O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 de Abril Sempre

Nunha parede calquera, de calquera pobo do País, un mural "25 de abril sempre" lembra a convocatoria para celebración do día do paso da ditadura a democracia,día no que un grupo de homes perderon o medo e por unha especie de contaxio e por efecto domino a sociedade portuguesa enteira. O obxectivo era claro cambio da opresión pola liberdade. Hoxe corenta anos despois Portugal,coma nós, ten medo. Medo a perda de dereitos,o desemprego, a desigualdade,a inxustiza, a sentirse vixiado, a falta de cobertura de servizos sanitarios e educativos e a evidencia de que a crase política e entes bancarios gozan de tal descaro que día tras día no lo veñen lembrando nos medios,iso si,en períodos de tempo acoutados, e o seu cinismo remata en semellar os feitos decotío cos que non nos queda máis remedio que achantar. Eles, políticos e banqueiros son os únicos culpables da situación actual do País, da aproximación a situación de estado de alerta, de fame; e cando isto suceda só fará falta "un soprido" para que o Estado se esborralle como un castelo de naipes e daquela o medo será terror.

Tamén en De Portas A Fóra 40 Aniversario da Revolución. 25 fotos de Portugal
Mensagem 40 anos en www.25abril.org


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2014 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro de Jean Dieuzaide



Jean Dieuzaide ( Francia, 1921- 2003) foi un dos fotógrafos estranxeiros que se detiveron en Combarro para inmortalizar coa súa cámara escenas dos nosos recunchos e integralas, xunto con outras, en exposicións por todo o mundo, recoñecendo a Combarro como pobo de singular arquitectura popular galega.
Levou a cabo distintas viaxes por España dende principios da década dos cincuenta até os primeiros anos sesenta, por encargo da editorial francesa Arthaud. En Galicia estivo en 1958 e 1961, e realizou un extenso traballo por todo o seu contorno xeográfico. Percorreu cidades e aldeas, costa e montaña, para plasmar o que consideraba o máis auténtico da nosa terra e conseguiu o que agora se pode considerar como un traballo plástico e documento, fundamental para a nosa memoria visual e para nosa historia.
Facendo uso da definición máis xenérica da fotografía humanista, retrata a vida dotando á imaxe de unha estética que a aproxima o excepcional máis que ó meramente colidíano. Ollaba la fotografía como un medio para entrar en contacto col mundo,coa xente". Era un fotógrafo polifacético, interesáballe todo.
Jean Dieuzaide, posuidor dos máximos galardóns outorgados en Francia relacionados coa fotografía (premios Nadar e Niepce, entre outros) e a cultura (Oficial da Orde das Artes e as Letras), fundou en Toulouse en 1974 a galería Chateau d´Eau, un dos centros institucionais de difusión fotográfica máis destacados de Francia.

A súa obra está presente en coleccións da talla do Museo Ludwing (Colonia), da Biblioteca Nacional de Francia ou do Metropolitan Museum (Nova York).

Ademais de varios libros sobre España e Portugal (o primeiro editado en 1953) . As fotos sobre o texto son do ano 1961, e no mesmo publicou en París The Ways to Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-04-2014 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Django Reinhardt




Django naceu en 1910 no carromato de seus pais no pobo belga de Liverchies.Pertencía a tribo de manouches (cíngaros do Norte de Francia) nómades, que acabaron por instalarse sobre 1920 nas aforas de París.
De mozo xa tocaba o violín, o banjo e a guitarra polas terrazas dos cafés e nos bailes públicos. Foi no 1928 un incendio no carromato, onde vivia coa súa primeira muller, case lle costa a vida, deixouno mutilado da man esquerda, os seus dedos maimiño e anular quedaron atrofiados,consecuentemente adquire unha técnica persoal para tocar a guitarra, non sen esforzo e tesón.
Django comeza a escoitar os primeiros discos de Louis Amstrong e Benny Carter e a afeccionarse o jazz, primeiro toca polos cabarés da Costa Azul e logo volve a París para tocar con varios músicos de jazz franceses.
En 1934 forma co seu inseparable amigo Stephane Grappelly o Quinteto do Hot Club de Francia que chega a ser a mellor formación de jazz de Europa e por conseguinte Django un dos mellores guitarrista do mundo. Co quinteto do Hot Club grava multitude de sesións con músicos franceses e americanos de paso por París.
A Segunda Guerra Mundial sepárao de Grappelly e do quinteto que quedan instalados en Londres. Django modifica a formula do quinteto, substitúe o violinista por un clarinetista,Hubert Rostaing, e unha das guitarras de acompañamento por un batería. Durante a ocupación e a pesar dos acontecementos Django e o seu grupo medran en fama, fan multitude de concertos e contratos. Din os rumorosos que Django foi protexido por un xeneral nazi chamado Dietrich Schulz-Köhn coñecido co alcume de Doctor Jazz pola súa afección a esta música, que o libraría das penurias da que foron obxecto os seus iguais; lembrar que no réxime nazi a música de jazz foi prohibida por ser considerada propia dos negros e xudeus. O que é máis verdade e que as composicións de Django e outros músicos eran os estandartes da resistencia francesa.
Rematada a guerra, Django viaxa a América en 1946, é presentado como guitarrista solista da Big Bang de Duke Ellington no Carnegie Hall de Nova York, pero o seu carácter de cigano ceibe, indisciplinado, non casou coa idiosincrasia do pobo americano e a súa carreira na outra parte do océano botase a perder. Regresa a Europa en 1947 enriquecido coa música de Charlie Parker e Dizzy Gillespie, o bebop rondaba na súa cabeza e comeza a tocar a guitarra eléctrica da que sempre denegara, reúne novamente o Quinteto do Hot Club mais con indiferenza, cada vez menos concertos e aparicións públicas. En 1949 grava en Italia o seu último disco recompilatorio "Djangoloxía". Retírase a unha localidade preto de Fontainebleau e adícase as súas afeccións preferidas pintar, pescar e xogar ó billar. Django morre a causa dunha hemorraxia cerebral en 1953 con só 43 anos cando regresaba dun concerto. O mellor guitarrista de jazz do mundo foi un "músico de orella", non sabia ler partituras mais un superdotado na composición, na improvisación e con unha técnica na interpretación intentada copiar polos mellores guitarristas de jazz contemporáneos.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-04-2014 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0