O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1959


1959 Annuntio vobis gaudium magnun.Habemus Meniño,habemos Kind of blue, habemus Jazz. Nacín con kind of blue, o disco máis importante do jazz e unha das grandes obras da música de tódolos tempos. O disco consta de cinco temas compostos e interpretados por Miles Davis, que para os non iniciados no jazz pode resultar difícil de escoitar, xa que esta composto con unha serie de improvisacións en escalas, chamadas modas, o cal da lugar a un desequilibrio auditivo que fai esquecerse da harmonía do tema. Pois para celebrar o noso cumpreanos vou contribuír a máis doada audición do disco baseándome no pé na porta, técnica de manipulación descrita por uns psicólogos franceses, que consiste en facer unha demanda pouco custosa que probablemente sexa ben aceptada, para posteriormente solicitar algo que de principio sería inaceptable. Escoita o primeiro tema varias veces, logo o segundo e así sucesivamente, para despois facelo de corrido e gozar desta obra de arte. ¿ cantas veces? Ah?. Un exame.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 30-08-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
O xílgaro colorín


Xílgaro Colorín

Ola cómo estás ?, ola, ola? soaría imitando a voz humana o xílgaro colorín si este foxe loro e tivera esta facultade, pero non era loro, era simplemente un xílgaro. Contábame Eulogio, un pamplonés residente en Motril, que o xílgaro colorín era fillo de nai canaria e que tan fino e adornado tiña o canto e tan limpa era a súa multicor plumaxe que foi envexa de todos os que o coñeceron. Peteiraba o xílgaro colorín dunha améndoa que era sostida na boca de María de los Angeles, muller e compañeira inseparable de Eulogio, e obedecía as ordes de limparse as patas con xesto coqueto. Definían os seus donos o xílgaro colorín como descarado e presumido. Un día visitaron a parella uns amigos da infancia e tan enfeitizados quedaron estes do trino e atributos do paxaro que, aínda sabendo que non ía ser doado afacerse a súa ausencia, agasallaron-llo os seus amigos. Emprendeu, o xílgaro colorín, o desterro do seu Motril natal, engaiolado, viaxou a un lugar de Grecia, privado da súa liberdade esencial e dos coidados dos seus agarimosos donos, pasou os derradeiros días en solo helénico, quizais o seu canto nunca foi máis.
O 27 de novembro de 1979 un aparello Mirage F1 despega da base aérea de Los Llanos (Albacete) ía como misión militar o encontro dun eco non identificado nos radares sobre os ceos de Motril. O piloto a través dos cascos escoitou no canal 11 da UHF unha misteriosa voz que dicía ? Ola cómo estas?, ola, ola?Sería un loro colorín, colorado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0