O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mirador de Samieira


O Miradoiro de Samieira foi construído no ano 1929 dentro dos proxectos que o " Patronato Nacional de Turismo " ( 1928- 1936) organismo español predecesor da " Dirección General de Turismo " (1938 - 1951) e do " Ministerio de Información e Turismo" (1951 - 1978). Estes organismos terían coma fin, manter, restaurar e promocionar o patrimonio para dalo a coñecer tanto dentro coma fora de España. O PNT foi creado polo rei Alfonso XIII en 1928 nomeando como presidente a D. Diego Losada, marqués de Santa María del Villar, cargo que este non aceptaría, mais pola contra, deixaríanos un legado dun amplísimo e importantísimo arquivo fotográfico. Nestes primeiros anos de maior presuposto do PNT foi cando se lle encargou o deseño e construción do Miradoiro de Samieira ao enxeñeiro militar José de la Gándara Cividanes, nado en Vigo en 1880, que gozaba dunha gran cualificación profesional naqueles anos ata que no ano 1931 pasa á situación de reserva pola chamada Lei Azaña. En 1930 o afamado fotógrafo pontevedrés Joaquín Pintos toma unha serie de fotos no Miradoiro coa Ría como fondo, que son publicadas na revista gráfica "Vida Gallega". No 1931 turistas británicos desembarcados en Vilagarcía desprázanse ata Samieira para ollar a Ría dende o miradoiro. En 1934 a Junta do PNT distribue 2500 carteis publicitando o Miradoiro, sendo esta a etapa de máximo esplendor. Unha imaxe del foi incluída como cromo do álbum ?Las Bellezas de Galicia? (nº6- serie 56), que fora o segundo álbum de cromos da colección ?España turística y monumental? dirixido por Juan Gil Cañellas editado por "Edición Huecograbado de Bilbao" con anteridade a 1940. Despois da Guerra Civil o miradoiro comeza a caer no máis impropio dos abandonos e a vexetación perimetral impide o obxectivo para o que foi construído, tanto é así, que no ano 1965 é comentario nunha crónica xornalística de "La Noche" pola queixa duns turistas que ata alí foron, a propósito, en taxi. Durante máis de trinta anos o Miradoiro estivo esquecido polas entidades encargadas de conservalo, sendo unha plataforma de maleza e vertedoiro sen control. En 1995 un concelleiro do Partido Popular de Poio, presentou unha moción para que a corporación declarase como ben de interese a conservar o Miradoiro de Samieira, e que contemplase, o entorno da zona como de protección paisaxística. A zona obxecto de preservación sería a cota de maior altura próxima ao actual enclave do Miradoiro, naquel tempo, terreos que pertencen á Comunidade de Montes de Arén. Non sería ata 1998 cando o Concello e a Comunidade de Montes de Arén mantiveran reunións para dar unha solución o deterioro do Miradoiro. No 1999 é construído o Miradoiro na súa ubicación actual, no lugar do Potreiro, na beira da AP-9214, estrada que sube ata a Armenteira. Posteriormente foi reconstruído e rehabilitado, en varias ocasións, ata a súa aparencia actual.
Álbum de cromos
Revista
Joaquín Pintos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2018 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0