O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Renda vs Rueda


O óleo de Francisco LLoréns que debería chamarse "O Cristo de Renda" en vez de "O Cristo de Rueda" atendendo a inscrición "A DOM DE RENDA AÑO 1727" que se atopa no cruceiro ao que fai referencia o cadro

Escolma dunha crónica de José Lesta Meis sobre o pintor Francisco Lloréns, o poeta da paisaxe.
...Dixérase que a Nosa Terra, celosa das súas marabillas, non as ensina máis que aos seus. Aos que en ela naceron e no seu regazo soñaron.
Por iso ten que ser galego ou vivir aquí moitos anos, queréndoa, o artista que desexa interpretala. A nosa Galiza hai que conquistala con amor, para que se entregue aos ollos forasteiros. Por iso, Sorolla e outros desesperaron da súa conquista. Non é para chegar, ver e facer. E para vivir nela, estudala e seguila nos seus caprichos. E para saír varios días co cabalete e os pinceis e volver sen facer nada. E para desfacer nunha hora o que era labor de varios días. E volta a comezar. Sempre con calma. Sempre con gusto. Sempre con amor. Isto só o pode facer quen leve na alma o sentimento íntimo de que chegará o momento de que a "gran coqueta", convencida que a queren e a buscan, entréguese.
A Francisco LLoréns, ofréceselle todo o seu esplendor emotivo, en toda a súa exaltación estética. Diante do seu cabalete insigne pon as súas mellores galas, gozando verse tan ben comprendida, tan ben interpretada, tan ben sentida...

Eco de Galicia : revista ilustrada e de información da colonia galega en Cuba: Ano VII Número 180 - 1922 decembro 3

Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.
Francisco LLoréns
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 21-08-2020 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0