Os bancos de pedra
Laura cumpre hoxe noventa e sete anos, viviu en Combarro ata os vinte e dous, tempo no que emigrou a América como tantos galegos naquela época. Bos Aires foi a cidade que a recibiu, que lle permitiu o desenrolo como persoa e unha vida cos seus, imaxino, non con poucas dificultades. Laura deixou en Combarro o seu pelo para que a imaxe da Virxe das Dores sexa peiteada nos días de festa e levou con ela un feixe de sentimentos. Lembra a Peregrina quen fixo un vestido a Virxe, a casa da súa nai preto da igrexa de San Roque e os bancos de pedra onde tantas tardes de conversa pasou no seu pobo. Non retornou. Natalia adora a súa avoa, ri con ela, é cómplice das retrancas da galega e aproveita da internet para visualizar con ela imaxes que despertan recordos de fai setenta e cinco anos. Feliz cumpre anos.
Esta presentación sobre Combarro e os bancos de pedra é o meu agasallo para Laura e para todolos galegos bos e xenerosos que aquí e alá, no cruce de camiños, sufriron, ficaron ou non chegaron.
Era unha , senón a primeira, das miñas visitas o Corte Inglés de Vigo. Foi de obrigado ir a sección de discos, coma aínda hoxe, comprei un único disco, o Cocker Happy. Sen dubida comprei un só pola falta de pesetas, daquela non tiña máis de dez LPs . Ignoro por qué o Cocker Happy, estaría de oferta. Escoiteino centos de veces.
O disco é un recompilar dos primeiros temas de Cocker do ano 1970 que incluía ?With a little help from my friends?. Con este tema Joe Cocker, con Jimmy Page á guitarra e B. J. Wilson (de Procol Harum) a batería, chegaría alcanza-la fama. ?With a little help of my friends?, é unha versión reestructurada, máis lenta, estilo gospel, con introducción instrumental longa, dun tema dos Beatles pertencente ó ?Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band?, composta por Lennon y McCartney e interpretada por Ringo Starr.
Tiven a sorte de asistir a un concerto de Cocker nos primeiros anos dos noventa no Estadio de fútbol Pasarón. Gozei nel.