiro.
En xuño de 2014 recibiu o premio "Xeración Viguesa".
É xogadora de tenis desde 2004.
Exerce de locutora de radio e eventualmente de reporteira nunha televisión local.
Hoxe no panel da biblioteca apereceron dous retos sobre unha persoa. Eu pensei que ía ser un reto moi difícil pero algún de vós, que andades moito polo Recanto, axiña destes coas respostas correctas. Que list@s sodes!!! Pero seguro que aínda queda algún de vós que lle anda dando ós miolos.
Pois VOUVOS AXUDAR!! Se queredes averiguar cousas sobre AID premede AQUÍ.
Andadelixeir@s porque moitos nenos e nenas xa deixaron as súas respostas!!!
VIGO EN MARCHA!!Dentro das actividades planificadas arredor do PDI sobre a nosa cidade, o departamento de EF organizou a visita ao noso centro de varios representantes da Escola Municipal de Tenis de Mesa, no que xoga Natalia, unha ex-alumna do colexio.
A actividade ía dirixida ao alumnado de 2º a 6º de primaria. Primeiro estivemos moi atentos ás explicacións e á demostración que nos fixeron. Despois tivemos a ocasión de demostrar as nosas habilidades. PASÁMOLO XENIAL!!
Podedes ver máis fotos na Web do centro E aínda quedan moitas sorpresas!!!