A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Romaría no Camiño |
|
 Santa María de Castañeda. Arzúa. 1935
Foto Marina
Mariano Marina de Pablo (San Esteban de Gormaz, Soria, 1911-Madrid, 1984)
Comezou a colaborar no xornal Ahora ( Madrid 1930 - 1939 ) en xullo de 1932, e posteriormente na revista Estampa ( Madrid 1928-1938 ) desde xaneiro de 1933 até xullo do 1936. Foi membro da Unión de Informadores Gráficos de Prensa e traballou para a axencia Contreras y Vilaseca xunto a Almazán y Yusti. Durante a guerra civil estivo nas frontes de Andalucía e Extremadura e ilustrou as crónicas de Jesús Izcaray para o diario Ahora sobre a fronte de Madrid, a Cidade Universitaria, os bombardeos nocturnos e os incendios en Madrid. Entre as súas reportaxes en Ahora destaca o asalto o Alcázar de Toledo (26 de xullo de 1936). Estivo en activo até o final da guerra, sendo descoñecida a súa traxectoria posterior.
Así describe o cronista a imaxe (traducido)
Saímos de Melide e pouco despois atopámonos na estrada cun grupo de xentes que bailan. Celébrase a romaría de Santa María de Castañeda. Santa María de Castañeda é unha parroquia que pertence ao Concello de Arzúa. Nun raso adornado con follaxe e con papeis de cores, debaixo dunhas árbores, bailan ó son dunha banda de músicos, subidos nun pequeno palco. O público parece que está dividido: por unha banda abundan as mulleres e pola outra os homes.Bailan as parellas, como en tódalas cidades, o pasodobre con certas connotacións do charlestón ianqui. De cando en cando, para respectar a cor local, a música toca unha muiñeira, que no baile non se diferencia moito da xota ou do fandango.Cerca dos bailaríns aparecen uns frades gordos e ben alimentados. Dinnos que son pasionistas. Levan unhas placas brancas no hábito. Están alí, sen dúbida para dar o visto bo á festa. Deixamos a romaría, avanzamos rapidamente e unha hora despois ollamos ao lonxe as torres de Santiago de Compostela.
|
|
|
|
Festas en Raxó |
|
 Fai uns días souben que o C.F. Raxó, en calidade organizativa, ía intentar recuperar as festas da Saleta e do Carme o cal alegroume especialmente ao pensar, que por fin, deixaríamos de ser a única parroquia dos arredores que carecía, dende fai anos, de festas patronais. Facéndome partícipe desta nova etapa, quero poñer o meu gran de area nesta crónica, no cal vou a transcribir literalmente unha crónica destas festas publicada en Faro de Vigo no 1920 e nun segundo termino a miña lembranza particular sobre elas nos anos 60/70.
Festas en Raxó. En honor d´a Virxen d´a Saleta
Serán os días 2 e 3 do mes que ven. Prometen resultar solenes e brillantes a xuzgar pol-os preparativos que ven faguendo a Comisión organizadora, axudada po-los veciños d´este pintoresco porto.
Teremos entre nosoutros a música de Castrelos e unha gaita d´o país que toca que rabea.
O día 2, po-la noite, teremos n-as avenidas d´a eirexa un follón que d´a medo, con farolillos de coores e focos d´acetileno. Queimarase bonito e vareado fogo fixo e de aire. Bailarase o son d´a música e gaita hastra mais non poder.
O día 3, teremos as alboradas, función relixiosa, procesión, que baixara pol-a praya, onde a Virxen d´a Saleta bendicirá o mar, e queimarase gran cantidade de fogo de aire e acuático; romaría no adro desde as catro da tarde hastra as oito ou hastra cando cadre.
Atronadoras bombas porán remate as festas y-un grobo grandioso.
Coarenta anos despois as Festas en honor da Virxe da Saleta e do Carme duraban catro ou cinco días e eran de recoñecemento en tódolos pobos do arredor. A comisión de festas traballaba a reo días antes. Para facilitar espazo para o baile, o palco colocabase na praia e tiña unha estructura de madeira en duas alturas, sustentada sobre varas de eucalipto enterradas en bidóns de gasoil. A procesión saía ata a de Nicolás e de volta paraba ata rematar a tirada de fogos que se botaban dende o mar ou dende o morro do muelle. Os barcos engalanados con bandeiras e "bandeiríns" navegaban tocando as súas buginas. Pola tardiña organizabanse xogos populares( fútbol, carreira de sacos, pau de sebo...) e sobre todo as regatas de traiñeiras e botes que era o espectaculo principal esperado por todos; o peirao enchiase de xente animando con berros de apoio a súa embarcación preferida.
As rosquilleiras sempre se lle compraba algo, sobre todo petardos, colocaban o seu posto diante da de Pereira; despois da procesión subianse as rosquillas para a casa, xa comezaban os primeiros plásticos, pero recordo as vides utilizadas para levalas.
As randeeiras que nos chamabamos "barquillas" poñíanas na praia moi perto do palco da música e a caseta do tiro, estaba ubicada na entrada do camiño terra da pedra, actual rúa Dr.Clemente Echebarría Novoa, onde hoxe aínda está a cabina telefónica, recordo aqueles pitillos pequenos marca Kentuky pendurados dunha única cinta que intentabas rachar cos disparos de escopeta. Os cabaliños ocupaban o peirao diante do bar Praia e a tombola ao lado deste.
Algún ano acudia un feirante, chamado Amparito, que se facia acompañar de xogos para disfrute de paisanos e de algunha ganancia para el, recordo: "Yo clavo aquí y mi mujer clava en Vigo" que consistia en rematar de clavar unha punta previamente introducida nun madeiro a tres intentonas de golpe de martelo. Tamén ofrecia a chute de balón derribar os dous paquetes de pitillos Winston que sobre o chan gardaban a distancia xusta entre eles. Outro dos xogos que traía era "La pachocha eléctrica" que consistia nun tablón cunha moza pintada en roupas menores cun buraco circular entre as pernas por onde debería ser introducida unha pelota tirada desde certa distancia para adquirir premio.
Xa, pola noite, a verbena...bailas?
|
|
|
|
|
|