A UNESCO proclamou o 30 de abril como Día Internacional do Jazz porque o jazz é unha música de creatividade ilimitada. Combina composición e improvisación, o formal e o informal, e renovase cada vez que se toca. Nado nos Estados Unidos, o jazz pertence ó mundo. Arraigado nas tradicións africanas e inspirándose nas formas musicais europeas, cobrou novas formas adaptándose as culturas de todo o mundo. O jazz aproveita ó máximo a diversidade do mundo, cruzando as fronteiras sen esforzo algún e achegando as persoas. Esta música, cuxas raíces remóntanse a escravitude, constitúe unha expresión apaixonada contra tódalas formas de opresión. Fala unha linguaxe da liberdade que é comprensible por tódalas culturas. O jazz está aquí para todos nós a fin de dar forma as nosas aspiracións ó respecto, a tolerancia e a liberdade. O Día Internacional do Jazz é o momento propicio para que todos nós expresemos a nosa paixón pola paz. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO
A Agrupación Artística Galega ?Rosalía de Castro?, é a agrupación folclórica máis antiga de Madrid, integrada só por aficionados. Fundouse en marzo de 1923, sendo o seu primeiro mestre director Reveriano Soutullo, outros célebres mestres directores: Germán Lago, Rafael Gayoso, Eduardo Dorado, Segundo Bretón, Victoriano Echevarría, José Ibáñez, Daniel Bravo, José Pagán, Germán Dafauce, Luís Izquierdo, Miguel Groba, Rogelio Indalecio Groba, José Carracedo. Dende entón e ata a actualidade ven desarrollando unha continua e tenaz labor de representación da nosa terra.
Súas actuacións cóntanse por centeares, non só na península senón tamén fora dela. Da súa participación en certames podemos destacar a Medalla de Ouro no Festival Iberoamericano de Cáceres en 1961. Gravata de Honra dos Festivais de Música e Danza de Madrid, Centros Galegos de Laussanne (Suíza), Bos Aires, etc.
Celsa Cainzos foi, durante máis de corenta anos, a Directora Artística do Grupo de Danza, sendo a súa labor continuada na actualidade por Ana Mª Cendón (Directora Artística) e Fernando Paredes como mestre de baile. Na actualidade a dirección do coro corre a cargo de Julio González.
A agrupación na actualidade é unha escola que promove a ensinanza e interpretación do folclore galego máis tradicional, cun repertorio que conten: fandangos, xotas, pandeiradas e unha amplía variación de muiñeiras. Amenizadas pola batería cos seus pasarúas e o grupo de cantareiras.