O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REMATA A SEMANA DAS ARTES
Hoxe rematou a SEMANA DAS ARTES na que poidemos gozar das habilidades artísticas do alumnado do noso centro. Despois dunha primeira xornada de música interpretada con distintos instrumentos, chegaron os bailes e as cancións... A CAPELA!! Non se pode pedir máis!! Pero tamén tivemos convidados especiais que nos trouxeron unhas estupendas obras de teatro: o Ceip Lope de Vega ("Coma ti") e o Ceip Emilia Pardo Bazán ("Os teus paxaros na miña cabeza". Como vedes, unha SEMANA DAS ARTES excepcional. MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

Comentarios (8) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 19-06-2014 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A SEMANA DAS ARTES
Hoxe comezou a "Semana das artes" cunhas espléndidas actuacións do alumnado do centro. Unha vez máis queda demostrado que no noso cole "hai madeira". Como aperitivo entregáronse agasallos e diploma aos axudantes da biblioteca deste curso, que fixeron un magnífico traballo durante todos os recreos. GRAZAS, RAPACES E RAPAZAS!!
A continuación gozamos da música interpretada por Estela e Noemí (violín), Anxo (zanfona), Aixa (clarinete), Aroa (trompeta) e Alex (guitarra). Uns auténticos artistas!! PARABÉNS a tod@s! Fixéstelo xenial!!
ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 16-06-2014 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
CON MOITA ARTE!!
Non se pode ter máis arte!! Estamos entusiasmad@s coas habilidades artísticas do noso alumnado que hoxe volveron quedar patentes nas actuacións que nos brindaron nesta xornada da Semana das Artes. Por se fora pouco, tamén gozamos da gratísima sorpresa de contar entre os artistas con Pepe, o avó de María e de Anxo, que nos deleitou cunhas magníficas pezas de música tradicional galega. MOITÍSIMAS GRAZAS!! Aquí vos deixo o vídeo e as fotos deste espectáculo variadísimo que nos encandilou a tod@s:




VER ÁLBUM FOTOS

Se queredes podedes acceder a máis información na web do cole (preme na imaxe de abaixo):



Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 13-06-2013 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
A TODO RITMO!!
Continuamos coa Semana das Artes e hoxe estivemos rodeados de bo ritmo. Os nenos e nenas crearon e bailaron complicadas coreografías que entusiasmaron ao público. Con moita arte encheron de espectáculo o escenario demostrando, novamente, que neste cole hai moito talento. Aquí vos deixo o vídeo e as fotos dunha xornada "moi movida":




VER ÁLBUM FOTOS
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 12-06-2013 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
O PLAN XERAL
Hoxe tocoulle ao alumnado de 3º de EP ser os protagonistas da Semana das Artes cunha simpática obra de teatro titulada O PLAN XERAL, que representaron de marabilla. Fixérono tan requeteben que mesmo semellaban auténticos profesionais, uns pequenos grandes actores e actrices que encandilaron ao público que aplaudiu a rabear. NORABOA RAPACES!!!

Aquí vos deixo o vídeo para que gocedes desta actuación cando queirades:

Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 11-06-2013 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANZAS: A MENSAXE DO REI
Unha obra de teatro representada polo alumnado de 4º de EP para a Semana das Artes, baixo a dirección do seu titor Antonio Aires González. UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!! PARABÉNS!!


Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 01-05-2013 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
NON SE PODE TER MÁIS ARTE!!
Aquí hai madeira!!



Un montón de fotos AQUÍ

Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 23-06-2012 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
QUE ARTE!!
Continuamos coa SEMANA DAS ARTES disfrutando moitísimo co saber facer deste alumnado tan artista. Onte tivemos unha divertidísima sesión de baile protagonizada polo alumnado de 3º de EP que engaiolou ao público que acabou bailando con eles. E hoxe, unha magnífica actuación dunha parella de cuarto que mesmo semellaban auténticos profesionais. PARABÉNS A TOD@S! MENUDOS ARTISTAS!

E AQUÍ están as fotos.

QUE BEN BAILARON ESTES NENOS E NENAS!
Se queres ver o ben que se moven os nenos e nenas de terceiro, AQUÍ hai moitas fotos.

O ALUMNADO DE E. INFANTIL RECIBIU TAMÉN O SEU DIPLOMA OLÍMPICO E O SEU AGASALLO:

Se queres ver as fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 20-06-2012 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0