Premo o botón que emerxe do lado inferior do rectángulo e asiña acende unha luceciña verde. As letras deseguido aparecen pegadas baixo o liso cristal. ¡ Caramba! - dixo Firmino-, ¿como se pode dicir que non che gusta unha cidade se non a coñeces ben? Non tiven a oportunidade da lembranza inmediata do título da obra e o seu autor, xa que quedaron agachados nunhas tapas que non existen. Era ilóxico. Unha verdadeira falta de espírito dialéctico.Luckács sostiña que o coñecemento directo da realidade é un instrumento indispensable para formular unha opinión crítica. Non había dúbida. Por iso Firmino entrou nunha gran libraría e buscou unha guía. Sosteño o rectángulo entre o dedo índice e polgar da man dereita e percibo incomodidade, unha especie de cansazo que fai que troque de man unha e outra vez, o pouco tempo doume conta que estou agarrando o rectángulo coas dúas mans.- Si ten unha botella de viño que sobrara da comida ? dixo Firmino- dígalle a Dona Rosa que a tire, non soporto as botellas de viño a medias, tal como se estila en algunhas pensións, provócanme melancolía. Deslizo o polgar polo ríxido marco de cor negra e tamén polo cristal da pantalla decatándome da falla da rugosidade a que me tiñan acostumado os libros ata hoxe. Un clic na parte lateral do rectángulo fai avanzar as palabras seguindo unha numeración porcentual que indicada nunha barra na parte inferior da pantalla impide que as páxinas se mostren na orde na que foron escritas. Circuítos electrónicos,010101, frases e máis frases, unha biblioteca no bolso, ¿mellor, peor? - ¿ vostede cre que o Universo é binario? soltou de repente. Firmino ollouno perplexo. -¿ en que sentido? - preguntou. ? Si é binario como a Terra ?repetiu o avogado- , na súa opinión ? é binario como a Terra? Firmino non soubo que responder, así que pensou en darlle a volta a pregunta- -¿Vostede que cre? ?Non o creo- respondeu o avogado-, espero que non, digamos que espero que non.Fixo un xesto á criada sinalándolle o vaso baleiro. Premo sostendo o mesmo botón de acendido e a luz verde palpádea un mínimo tempo, despois as letras desaparecen. Hoxe é o cabodano de Antonio Tabucchi . A cabeza perdida de Damasceno Monterio foi o primeiro libro en formato electrónico que lin. ?Binario? é unha lembranza ó autor de ?Sostiene Pereira?.
Manuel Arís Torres naceu en Poio o 26 de setembro de 1920, os nove anos emigra cos seus pais a Montevideo, fai estudos de torneiro e colabora no Centro Galego.Coñece ó cineasta uruguaio Daniel Spósito Pereira colaborando na realización de dúas películas: El pibe Carlitos (1950) e El desembarco de los treita y tres orientales (1952). Entre 1952 e 1973 coordinará o programa de radio ? Por los caminos de España?. Elabora documentais realizados nas viaxes a España e Galicia que terán grande éxito na poboación emigrante de Uruguai e Arxentina.Ten catalogadas preto de cincuenta documentais relacionados con Galicia. Os máis importantes son: CAMINO DE ESPAÑA EN EL URUGUAY(1954-1959) recolle actividades festivas dos emigrantes galegos en Montevideo, UN VIAJE POR GALICIA (1953-1958) guía audiovisual polas catro provincias con festas, romarías e espectáculos incluídos, POR LOS CAMINOS DE ESPAÑA (1959) escenas mariñeiras e agrícolas e vistas de distintas vilas comezando por Galicia e continuando por diversa provincias españolas, TIERRA DE NUESTROS MAYORES (1959) a película e un semidocumental, pois conta con varias escenas interpretadas por Amalia Sánchez Ariño e por Francisco Fernández.Ten como sipnose a chegada de América do fillo rico co obxecto de visitar a súa nai na Galicia, feito adornado con imaxes de paisaxes e vilas. O Concello de Poio fixo unha homenaxe a Manuel Arís consistente na proxección de dúas películas os días 10 e 11 de agosto de 1997. No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.