O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Espantademos Versus Prozac

Camiñaba fai uns días co meu amigo Alfredo polo alto da Renda, no Xuviño, cando ollamos a beira da estrada unhas matas da herba de San Xoán, planta coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais e xa recomendada por Hipócrates como remedio antiinflamatorio e refrescante. O hyperycum perforatum que así se nomea centificamente e unha das plantas que son mergulladas en auga na véspera de San Xoán, durante a noite das cacharelas, para perfumala e lavarnos pola maña con ela o fin de escorrentar do noso corpo os malos espíritos polo que tamén se a coñece como espantademos. En Galiza usase na medicina popular principalmente e case unicamente como cicatrizante de feridas, pero en Alemaña o seu uso como antidepresivo está moi difundido, iso si, con ríxidos controles sanitarios e a doses estandarizadas. Os espantademos poderían competir terapéuticamente cos antidepresivos industriais actuais, tipo prozac, previas investigacións, senón fora porque os intereses farmacéuticos basicamente norteamericanos, descubridores desta molécula, van por outro camiño, o do capital. En USA hai tanto hiperycum que a consideran unha herba mala, tan mala, tan mala que utilizan un escaravello do xénero chrysolina, que gusta de xantala, a modo de praga provocada para acadar o seu exterminio, por certo, este escaravello está protexido en UK, que menos para os aliados.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Francis, Francisco

Francis e Francisco foron mariñeiros, un inglés do século XVI o servizo da raíña Isabel I de Inglaterra, a cal lle reportou abundantes riquezas a partires sobre todo dos saqueos das posesións españolas nás Américas; o outro español do século pasado o servizo do ditador Franco o quen lle gardou fidelidade, participando no levantamento militar contra a II República . Francis, corsario, navegou polas nosas costas no seu galeón Golden Hind e foi o almirante xefe da flota pirata que arrasou a ermida de San Frutuoso na illa de Tambo aló polo ano 1589, segundo conta a lenda, ano realidade si, no que foi derrotado e expulsado da cidade de A Coruña, lembranza para historia da heroína María Pita; Francis, foi nomeado Sir pola súa raíña. Francisco, fascista, foi o primeiro comandante o mando do submarino Isaac Peral, de importante relevancia na guerra civil española, rebelde sublevado, almirante experto en submarinos, foi nomeado por Franco, Ministro de Marina dende 1945 ata 1951. Francis Drake, pirata para os españois e heroe para os ingleses ten unha estatua na súa honra en Plymouth, Inglaterra. Francisco Regalado é un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo implicados en crímenes contra a humanidade no auto do 16 de outubro de 2008, na súa memoria ten unha rúa, que é avenida, no pobo de Combarro. Que sexa para o futuro, Avenida Illa de Tambo, e que sirva para a eliminación total dos símbolos franquistas neste concello e en todo o Estado.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-06-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0