Durante o paseo das oito, permitido e desexado, acerqueime ao sitio onde tódalas primaveras teño uns cantarelas que esperan a miña visita. Este ano tampouco fallaron a cita, poucos pero grandes e sans. E con eles preparei este prato de pasta con gusto ao queixo azul.
Os ingredientes son:
Cantharellus cibarius, aprx 400 gr
25 gr de queixo azul
25 gr de xamón picado
125 gr de nata líquida
10 gr de manteiga
50 gr de pasta (espirais)
Unhas follas de alfádega (albahaca).
Logo de limpar as setas, poñémolas na sartaña a deshidratalas e imos gardando a auga que soltan, (imprescindible, se queremos conseguir dar un auténtico sabor á pasta). Unha vez deshidratadas, reservamos. Coa auga e unha chisca de sal cocemos a pasta, hai que calcular aproximadamente, a cantidade de pasta a elaborar, que vai depender da cantidade de auga da que despoñamos. Feito isto, botamos na sartaña a manteiga, o xamón picado e despois o queixo azul. Cando o xamón está fritido e o queixo desfeito, vertemos as setas , salgamos unha chisca, vertemos a pasta e mesturamos todo. Agora engadimos a nata líquida, cociñamos a lume lento e esperaremos a que comece a espesar. Retiramos e servimos con albahaca picada.
As rúas e prazas das grandes cidades do mundo, móstranse baleiras no vídeo promocional "Living In A Ghost Town," a última composición de Mick Jagger e Keith Richard, creada nestes días. O novo éxito discográfico dos Rolling Stones emerxe inspirado na pandemia e o necesario confinamento. Tamén nos pobos pequenos vivimos coas pantasmas....Este é o tema...