O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reflexionemos !!!

As veces remexendo nos libros, aparecen imaxes do pobo, de fai non moito tempo, con chalanas na rampa, barcos de baixura no peirao e veciños que xa non están connosco. Dan a pensar o lixeiro que pasa o tempo engadindo ao no noso particular cemiterio mental, as nosas xentes, mais tamén o noso patrimonio marítimo. ¡Reflexionemos pois!
Chousa.Combarro. 1989. Foto de Fernando Ramajo.
En Facebook
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 29-07-2016 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Carmela de Combarro

"Carmela de Combarro" é unha postal editada por P.P.K.O de Vigo propiedade do escritor e empresario galego José Cao Moure, resultante da fotomontaxe dunha modelo de triste face mariana con pano na cabeza e chal tradicional sobre unha imaxe do cruceiro da Praza da Fonte da autoría de Jaime Pacheco.
Dende o inicio da fotografía ata a actualidade os fotógrafos sempre retocaron as imaxes, coloreaban,iluminaban, facían desaparecer as engurras ou diminuír o perímetro abdominal das mesmas.Noutras ocasións utilízanse varias placas para facer realidade a montaxe fotográfica. A fotomontaxe utilizábase para incluír algún falecido, ou algún ausente pola emigración no retrato de familia. Tamén para crear retratos de vodas moi a posteriori das mesmas. En Galicia, a familia Pacheco, sobre todo Augusto Guedes, foi pioneira na creación da fotomontaxe, proba delo é que nos estudios de Pacheco en Vigo había retratos de noivas descabezadas con diferentes vestidos para que a cliente elixira a seu gusto.
Grete Stern, (1904-1999, deseñadora e fotógrafa xermana, nacionalizada arxentina) define fotomontaxe como a unión de diferentes fotografías xa existentes, ou tomadas con ese fin, para crear con elas unha nova composición fotográfica. Desta maneira urxen numerosas posibilidades para a composición, entre elas a de xuntar elementos inverosímiles.
A diferencia da "colaxe" que utiliza materiais de diferentes naturezas, a fotomontaxe utiliza fotografías coa mesma tipoloxía co obxectivo de xerar unha nova de aspecto similar.
A fotomontaxe analóxico realízase mediante técnicas que combinan diferentes negativos para a creación dunha imaxe única, o seu primeiro uso foi para resolver limitacións técnicas, mais pronto aparecen autores que ven nesta técnica unha forma de expresión como o fotógrafo sueco Oscar Gustave Rejlander ( 1813-1875)
A principios do século XX o mundo da arte rompe coas formas tradicionais e prodúcese unha revolución dos movementos vangardistas, ate o de agora a creatividade do fotógrafo dependía das súas cualidades, da luz e do encadre. Cos novos movementos, primeiro co Dadaísmo e posteriormente co Futurismo, Construtivismo e Surrealismo redúcese o espazo entre a fotografía e as formas pictóricas, grazas a montaxe e a "colaxe".
Roger Fenton (1819- 1869) foi un fotógrafo de guerra británico, que realizou o primeiro fotomontaxe coñecido da Historia chamado ? O val da sombra da morte? durante a guerra de Crimea en 1855.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-07-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0