ROSA CARAMELO, un conto para reflexionar sobre as actitudes manifestamente discriminatorias coas nenas e a posibilidade de acabar con ese tipo de comportamentos (clic na imaxe): E unha webquest para traballar a coeducación co alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria:
Neste día para a reflexión, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria acudiu á biblioteca para participar nunha actividade de concienciación ante unha terrible realidade que sufren algunhas persoas: a violencia de xénero.
Despois de cantar a canción de Andaluna e Samir, viron o conto "Una feliz catástrofe" que serviu de introdución a un coloquio no que se falou de igualdade, de familias, de colaborar... Todos/as querían intervir para expresar a súa opinión ou contar as súas vivencias.
Sorprende o atinado dalgúns comentarios e a claridade e convencemento con que moitos deles expoñen o seu punto de vista.
Resultou unha sesión moi proveitosa na que tod@s puideron manifestar o seu propósito de traballar a favor da igualdade de xénero.
25DENOVEMBRO: NONÁVIOLENCIADEXÉNERO Con este símbolo que nos chega dende o Ceip de Pazos, as bibliotecas escolares de Galicia queremos expresar o noso máis profundo rexeitamento ante calquera actitude violenta ou discriminatoria por razóns de sexo ou de calquera outro tipo. Vivir e educar en igualdade é a base dunha sociedade máis xusta.
Webquest pensada para Terceiro Ciclo de Primaria co obxectivo de traballar e reflexionar sobre a violencia contra as mulleres aproveitando a celebración do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.A orixe do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, remítenos á historia de Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, tres loitadoras sociais que son un símbolo indiscutible da valentía das mulleres. Coñece a súa historia:
UNA FELIZ CATÁSTROFE: este conto é unha boa ferramenta didáctica para axudar aos nenos e nenas a reflexionar sobre la desigualdade do reparto das tarefas domésticas.
ROSA CARAMELO Para reflexionar sobre as actitudes manifestamente discriminatorias coas nenas e a posibilidade de acabar con ese tipo de comportamentos
Un número terribleNo que vai de ano morreron 69 mulleres víctimas da violencia machista, segundo os datos da Delegación do Goberno contra a violencia sobre a muller
Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar. Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este. Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante. Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas. Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira. Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica? contra as mulleres para conseguir os seus propósitos. Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas. Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .