A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O sobre |
|
 Faltaban só tres días para chegar, díxomo o home o mesmo que me entregou un libriño coas instrucións, el vestía dunha maneira distinta os demais tripulantes, a maioría homes e nenos ían coa cabeza cuberta e as mulleres con longos vestidos onde as cores negras, grises e brancas compoñian as imaxes intermitentes dos meus sonos. Lin con atención e insistencia aquelas páxinas que facían alusión as maneiras de comportamento cidadán e recomendacións para facer doada a miña estancia no novo mundo, na vida nova. Pola noite non durmín, os temores e a ignorancia do meu destino eran os sostento da ansiedade que me impedía facelo. Dende a cuberta coas primeiras luces parecía comprendelo, atracamos pola mañá, moitos barcos e grúas, fumes e ruídos. Estaba en Bos Aires, nas Américas. Desembarquei e dirixinme detrás deles cara o hotel de inmigrantes; lera que podería estar alí ata que me desen o destino, namentres, tiven tempo de falar con outros viaxeiros e de circunstancias que como a miña quedaron lonxe. A eles como a min apresurábanos a ansia de ter un traballo. Aos dous días déronme un traballo de recadeiro dunha carnicería do barrio próxima o ?corralito? onde puiden alugar unha cama que me permitiría descansar dás doce da noite ata as seis da mañá; o patrón chamábame ?galleguito? como a tantos outros e dicíame que tivera sorte, sería porque outros con menos sorte durmían de pé co corpo sostido por uns coiros por debaixo dos ombreiros. Durmir de pé converteuse na obsesión dos meus sonos. Cando despertei fun remexer nunha maleta vella no faiado e atopei un sobre sen contido selado cun debuxo de un aeroplano e pensei que si despois de cen anos emigrara faríao polo aire e volvería o museo do inmigrante recreándome nos barrios onde eles emprenderon unha nova vida |
|
|
|
|
|