O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1972 - 2012

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.





Coral Polifónica "El Eco"
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 26-04-2012 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os Stones e as Guerras


Catro son as películas que sobre a Guerra do Vietnam, o meu parecer, merecen especial mención : Apocalipse Now de Francis Ford Coppola, Platoon de Oliver Stone, O Cazador de Michael Cimino e A Chaqueta Metálica de Stanley Kubrick e as catro utilizaron nas súas respectivas bandas sonoras temas do pop-rock da época, Ben é certo que no Cazador en menos escenas pero o sensacional tema de Gloria Gaynor, Can´t take my eyes off you, suple calquer insuficiencia. O tema Satisfactión dos Rolling Stones xa fora escollido por Coppola para Apocalipse Now no 1979 e máis tarde sería Stanley Kubrick o que elixiría Paint it Black para finalizar a súa sensacional Chaqueta Metálica. O tema comeza así?.Vexo unha porta vermella e quero vela negra, sen cores nunca máis, que se convertan en negro?. e finaliza?. negro coma a noite, negro como o carbón, quero ver o sol borrado do ceo, quero vela pintada, pintada de negro. A verdade e que a canción quédalle o final da película que nin pintada, valga a redundancia. Mais Paint it Black continua desgraciadamente de última moda sendo o paradigma da guerra financeira que vivimos hoxe.

Imaxino que utilizando as desculpas do copyright, os mesmos de sempre queren que a información na rede non sexa gratuita. Por outra parte, blogoteca, non progresa, deixa os seus usuarios sen recursos para dinamizar os seus posteos. E por último e falando de guerras, penso que un blog sen comentarios, é un blog morto; aínda que como di o protagonista na última escena?..estou feliz por seguir vivo...

Letra de Paint it black
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2012 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Potaxe de Venres Santo


Se ben e certo que as costumes relixiosas vanse perdendo coas novas xeracións,aínda queda unha parte da sociedade, sen dúbida os nosos máis maiores, que disimula cumprir os preceptos divinos dos corenta días de xaxún de obriga práctica católica. Un xaxún light, diría eu. No venres gastronómico da Semana Santa é tradición o consumo de receitas sen carne, polo que se fai doado cociñar outras con igualdade carga calórica con ingredientes no que se incluen verduras, legumes, froitas e peixes, sen esquecer as variedades de doces. Espiritualidade a parte, así preparo este potaxe de bacallao.

INGREDIENTES:
400 gr de bacallao
500 gr de garavanzos
100 gr de espinacas
1 cebola, 1 porro, 1 allo
1 cullerada de concentrado de tomate, pimento doce, fariña e aceite.
50 gr de uvas pasas.
50 gr. de améndoas
2 ovos cocidos


ELABORACIÓN: Xa partimos do remollo co seu tempo correspondente do bacallao e dos garavanzos. Poñemos os garavanzos e as espinacas cubertos con auga fervendo cun pouco de sal nunha ola rápida a que engadimos o sofrito consistente en cebola, porro e allo picadiño, e unha culler de fariña, de pimento doce e de concentrado de tomate. Cocer 15 minutos coa tapa pechada. Abrir e engadir o bacallao desmiuzado en anacos, as uvas pasas e as améndoas trituradas.Deixar cocer 10 minutos máis. Salpimentar o gusto.Deixar en repouso ao menos 1 hora. Cortar os ovos en cuartos antes de servir. Se aproveitamos as espiñas e a pel do bacallau para facer o caldo incial e no sofrito utilizamos un par de filetes de anchoa, moito mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 10-04-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos e lendas


A Mitoloxía Galega nos debuxos de Agustín Portela
As supersticións alimentadas polos grandes cultos relixiosos ou pagáns a través dos tempos, son a orixe de lendas que forman parte da nosa cultura por ter un indiscutible valor etnográfico. Innatamente, a realidade, o temor o sufrimento e a morte, mestúranse co meigallo, o mal de ollo, tangaraño, santa compaña etc., sempre coa natureza de trasfondo ¿ Cantos trasnos,fadas e lendas foron nestes días asasinadas polo lume nas Fragas do Eume? A destrución e a morte son o real, o demais é a sombra da nosa imaxinación. Quixera ver pantasmas ? falo serio- , que diría Francisco Añón
Presentación onde o debuxante Agustín Portela plasmou, a súa maneira de ver, algúns dos mitos e lendas de Galiza. ( copias escaneadas dun Faro de Vigo dos anos 50 e son de Manuel Rivas)


Agustín Portela Paz, naceu en Pontevedra no ano 1906, debuxante, aparellador e persoa comprometida coa cultura galega; estivo vinculado o Partido Galeguista, sendo promotor dos Dereitos do Home en España, membro fundador do Museo do Pobo Galego e da ?Asociación de Amigos da Cultura de Pontevedra?. Así mesmo, formou parte da dirección e actividades do Museo de Pontevedra e foi membro da Real Academia Galega.
Durante o Bacharelato foi alumno de Castelao e aprende a técnica do gravado con linóleo, colaborando con varias revistas e xornais como Faro de Vigo.
Ilustrou libros de autores da época como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Carballo Calero etc?
As súas obras máis importantes son : Pontevedra, boa vila do 1947 formada por unha colección de debuxos con notas de escritores amigos, O trasno con prólogo de Ramón Cabanillas, As Pontes do Lérez e Plano da reconstrución do recinto amurallado da vila de Pontevedra a mediados do século XIX. Agustín Portela finou en Pontevedra o 6 de decembro de 1992.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0