O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prensa Galega

Dende vai facer un ano que botou a chave o xornal Galicia Hoxe, non tiñamos ningunha referencia de prensa escrita en papel, integramente en galego. Antes xa o fixera o semanario A Nosa Terra e un pouco despois o bilingüe Xornal Galicia. Esta escalada de peches comezara por Vieiros de plataforma unicamente dixital. Hoxe, temos xa na rúa un novo xornal de periodicidade semanal, Sermos Galiza, que comparte os quioscos co seu formato en internet activo dende abril. Outros como A Peneira, Dioivo ou Praza Pública, tamén van facéndose sitio e consolidándose na Rede. Isto demostra que si é posible un xornalismo obxectivo, que informe libremente e coa verdade de cara e que ademais fomente a nosa lingua, a pesares das adversidades polas que está a pasar.

Praza Pública
Dioivo
Sermos Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2012 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro, 2 de febreiro do 1812

O 5 de febreiro do 1812 editábase na ?Gazeta Marcial e Política? de Santiago de Compostela o texto ?Carta Recomendada? asinada e datada en Combarro o día 2 de febreiro do 1812 por Ramón González Senra. A importancia de dito texto é que se pode considerar o primeiro texto en galego de carácter xornalístico publicado en Galiza e trátase dun artigo no que o autor defende a ideoloxía liberal así como o dereito dos cidadáns de elixir democraticamente os xuíces. Sobre o autor dicir que é moi probable que Ramón González Figueroa sexa un pseudónimo no que se agachase a figura de Antonio Rúa Figueroa coñecido liberal e colaborador da Gazeta. Esta teoría propúxoa o prodixioso ensaísta Ricardo Carballo Calero.

O texto esta no libro Papés d?emprenta condenada : a escrita galega entre 1797 e 1846. I / edición de textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz ; notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández ; coordinadora da edición, Rosa Aneiros Díaz. ? Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. ? 654 p. : il. ; 23 cm. ? (Colección Base) D.L. C 2956-2008. ? ISBN 978-84-96530-70-6 (v.I). ISBN 978-84-96530-69-0 (Obra completa). 1. Prensa-Galicia-S. XVIII-XIX. I. Mariño Paz, Ramón. II. Barreiro Fernández, X.R. III. Aneiros Díaz, Rosa. IV. Consello da Cultura Galega . ( na foto superior a portada do libro e a continuación o texto completo)


CARTA RECOMENDADA.
Señor Emprantador da Gazeta de Santiago: Eu quixera espricarlle ben
craramente canto se folga ó meu corazon co á millor das novidades que teño
visto na miña acordanza: falo da orde que veu para que as aldeas escollan
Jueces á seu gusto, é para botar por terra todas esas gavelas con que nos
esmagaban desde hay tanto tempo un fato de señores que eran mais ríspitos
para nos, que os mesmos reis. Eu non sei falar con retrónicas, porque non
andiben na escola dos jasuitas, que, si non son novas de camiño, din que
foron moy guapos para os rapaces, que tiraban deles grandes poetas; é sobre
todo, que na quel tempo andaba ó mundo moy acougado; ben que si nosos
páis foron tan bos, non sei eu como non saliron os fillos mais arrellados: ó que
me fai pensar, que sempre oubo traballos no mundo, é tamen bestas no tempo
dos jasuitas. Mais, sexa como for, ó que eu quero, é darlle á vm. as albrizas do
ben que nos fan as Cortes, tirándonos de un cautiverio, que pouco lle marra
para ser ó do anamigo malo; é para esto, é decerlle catro cousas que sente ó
meu corazon, direillas de calquera xeito, mais que digan que somos gallegos
é no nos entendemos.
¡Que no dixera, señor Emprantador, que despois de tantos tempos
que os señores nos trataban coma animalias, despois que xa non habia sorte
de librarnos de esta captividá, despois que ó labrador estaba tan avasallado que
siquera se lembraba que era home é fillo de Dios como os demais, quen dixera
que habia de virnos pola porta tanto ben! ¡Que no dixera que á nosoutros nos
habia de chegar tamen á vez de ser Señores, non para avasallar á ninguen é
botar prantas á custa dos probes, senon para gobernar as nosas casas é as nosas
facendas co á mesma libertade é co mesmo dereito que os Señores gobernan
as suas; de maneira que da qui en diante xa non se diga que hay dous Dioses,
un para os probes é outro para os <18> ricos! ¡Que certo he que Dios he pai
é que non se olvida dos seus! deixounos xemer moito tempo debaixo do xugo
de tantos Faraos como hay nesta terra, sin dubida polos nosos pecados; pero
xa se compadeceu de nos, xa permeteu que as Cortes nos librasen da afrentosa
escravitud que solo poden sofrir as bestas. Agora xa non virán catro
benandantes é sacamantas, que polo regular foron criados é lacayos dos
Señores, á esfolarnos co título de jueces: agora xa non virán esas aves de rapiña
á rouvarnos á amba las maos para desquitarse dos miles que lles roubaron á
eles ós sacapotras dos Señores de vasallos, seus compinches é testaferreos,
cando lles venderon as varas ou á justicia, que ó mesmo é vender ó empreo de
jues ¡Santo Dios en que inferno estivemos metidos! ¡Señores de vasallos que
non solo teñen obrigazon de portarse coma cristianos, senon de ser mesmo
santos, venden e deixan vender os empreos de justicia, os empreos de mais
dignidad é vertú que hay na repubrica, pois que un mero jues de un á aldea
ten mais dignidade no seu oficio, que un adeministrador aunque sea jeneral
de todas as rendas de Galicia; é nunha palabra, teñen cara á vender un dos
atributos de Dios! é non solo vendelo, senon do modo que ó venden, pois eu
sei de un suxeto que se desfixo de uns bés para pagar unha vara que tiña
axustada, é nesto veu outro que dou mais, é aquel quedou sin vara é sin bes,
botando maldizos á quen tal lle causaba. Non: agora serán jueces nosos os
homes honrados é conterraneos, os nosos amigos, que nosoutros conocemos
é apreciamos polas suas boas prendas; agora non andará á justicia po los pés,
porque á poremos nas maos dos homes de ben que á reverenceen coma cousa
sagrada. É sobre todo, agora xa un home pode decer con unha honrada
fachenda, que non leva dous as costas, porque xa non manda sobre nos senon
ó rey ou á mesma ley que nosoutros mesmos fixemos por medio dos
Diputados que nomeamos para as Cortes, á que ten que gardar ó rey, porque
asi queremos é lle mandamos; de sorte que non se lle da ó goberno do reyno
senon polo proveito de todos, é non polo seu solo. É este mando do rey, é ó
que manda Dios, porque está uñido co noso mesmo ben; mais non esoutro
señorío contrafeito, esoutro señorío co qual se levantaron moitos no tempo
dos burros é nos tempos cativos, non para en pago dél coidar do noso
aumento é felicidade do modo que fan os reis, que por fin se nos botan
trabucos, tamen manteñen as escolas, as audenceas, os soldados, os navios, os
hospitás é outras cousas; senon para comer regaladamente ó que <19>
nosoutros ganamos co as sures da cara, para vivir coma judios sin acordarse
de Dios nin do proxemo. Este Señorío é ó que se acabou para sempre. Malas
novas foran dél xa hay moitos sigalos. Ó que for señor da qui en diante, serao
das suas boas obras, das rendas que dereitamente lle pertenezan, é das honras
que ó rey lle der po los seus servicios á patria; mais no no será da sangre alléa,
dos bés dos orfos, nin do folgo das viudas. Quen quixer cebada é palla de
moca para os seus cabalos de recreo, pagaraia, é senon que pete á outra
porta; quen quixer que ó sirvan, non busque vasallos, que xa se acabou á
vasallaxe; quen quixer montes é coutos para diversiós de caza, que vaya
divertirse ó mar que é ben ancho é pode facer alí unha gran cazata, é con ela
moito ben ó reyno; pois é unha vergonza que no nos aproveitemos de tanto
peixe como nos trai ó mar as nosas portas: os montes xa mandaron as Cortes
que se cerren é que se aproveiten; quen quixer vender é comercear con varas
é escribanías, que faga anque sea frábecas de alfenetes, que á fé á fé que nos
levan bastante diñeiro por esta morriñada para fora do reyno. Agora comenza
outro mundo: á tartaraña que andaba encima de nos, é nos rapaba todo, xa
nos vemos libres de la, gracias á Dios é ó desconxuro que lle fixeron as Cortes.
Eu ben sei que moitos pertenden facer mofa de nos, parecendolles
que esto é un entremes ou cousa de antroido, é nos chaman agora reis por
bulrra, querendonos poñer á cana nas maos como lle fixeron os judios á
Cristo. Coidan que somos tan zimpres como fumos desgraciados; pero ainda
dubido que eles entendan millor que nos que cousa é soberanía nacional, pois
penso de min que non hay labrador que non sepa que á España non é do rey,
senon dos españoles: que por esto mesmo ó rey non ven á ser mais que un veciño
da nacion, á quen todos los demais lle damos é encomendamos ó goberno da
España, á maneira de un apoderado que vai á Cruña á defender un preito por
unha jurisdizon ou freguesia que leva ó poder de todos, para facer ó que mais
conveña ó ben dos donos do preyto. É velaqui como se entende que cousa é
soberanía nacional. Os españoles son donos de todo, ó rey he un gobernador
jeneral que ten en si todos los honores é autoridades dos jenerales, oidores,
adeministradores, é todos los demais que están debaixo da sua parlamenta, de
sorte que se fora posible que ó rey estibera en todas partes á un tempo, el
mesmo seria jeneral, oidor, é adeministrador de Galicia, é mesmo jues <20> de
esta jurisdizon, é sendo ó rey jues dela, non por eso seria dono do tarréo nin
dos homes, senon adeministrador da justicia é despoñedor do millor órden
pubrico. Senon era dono, sendo jues, tampouco ó é porque sea rey. Solasmentes
se deferencea un rey de un apoderado en que ó rey ten un poder general é
perpetuo para todo; é para que lle obedezan é todos cumpran ó que manda, se
lle dan moitos honores é libertade para castigar. Esto calquera ó entende, polo
menos dos labradores; ben que dos señores sabidos non he ouro todo o que
reloce. ¡Cantos hay que saben moito latin e nin siquera saben cantos portos ten
á Galicia, nin para que serven. Pero ¿quen son os que pertenden facer mofa dos
labradores polo ben que lles fixeron as Cortes? eses caras lavadas dos magnates
de Galicia que consentiron hasta agora que os probes gallegos, os seus vasallos,
mortos de fame, fosen forzosamente á tomar os mais miserables oficios as
Castillas é á Portugal, volvendo dalá cheos de alcumes pola sua probeza é
umildá: os mesmos que teñen á culpa de que nos botasen aquela copra de:
Camino en que quepan dos,
Verdad, limpieza y justicia,
No la hallareis en Galicia,
Aunque la pidais por Dios.
¿Porque non hay justicia nesta terra? porque os Señores de vasallos
son os que poñian jueces caseque en todas partes. ¿Porque non hay limpeza?
porque hay moita probeza. ¿É quen á causa?... ¡Galopis! que están metendo
no cú os extrangeiros canto saca da terra con moito traballo ó probe do
labrador, mercandolles chuchumecadas é endromenas para borrear con elas,
que hay algun que ten unha ducia de mostras, que sabe Dios ó que lle
custaron; hasta os abaniqueiros das señoras han de vir da fora; é despois non
hay diñeiro para á guerra ¡nacidas! ¿Estes vergalleiros non podian facer cada
un seu barco para que os gallegos que iban as Castillas é outras partes á perder
ó tempo, fosen as Indias á buscar tanta riqueza como hay alá, asi como fan as
demais nacios? que oin eu decer en Cais unha vez que un reyno que lle
chaman Bolanda, que non é mais grande nin millor que Galicia, fixera mais
de dous mil navios en poucos anos, é andaba levando é traendo dun lado para
ó outro como os maragatos, é ganaban millós como terra. Pero deles non hai
que agardar cousa boa senon mofas é gatuperios que fan da probeza é da
mesma sua patria, que non chegára os traballos <21> que chegou se houvera
habido outro goberno, non solo cós probes sanos que handan polas portas, se
non tamen cós ricos é Señores burros, lacazás, que non fan bo uso das suas
rendas; pois correr tras de uns é non facer caso dos outros, é ó mesmo que
tornar os paxaros de un tarreo para que non coman ó grao, é deixar ó mesmo
tempo portelos abertos para que ó coman os porcos. Nosoutros tornaremos ó
noso conto sin darsenos nada por facer mofa de ninguen, anque non poido
virnos millor ocasion de facela de quen se bulrraba de nos; tan solo lles
faremos unha manda para Matres da antroido, pois anque non somos vasallos
da qui en diante, ó cabo fomolo hasta agora, é ben avasallados; asi é xusto que
mostremos ó noso agradecemento, facendolle un enterro solenio ó señorío de
vasallos, escollendo Martes da antroido, que non se pode buscar millor dia
para cantarlle á requeneterna.
Senor Emprantador, nosoutros xa lle temos un jues moi guapo. Para
buscalo non fixemos mais que botar ó ollo ó veciño da jurisdizon que nos
pareceu mais honrado, mais home de ben, mais cristiano, é que millor
coidaba da sua familia é da sua casa, sin ser empexoso, nin empeitizo, nin
sobervio, nin cobizoso, nin zizañeiro; sin facer caso de moitos que1 andaban
zoandonos as orellas para que nomeasemos á este é aquel outro, conforme fan
para eleccion de Diputados; pois non miramos senon ó noso proveito. Xa
debia estar tamen elexido escribano de númaro, pero ainda no no está. Anda
un gato negro no medio. Ó escribano vello é rico é ten moitos compadres; uns
din que non se manda senon nomear jueces, outros que asi ó declarou ó
AcuerdoI. Pero ó certo é que as Cortes que mandan sobre todos, botaron por
terra todo ó Señorío, é tan postos están polo Señorío os escribanos, como os
jueces; por consiguente se hay facultade para nomear uns, tamen á hay para
os outros. Ó certo é, que se mandaron cesar todos cantos empreados prubicos
habia postos polos Señores. É por esto mesmo en moitas partes xa nomearon
escribanos é todo. Aqui se Dios quer, tampouco hemos de quedar atras, que
non han de valer embrollas nin enguerelladas.
Non lle podo decer mais porque me saltaron na horta os carneiros do
escribano, que ten un fato deles que parece o exercito de Masena, é voume á
botalos fora nunha carreira. Combarro 2 de Febreiro de 1812. = B. L. M. de
vm. S. S. S. = Ramon Gonzalez Senra.
I. O Real Acordo era como se denominaba a Real Audiencia de Galicia.
1. No
Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 09-06-2012 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Mariñas, rúas e prazas


Antonio Feijóo é un pintor vigués que dende mozo domina a perfección a técnica da acuarela, o que ven demostrando con varias exposicións as súas costas.
O pobo de Combarro é un referente da súa obra onde expresa con consonancia e luminosidade tanto mariñas, onde destacan as chalanas sobre o mar, a praia ou ramplas, asi como as rúas e prazas. Feijóo fusiona equilibrada e artisticamente sobre o cartón a mestura de cores e auga destacando os fondos grises sobre cores cálidos, expresando así as escenas realistas de cotián do noso pobo.
Podes ver as súas acuarelas e contactar co pintor en : http://acuarelasfeijoo.blogspot.com/

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.

http://acuarelasfeijoo.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 01-06-2012 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0