Esta é a historia de "Ziggy Stardust and the Spiders from Mars". Ziggy Stardust aterra coa súa nave espacial na rúa K-West (como mostra a portada do LP o cal pertence ? Starman?). A chegada produce un fanatismo excesivo por parte dos seus seguidores, quen comezan a consideralo como un mesías, o cal vai incrementando o seu ego ata puntos extremos. A súa mensaxe é clara e explícita: a Terra quédanlle cinco anos de vida. O relato remata cando os propios seguidores asasiñan a Ziggy.
Unha das miñas preferidas e con karaoke todo un luxo.
Erguín a cámara para retratar o cruce de camiños, o sol recompensaba a esfera co azul esperado despois de que na paleta do pintor do tempo as grises variedades saciaran os comentarios dos que por ben aínda respiramos noso. O celeste quedou manchado durante un tempo polo vapor de auga cuspido, semellante a un traga lumes na súa actuación circense, polas turbinas dos tres aparatos voadores. No trivium a nove mil metros de altura as compañias das areoliñas fan uso de catering ou snack, bandexas e a cobertoira plásticas, buscando entreterlle a viaxe o pasaxe para tratar así de facelo menos agónico indistintamente do cardinal destino. Isto lévame a pensar nos menús con rumbo pilotados por auténticos talentos do negocio gastronómico. O outro día véspera de venres santo, sentado cara á sa principal daquel mesón extremeño, desviei a mirada dende a carta que me expoñía as posibilidades de cear aquela noite hacia o xefe de mesas, xa case cando as miñas dúbidas escomenzaban a clarificarse
- Veñen vostedes recomendados o noso mesón - preguntou-
- Pois non é casualidade, respostei
- Quero que sepan que ademais de mesoneiros somos carniceiros polo que lle recomendamos carne de vacino retinta, a nosa especialidade, que cociñamos o carbón.
- Aceptamos.
- Pensaron na bebida os señores, voltou o mesoneiro
- Unha botella de Pavya crianza, díxenlle
- Ese mesmo íalle recomendar eu - dixo- resposta que me fixo desconfiar da primeira suxestión.
O triangulo remataba de formarse, dous lados iguais, o chuletón e o viño. E outro desigual o prezo.