A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Faustino Santalices |
|
 Atopei no faiado un suplemento do Faro de Vigo editado no ano 1953 co gallo da conmemoración do centenario da fundación deste xornal titulado ?La gaita gallega tiene más de dos mil años de historia. También la zanfona es nuestro instrumento popular? de Faustino Santalices, músico e dignificador da gaita e sobre todo da zanfona. Eu so traducín o texto, a idioma no que debería estar escrito, pedindo de ante man desculpas o lector polos erros que poida ter o mesmo.
A GAITA GALEGA TEN MÁIS DE DOUS MIL ANOS DE HISTORIA. TAMÉN A ZANFONA É O NOSO INSTRUMENTO POPULAR
Non temos que perdernos en divagacións sobre a orixe da gaita, porque teriamos que remontarnos o Pentateuco. Algúns autores citan o versículo 21,capitulo IV do Xéneses e sosteñen que o fillo de Lamee e de Ada, Jubal, inventou a tibia utricularis ou utricularium dos romanos. A partires desta información tódolos investigadores e tódolos tratados de organografía musical, a forza de disquisicións eruditas, tornan escuros e confusos as orixines da gaita galega, orixines mitolóxicos para moitos, confundíndoa coa frauta ou siringa de Pan, Fauno, Marxias e Mercurio. De proseguir por este camiño, traendo aquí a copiosa bibliografía do noso instrumento popular, encheriamos páxinas e páxinas.
A base do sistema musical dos gregos era o tetracordo, ou sexa a sucesión de catro cordas ou sons que constitúen o intervalo de cuarta, composto dun semitón e dous tons nesta forma: Si-Do-Re-Mi. A este tetracordo uniron outro a partires do Mi, cara o agudo, de cuxa xuntanza resultou a escala que dá actualmente a gaita: Sib-Do-Re-Mi-Fa-Sol-La-Sib-Do.
Antiguidade da gaita galega
Galiza coñecía a gaita o final da guerra do Peloponeso, 500 anos antes de Xesucristo. Os ingleses coñecérona polo século XV. Estes cultivaban as súas tradicións conscientemente e nós ao azar da inconsciencia. Importárona da Galiza, mais non o confesan. A afición culminou alí, baixo os auspicios dun auténtico montañés, o Gaita Maior Guillerme Ross, xefe de gaiteiros da Raíña Victoria, quen requiriu ao fabricante de frautas e clarinetes míster Stark, para que fabricara gaitas escocesas, subministrando os rexementos ingleses de fusileiros irlandeses de Londres, os Reales Fusileiros e a escolta escocesa do Rei.
Noutra ocasión relatei o ocorrido ó cronista internacional Augusto Assía, que, indo por unha estrada de Irlanda, atopou cun pastor que levaba unha gaita. Convidoulle a subir o seu coche. Fisolle varias preguntas relacionadas con este instrumento e aquel labrego deulle unha referencia de todo o relacionado coa gaita e rematou dicíndolle: se quere saber con máis detalles presentareille o mestre da escola da próxima aldea. Ao efecto, foi a velo e Assia ficou sorprendido de atopar unha pequena biblioteca de todo o escrito acerca da gaita. O seu asombro subiu de punto o atopar entre aqueles libros ?A estética da muiñeira? de Eugenio Montes.
Un exemplo a seguir
Os vascos ollaban perdido o chistu, seu instrumento racial popular. Quedaban en Vitoria dous ou tres chistularis.Alguén percatouse de que se extinguían os executores e entón as Deputacións unidas, formaron, a base de aqueles tres instrumentistas unha escola de chistularis. Hoxe teñen os concellos daquela rexión un chistulari oficial e en tódolos actos solemnes e populares é elemento esencial a intervención de tales músicos.
Templar gaitas o máis dificil
Como literaria, anecdótica e historicamente non se toca a gaita,fagamos unha breve derivación cara a técnica e a influencia social do noso instrumento popular. Neste aspecto diríxome os gaiteiros profesionais, os aficionados, e , tamén a quen, pola súa profesión ou tendencia innata vense no intre de ? templar gaitas? realizando a ardua tarefa de xuntar vontades antagónicas, suavizar xenios agres, e, acougando os exaltados e violentos, exercendo a humana función de que poidamos soportarnos mutuamente para a armónica convivencia social.
Prescindindo desta última acepción de ?templar gaitas ? referireime a dificultade que ofrece este instrumento para a súa perfecta afinación, que se altera e varia co máis lixeiro troco de temperatura, coa excesiva e insuficiente presión do brazo que oprime o fol, coa emisión violenta do aire, e , en fin, con detalles que si non se dispón dun músico moi sensible poderían pasar inadvertidos e impedir s desexada afinación.Isto ocorre con tódolos instrumentos de cana dobleo óboe, o corno inglés, o fagot e outros do mesmo sistema son moi difíciles de afinar. Se o tempo está de tormenta,se chove,se no local onde se toca hai unha temperatura elevada,todas estas variacións acúsaas a cana abríndose demais. Neste caso emite un son estridente, ou pechándose en exceso, afogase e deixa de soar.De aquí que o oboísta sexa o músico das orquestras que xamais está tranquilo.Si isto ocorre co óboe que se toca directamente cos beizos, as dificultades son maiores coa gaita, xa que as palletas están en completa libertade, metidas nunhas pezas chamadas buxas que reciben o aire a través do fol que aprisiona o gaiteiro debaixo do brazo. Destas dificultades, destas desafinacións, procede a frase tan vulgar de ? templar gaitas? a que antes aludíamos.
Fan falla escolas talleres de gaitas
Grazas a un galego propulsor de todo o que incumbe as cousas da nosa terra, D.Antonio Fernández López, enxeñeiro de Lugo, funciona naquela cidade unha escola-taller de construción de gaitas. A súa solicitude pasei por alí unha temporada adicado o ensino práctico da fabricación deste instrumento popular e teño a satisfacción de conseguir a formación de dous torneiros competentes que hoxe, atendendo as medidas e normas adecuadas e con auxilio do ferramental fabricado na Suíza con modelos por min estudados, en longo tempo de cotexos, obteñen instrumentos ben calibrados de ton, son e timbre netamente galego e unha afinación perfecta. A Deputación de Lugo por xestións do Sr. Fernández López consignou nos seus presupostos a cantidade de 6000 pesetas para os gastos de dito taller-escola e o Sr.Fernández López abona os xornais e os gastos de estancia na capital dos dous torneiros.
NACEMENTO E DESENROLO DA ZANFONA
O bárbaro e pesado organistrum, instrumento da alta Idade Media tiña sete notas pedais para acompañamento de cantos litúrxico.
O abade Eximeno na súa obra? Da orixe e regras da música? di que un monxe beneditino de Arezo, chamado Guido, restituíu e perfeccionou o sistema musical dos gregos, tomando como base o exacordo ou sexta maior, formando así a escala a partires do Sol , coa extensión de dúas octavas que é a que da a zanfona, modificada, perfeccionada e feita individual, e , por tanto, manexable, por dito monxe, adaptándolle as teclas móbiles para que unha soa persoa poida pulsalas e poñer a manivela en movemento.
Nas crónicas e na lírica medievais designase con diferentes nomes: sambuca rotata, viola da orbo, ghironda ribeca, stampella, lyra rústica, chinforme, chinfonia, zarrabeque, zamfoña, lyra mendicarum, e nos clásicos galegos denomínase: sinfinia, sanfona, zanfoña ou zanfona.
Foi o instrumento preferido dos xoglares da escola lírica galego-portuguesa. Toda a produción poética desta escola está conservada en tres coleccións do ?Cancioneiro da Vaticana?, ?Colocci Brancuti? e ?Cancioneiro de Ajuda?. Recentemente descubriuse outro cancioneiro: o de Martín Codax, con sete cancións as ondas do mar de Vigo. Das súas mil setecentas cantigas de amor, amigo, escarnio e mal dicir, todas líricas e cantables, non hai dúbida que foron acompañadas por zanfona, o máis perfecto dos instrumentos daquela época. A súa desaparición definitiva foi ocasionada polo perfeccionamento do violín, debido os famosos mestres da escola de Cremona ( Stradivarius, Amati, Guarnerius, e outros). O primitivo violín de tres cordas escavado nun anaco de madeira, non podía desterrar a zanfona, mais o xurdir das mans de aquelas insuperables construtores, coa forma a sonoridade e o timbre que hoxe ten, eclipsou a todos os demais instrumentos de corda. No século XVIII alcanzou en Francia un posterior renacemento despois de ser perfeccionada polo fabricante Batón e tocada pola desventurada María Antonieta para tornar, o fin as mans de vagabundos e mendigos.
A zanfona sirve para a música de cámara
A zanfona coas súas cordas cantantes e os seus pedales, emite un son campestre e crea un ambiente bucólico. Aparece así como instrumento popular; pero é necesario consideralo tamén como instrumento íntimo, para a música de cámara.
Pola dozura da súa voz e pola súa delicada afinación non é apta para alegrar as danzas populares, senón para acompañar as cantigas paisanas ditas a medio ton con fervor de oración, na intimidade das casonas sementadas entre o agro; na profundidade rixida das salas dos pazos, baixo as oxivas dos claustros, na soidade das vellas abadías, alí onde a gaita sería unha estridencia.
A zanfona forma coa gaita parella de instrumentos típicos de Galicia. É doce e pastoso o seu son, convida o repouso e da a sensación dun eco lonxano, suscitando lembranzas de idades pretéritas.
Cara a unha escolania da zanfona
Con motivo dunha conferencia que ilustrei con música de zanfona o 27 de Xulio de 1952 no Palacio de Xelmirez, a selecta concorrencia quedou sorprendida das posibilidades do arcaico instrumento para música de cámara. Seu emotivo son, o empaste da polifonía das súas cinco cordas coas cancións de Martín Codax e as doentes melodías do romance de Gaiferos de Mormaltan, causaron a sorpresa do descoñecido, e un número de entusiastas oíntes lanzaron a idea da formación de construtores de zanfonas. Os poucos días Otero Pedrayo publicaba unha bela crónica, propoñendo, o final, a escolanía do instrumento en Santiago. Ofrecín a miña colaboración para ensinar a súa construción e a tocala máis tarde. Brindo a idea , en nome dun núcleo de profesores, escritores e entusiastas aficionados, as Deputacións de Galicia, os Centros artísticos e Entidades Económicas para a apartación dos medios necesarios o fin de montar o taller e a adquisición dos materiais, pago de xornais etcétera, para arribar a resurrección do arcaico instrumento. Si isto faise visible no Ano Santo sairía a procesión de mitrados polo ábsida da Catedral Compostelana con oito zanfonas, dous chirimias e un fagot.
Recentemente na casa Columbia fixen a gravación de cinco discos con romances, cantigas de cego, romaría, alalás e algunha melodía. Queda así indeleblemente rexistrado o son da zanfona, grazas a xenerosidade do Sr. Fernández López.
PRINCIPAIS INSTRUMENTOS DE PERCUSION
O tamboril é o principal acompañamento da gaita. Non o redobrante, senón o clásico tamboril-timbal. Non ten bordons no parche bordonero. Leva unha cordiña moi torzal, feita de varios fios de liño ou do que se emplea na construcción de redes, dun diámetro de dous milímetros colocada enriba do parche batidor. Ténsase o tamboril ata que afine o unison co Do grave do punteiro, facendo así a dominante co sol da afinación. Ténsase a corda ata que produza un son de mosconeo vibrante e sonoro. Produce un efecto de tónica que confundese co Do en octava baixa do rouco.
Hai outros instrumentos de percusión moi usados antes en Galiza. As cunchas, polo resalte das suas estrias, empleanse para acompañamentos. Dan varios tons. Si se tocan nos bordos, un son agudo; no medio grave, e cerca da inserción das valvas, máis grave aínda.
O adufe, pandeiro ( de pan e dairos, todo pel) é un bastidor cadrado de madeira de 35 centímetros de lado e 5 centímetros de groso, cuberto de pel. Tócase apoiando un dos seus ángulos sobre o regazo da muller que o tañe, deixándo cae-lo sobre a palma das mans, e en esta disposición, oscilando polo seu propio peso, márcase o compás emitindo un son de bordoneo que sirve de tónica para a copla nas fiadas, ruadas e saraos o aire libre e a cuxo compás bailase a muiñeira.
A tixola de ferro forxado das que se usan para o lume na lareira, de mango longo, empregabase tamén a falta de pandeiro. O extremo do mango apoiabase no ombro e a cazuela na punta dos dedos da man esquerda. No angulo de unión de dito mango, , na cazuela a medio dunha chave ou anaco de ferro calquera, executanse redobres e picados que levan o comás para os bailadores e acompañamento da copla.
Apoiadas duas cullers de madeira de buxo, pola súa parte cóncava sirven de acompañamento, así como as castañuelas que tocaban os bailadores de muiñeira e redonda.
As ferreñas ( pandeireta de sonaxas) e os ferros ( triángulo de aceiro que se usa nas baterias das orquetras). Estos eran os acompañantes preferidos polos tañedores de zanfona.
Coda
Aí, pois os instrumentos principias dos que se valeu o alma lírica dos galegos para expresar ancestrales sentimentos e emocións antigas. Da pena ver coma avanzan polas corredoiras e os soutos os aires corrompidos dos cabarets nas músicas lascivas de tanto extranxeirismo. Mentres tanto, nosa gaita de prócer nacemento, con máis de 2500 anos de historía, e nosa zanfona, saudosa de xoglares, están morrendo de pena.
|
|
|
|
Tamén eles |
|

...grupos de gaitas e corais, importantes referentes da nosa música, elixiron estampas de Combarro para ilustrar os seus discos |
|
|
|
|
|